jueves, 28 de noviembre de 2013

Fin de Semana Cultural

A semana está rematando e a fin de semana estase achegando, e con ela moitos actos e eventos culturais: teatro, Mostra Folclórica...están agardando por nós.

Semana de Teatro Afecionado de Vigo da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo
Esta fin de semana será teatreira para a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. A semana de Teatro Afecionado de Vigo chega o seu fin, pero rematamos con duas representacións espectaculares de dous grandes grupos da cidade olívica.
O Sábado 30 de novembro, no CVC de Valladares, ás 20 horas o grupo de Teatro porta Aberta representará "O Achado do Castro". Unha gran obra que trata da época romana.
O Domingo 1 de decembro, no CSCR de Beade, ás 19 horas, o grupo de teatro Escoitade de Valladares representará a obra "A Fatídica festa do Ano da Serpe"

I Mostra de Baile e Música tradicional da Asociación Cultual Traspés
Un espectáculo de baile e música galego e que nos agarda este sábado ás 20:30 horas no Teatro- Cine Salesianos.
Anos e anos de traballo, de recollida polas catro provincias galegas ...Bailes, cancións e traxes que os nosos antepasados bailaban nas noites de festa e troula, é o que a Asociación Cultural Traspés nos mostrará este sábado.

II Mostra Folclórica da Diputación de Pontevedra
Cinco grupos da cidade de Vigo, están dispostos a facernos disfrutar dunha tarde de domingo; o 1 de Decmbro, ás 18 horas no Centro cultural de San Miguel de Oia.
Grupos de músicos, bailaríns e cantanreiras actuarán para todod nós na II Mostra Folclórica da Asociación cultural Traspés:
- Grupo Folclórico Andarela
- Grupo Folclórico Atlántida de Matamá
- Grupo de baile Cotogrande
- Asubío
- Asociación Folclórica Lembranzas Galegas


Como podedes ver, espéranos unha fin de semana repleta de actos e actividades de gran calidade.
A Agrupación de Centros Culturais de Vigo animámosvos a que vos achegades e disfrutedes dos grandes artistas que temos na cidade de Vigo.

jueves, 21 de noviembre de 2013

IX Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Bailaríns, canto e música galega...grandes actuacións de grandes grupos, que forman parte da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, actuarán este Domingo na cuarta parte do IX Encontro Folclórico.

O próximo Domingo, 24 de Novembro, ás 18 horas actuarán catro grupos dispostos a manter o nivel artístico vigués polo máis alto.
- Semente da Arte Galega
- Lembranzas galegas
- Andarela
- Queixumes

Animádevos todos a disfrutar dun fabuloso evento cultural como é o Encontro folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Este Domingo no Centro Cultural de Beade ás 18 horas.

jueves, 31 de octubre de 2013

Axenda Cultural Fin de Semana

VII CICLO TEATRO AFECCIONADO
 "VALLADARES TEATRAL"


O grupo Teatrino Teatro presenta dentro do VII Ciclo de Teatro Afeccionado "Valladares Teatral" a obra A Tola do Barrio. Poderedes gozar desta representación, este sábado 2 de novembro as 20:30h no auditorio do CVC de Valladares. E a entrada é libre! Non volo perdades!




14º CERTAME DO HUMOR



Outra das iniciativas que este fin de semana pon en marcha o CVCde Valladares é o 14º Certame de Humor. Este evento desenvolverase durante varios días do mes de novembro: domingos 3 e 10 e sábado día 9.

Este sábado, primeiro día do certame, está como convidado Ramón Guamá e a actuación de Joey Mtnez e Alberto Taján

Se te ganas de pasar un bo anaco e rir non dubidedes en acudir este sábado ás 18:30h. A entrada é libre!


























SEMANA DE TEATRO AFECCIONADO DE VIGO 2013 DE ACDC


Un ano máis chega de novo a semana de teatro afeccionado de Vigo organizado pola agrupación de centros deportivos e culturais pero cunha modificación, e é que, malia que o nome continúa sendo o mesmo, este ano se vai desenvolver ao longo dos fins de semana do mes de novembro.

Nesta edición, os sábados 9, 16, 23 e 30 son as datas escollidas para o seu desenvolvemento. E vaise celebrar en varios auditorios de varios centros culturais.





