jueves, 30 de junio de 2011

Festa da Cultura de Vigo. Programación

Só quedan 2 días, para unha das maiores festa de cultura de todo Vigo. Os días 2 e 3 de xullo, serán duas xornadas cheas de animación, festa e diversión. Unha forma perfecta de pasar a fin de semana, sen saír do centro de Vigo.

Sen dúbida, asistir a Festa da Cultura de Vigo non ten nada que perder. Habrá actuacións de folclore, teatro, baile, bandas de música; non faltarán stands dos nosos colectivos, os cales representarán a súa historia, as súas actividades, habrá degustación de comida e bebida,...e como remate de festa, o domingo a noite o concerto da grandísima gaiteria Susana seivane. Ademáis de todo isto, habrá regalos para tódolos asistentes.
Como poden ver, trátase dun acontecemento o que non poden faltar. A dierctiva da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, animámolos para que non se perdan esta Festa da Cultura de Vigo.
Teñen dende o sábado ás 10 da mañán, ata o domingo ben pasada a noite, para disfrutar deste acontecemente cultural, que non poden perder e no que non teñen tempo para aburrirse.

A programación da Festa da Cultura de Vigo será:
Sábado 2 de xullo
- 10:30 Os Trasnos da gaita
- 11:00 Coro Portugués "Vox- Populi"
- 12:00 Xalundes Danzas do mundo
- 12:30 A.F. Corisco
- 13:00 Acto Central
- 13:30 Acordeóns CVC Valladares
- 14:00 COMIDA
- 19:00 A.F.Rueiro de Coia
- 19:30 A.F.Queixumes
- 20:00 A.F.Os ventos de Comesaña
- 20:30 A.F.Froles Novas
- 21:00 A.F.Andarela
- 21:30 A.F.Asubío
- 22:00 Monteira Danzas do Mundo
- 22:30 Grupo Folc Xistra de Coruxo

Domingo3 de xullo
- 11:00 Grupo de gaitas "a Buxaina" do C.R.A.C. de Coruxo
- 11:30 Grupo de gaitas "Fume de Caroso" do c.C. de Cabral
- 12:00 Banda de Música Atlántida de Matamá
- 14:00 COMIDA
- 20:00 Charanga "los Clavelitos"
- 21:00 Banda de gaitas Charamuscas da S.D.R.C Helios de Bembrive
- 22:00 Concerto Susana Seivane

Aclarar que estes horarios pertencen os que estes grupos farán no esceario montado na Porta do Sol. Pero media hora antes desta actuación, os grupos farán pasarúas por distintas zonas de Vigo.
Nada máis dicir, que esperamos a súa visita pola Festa da Cultura de Vigo, que con tanto ánimo e ilusión a directiva da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, levamos organizando dende fai meses.

No hay comentarios: