lunes, 7 de abril de 2014

X Encontro Folclórico 2014 (Segunda Parte)

O "Encontro Folclórico" é un evento cultural xa consolidado e no que participan máis de 500 persoas, entre bailarís e músicos e que se desenvolve en catro escenarios diferentes. Son catro xornadas onde a protagonista é a cultura tradicional, expresada a través dos bailes que interpretan os 17 grupos folclóricos participantes nesta edición do 2014.

A cita é o próximo 26 de abril (sábado), ás 19:30h no Auditorio do Centro Cultural de Valadares, Vigo. E os encargados de facernos gozar son os grupos de baile Asubío, Queixumes, O Fiadeiro, Atlántida de Matamá e Ledicias de Valadares. A entrada é gratuita ata completar aforo. Agardámosvos.


martes, 1 de abril de 2014

II Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

Por segundo ano consecutivo a Asociación Cultural e Xuvenil Traspés, traballou na organización do Consurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés; axudando este a difusión da cultura na cidade de Vigo e sendo un empuxón para grupos de pandereteiros e pandereteiras que queren darse a coñecer.

Se che gusta o canto tradicional galego e tocas instrumentos de percusión tradicional, non dubides en participar neste concurso. O prazo de inscripción remata o 13 de Abril e podes consultar as bases na páxina web: www.traspes.com

Haberá tres categorías de participación segundo a idade:
Categoría A: ata 11 anos
Categoría B: de 12 a 16 anos
Categoría C: a partir de 17 anos

O día do concurso será o 27 de Abril, no auditorio cine Novagalicia de Vigo. Ese día os grupos de pandereteiras/as realizarán unha actuación de 5 minutos durante a que o xurado valorará a autenticidade, a dificultade, a afinación e a interpretación da peza que será tocada.

Este concurso é organizado pola Asociación Cultural e Xuvenil Traspés e patrocinado pola Diputación de Pontevedra e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.