  • Como xa comentamos, a primeira cita será o 9 de novembro na SCR Helios de Bembrive ás 20 h. Neste caso será o Grupo de Teatro Tarantela (CSRC Beade) o encargado de deleitarnos coa representación da obra: "O achado do Castro"

  • A segunda cita será o sábado 16 de novembro na SCDR Atlántida de Matamá ás 20 h. Neste caso será o Grupo de Teatro Rueiro de Coia o encargado de deleitarnos coa representación teatral da obra: "Comedia Bifida"

  • A terceira cita desta "Semana" do Teatro Afeccionado será o 23 de novembro no CCR Cabral ás 20 h. Neste caso será o Grupo de Teatro Atlántida de Matamá o encargado de deleitarnos coa representación da obra: "Visións dun cego"

  • E finalmente a última cita será o 30 de novembro no Cvc de Valladares ás 20h. Neste caso será o Grupo de Teatro Porta Aberta o encargado de deleitarnos coa representación da obra: "O achado do Castro"

Non volo podedes perder, é unha grande oportunidade para gozar do teatro no seu máximo esplendor e de forma gratuíta. 

Non hai escusas posibles para non ir!

viernes, 25 de octubre de 2013

Axenda Fin de Semana

CONTACONTOS "O FRAUTRISTA DE HAMELIN"

Como xa ven sendo habitual a biblioteca do CVC de Valladares anima a tarde dos venres aos nenos/as con contacontos. Hoxe toca o conto de O frautista de Hamelin un gran clásico que a todos gusta así que non volo perdades nesta tarde de outono. Ás 18:30h!



XXI MEMORIAL CAMILO VEIGA

A Coral Casablanca e a súa orquestra ofrecerán este sábado 26 de outubro, a partir das 20.30 horas no Teatro García Barbón, o "31º Memorial Camilo Veiga". As localidades para o concerto, que leva por título " A zarzuela e o cine! ", están á venda na sede do Círculo Mercantil, en Príncipe.












VII CICLO TEATRO AFECCIONADO VALLADARES

Este fin de semana celébrase no CVC de Valladares o VII Ciclo de Teatro do afeccionado. O sábado será a segunda xornada do ciclo na que o grupo
teatro Avelaíña representará a obra Maria Castaña. Esta é ás 20:30h e a entrada é libre.

Mentres que
domingo A Fanfarra dos soños presentará " Ti cantos contos contas" na terceira xornada deste ciclo. Nesta ocasión será ás 19 horas e a entrada é libre novamente.




















CONCERTO III ANIVERSARIO DO CORPO 

POLOFÓNICO "O COTO"

Este domingo 27 de outubro ás 17 horas no colexio de Cabral, celebrarase o III Aniversario do Coro Polifónico "O Couto". Nesta ocasión participarán: 

-A coral polifónica " Os Penediños" de Atios

-A coral polifónica "A Cañiza"

-O coro polifónico Ou Couto".

O acto é organizado pola Asociación cultural O coto e no que colabora a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais.




DERRADEIRO FIN DE SEMANA DO 2º CICLO DE TEATRO AMADOR


O Sabado 26 as 20,30 no Salon de Actos do Centro Cultural Rueiro r/Baiona nº 9 COIA VIGO ,o Grupo de Teatro "RUEIRO" estrea a sua derradeira Obra "COMEDIA BIFIDA" ,deste xeito remata o 2ª Ciclo de Teatro Amador adicado o noso Amigo e Compañeiro "ENRIQUE LANDESA" Quique .

Quedades todos convidados :Entrada de BALDE




viernes, 18 de octubre de 2013

Axenda Cultural Fin de Semana

CONTACONTOS NO CVC de VALLADARES




Outro venres máis, a biblioteca do CVC de Valladares anima a tarde dos nenos con cuentacuentos. Hoxe toca o conto de Pulgarcito un gran clásico que a todos gusta así que non volo perdades nesta tarde de outono. Ás 18:30h!















ACTUACIÓNS DO GRUPO DE PANDERETEIRAS DE 
O FIADEIRO: REXOUBEIRAS






Esta noite o magnífico grupo de pandereteiras da Escola de música tradicional de Fiadeiro, que se chama Rexoubeiras, actuará na tapería O Racimo.


Este local situado na rúa Couto Piñeiro Nº25, Vigo. Puxo en marcha un ciclo de actuacións folclóricas todos os venres baixo o nome O Serán do Racimo. Este fin de semana tócalle ao grupo de pandereteiras Rexoubeiras a partir das 21:30h.



CONCERTO ESPECIAL "GALA LÍRICA" no CVC de VALLADARES


Mañá, sábado 19 de outubro, no auditorio do CVC de Valladares realizarase o Concerto especial "Gala lírica". No que Teresa Novoa á voz acompañará á orquestra Unión Musical de Valladares, seguro que dando un magnífico recital.

O concerto empeza ás 21 h e a entrada é libre! É unha oportunidade única de gozar da lírica e a música clásica. Animarvos a ir!






DE SENDERISMO CON RUEIRO





O Centro Cultural Rueiro Coia proponnos un plan diferente para este sábado, compartir unha xornada de lecer e contacto coa natureza mediante o Sendeirismo.

A Ruta escollida é a das Salinas de Vilaboa. A saída é ás 9 h da parroquia. Así que poñervos as botas, a roupa de camiñar e a gozar do día!



FESTA DA COLLEITA do MILLO e o MAGOSTO 


A parroquia de Matamá celebra este sábado 19 Festa da Colleita do Millo e Magosto Popular. Unha cita que terá como máximos representantes ao millo e as castañas. Este evento está organizado polo Colectivo Cultural Malaherba

Haberá diferentes actividades durante todo o día:

12h construción dun hórreo cabaceiro.

16h tradicional esfollada do millo.

17h actuación do pallaso Tururú.

18h talleres construción de cabeceiro, aprendiz home de orquestra e elaboración de bonecos coas follas de millo.

20h repartición e degustación de castañas.

Dende as 21 a ben entrada a noite actuarán Fanfarra Taquikardia,Ce Orquesta Pantasma e Leo I Arremecaghona.

Non volo perdades!




viernes, 11 de octubre de 2013

Axenda Cultural Fin de Semana

CONTACONTOS NO CVC DE VALLADARES


Outro venres máis, na Biblioteca do Centro Veciñal e Cultrual Valladares, hai sesión de contacontos para os máis pequenos das casas. 

Neste caso será o conto de "Os tres porquiños". Nos vos o perdades, hoxe ás 18:30h!



OKTOBERFEST EN LA CERVECERÍA "EL ALEMÁN"


Todos os meses de Outubro se celebra en Alemaña a tan coñecida festa Oktoberfest e esta trasládase a Vigo grazas á organización por parte da cervexaría El Alemán (Avd. Camelias, 14).

Este Oktoberfest local realizarase mañá, sábado 12 de Outubro a partir das 19h. E contarase coa auténtica cervexa da gran festa alemá.

É unha cita ineludible para todos aqueles amantes da cervexa así que non vola perdades! 


MINERVIGO


Dende o xoves ata o domingo desta semana celébrase en Vigo a décimo sexta edición de Minervigo, a feira de minerais, xemas e cunchas. Un evento que ten lugar na Estación Marítima.

Entre as curiosidades desta edición encontraremos en exposición un ovo de dinosauro procedente dun hadrosaurio que viviu en China hai 80 millóns de anos, entre outras.

A feira Minervigo estará aberta dende o xoves 10 ao domingo 13 de outubro. En horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00

Máis información en: www.facebook.com/MineralesdeTorres


FEIRÓN DE BOUZAS e FEIRA ANUAL DE 

OPORTUNIDADES EN REDONDELA

Volve o Feirón de Bouzas coa súa única edición este domingo 13 de Outubro. O lugar da cita é en La Pergola, Alameda Eduardo Cabellode 11 h a 21h.

Ademais, nesta edición contarase cun posto de recollida da organización "Un xoguete, un neno" para a campaña 2013. Con esta iniciativa preténdese que ningún neno quede sen un xoguete este próximo Nadal. Así que todo o mundo a colaborar!

Para máis información: https://www.facebook.com/events/571338176246966/?fref=ts






Así mesmo, o sábado e o domingo realizarase unha nova edición da Feira de Oportunidades de Redondela. Será a Alameda de Redondelaa que acolla esta cita, o sábado de 10 h a 22 h e o domingo de 11 h a 20h.

O número de establecementos que se suman a esta iniciativa aumenta ano tras ano. Poderedes encontrar de case todo: téxtil, decoración, libros, delicatessen, beleza...

E a isto hai que engadir un gran número de actividades que se ofertan de forma paralela á feira, especialmente infantís.

Non vola perdades!


ACTUACIÓN DO GRUPO XISTRA NO ROSAL

Este domingo día 13 na praza do Calvario no Rosal, hai unha actuación dos grupos Deixandar e Xistra de Coruxo a partires das 19.30, inda que as previsións meteorolóxicas din que pode chover, non vos perdades  a ocasión de escoitar boa música tradicional, donde presentarán novo repertorio.




viernes, 4 de octubre de 2013

Axenda Cultural Fin de Semana

CONTACONTOS NO CVC DE  VALLADARES

Que o mal tempo non nos deteña na casa que aínda hai actividades que facer a cuberto! Hoxe, venres 4 de outubro, Contacontos para nenos gratis na Biblioteca do Centro Veciñal e Cultural de Valladares a partir das 18:30h. O conto co que nos van entreter é Riciños de Ouro!


FESTA CASTREXA (SAN ANDRÉS DE COMESAÑA)

A Sociedade Veciña Cultural e Deportiva Nautilius (Comesaña) organiza este fin de semana a primeira Festa CastrexaSerá unha festa na que se contará con infinidade de actividades teatrais e musicais, rutas guiadas ao castro, postos de artesanía e gastronomía, animación para os máis pequenos da casa, etc.

Deixámosvos o tríptico coa programación e para máis información visitar a súa páxina do facebookhttps://www.facebook.com/svcd.nautilius



Esta é unha cita ineludible este fin de semana así que non volo perdades!


FESTA DA SIDRA 

Este domingo 6 de Outubro, a parroquia de Bembrive acollerá a XV Festa dá Sidra. Os asistentes a este evento que terá lugar na alameda do Torreiro, poderá gozar a partir das 10.00 horas coa apertura dos postos e degustar esta bebida mentres a charanga Kostame Krelo ameniza a festa coa súa música. Ás 12h comezará o concurso de sidra e repostaría de mazá, e ás 13h a lectura do pregón da festa a cargo de Baltasar Patiño. A continuación, celebrarase a entrega da Mazá de Ouro e os premios do concurso de sidra e repostaría, e a Banda de Gaitas de Charamuscas deleitará ao público asistente cun concerto. A xornada tamén contará con actividades para os máis pequenos que poderán gozar, dende as 11.30 ata as 14.30 horas, cos inchables, e dende as 17.00 ata as 18.00 horas, coa animación musical e de novo cos inchables.


SOHO ZONA CENTRO EN OTOÑO

Este sábado 5 de outubro volve o Soho Zona Centro, como o primeiro de cada mes, os comerciantes volven sacar as súas tendas à rúa acompañados de 300 artesáns, actividades moi divertidas e prezos moi económicos! 


Durante o Soho poderás encontrar:
- 11.30 h. actuación de capoeira realizada por PROGRESS Gym na rúa Progreso.
- 17.00 h. gozaredes dunha sorpresa moi especial na rúa Velázquez Moreno.
- 17.30 h. Contacontos fronte á porta de Sipinopi.

- 20h Presentación do libro Évame nas proximidades do museo MARCO.

Como sempre vaise desenrolar nas rúas de ZONA CENTRO: María Berdiales, Progreso, Doutor CadavalVelázquez MorenoEduardo Iglesias e Rolda Don Bosco

Non volo perdades!


Para máis información: https://www.facebook.com/sohozonacentro

viernes, 27 de septiembre de 2013

Axenda Cultural Fin de Semana

IX ENCONTRO FOLCLÓRICO (Terceira Parte)

Despois do éxito da segunda parte do IX Encontro Folclórico, celebrado o pasado Abril no auditorio do CVC Valladares, a terceira parte xa está ahí, para facernos disfrutar a todos de novo, cos grandes grupos e grandes artistas que actuarán.

Esta vez será o Centro Cultural e Recreativo de Cabral o que acolla esta penúltima edición do Encontro Folclórico, que terá lugar este domingo 29 de setembro a partir das 18h

Os grupos folclóricos: O Coto, Atlántida (Matamá), Traspés e Cotogrande (Cabral) son os que paraticipán neste Encontro Folclórico que organizamos dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

O Encontro Folclórico, trátase dunha perfecta ocasión para disfrutar dos grupos folclóricos da cidade de Vigo, grazas os seus bailes, os seus traxes, a súa posta en escea. Ademáis de para valorar o traballo que durante todo o ano realizan.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, invitámosvos a terceira parte do IX Encontro Folclórico, á que non podedes faltar. 

Esperámosvos!

Para máis información ver a nosa páxina web: www.centrosculturaisvigo.es



NAVIA, PARQUE D'ARTE 2013

Este 28 e 29 de setembro imos ter no barrio de Navia un festival de Arte, co nome de "Navia Parque D'arte", aberto ao público de Vigo en xeral. As actividades irán dende as 10 da mañá do sábado ata as 21 h do domingo.

O acto está organizado pola Asociación Veciñal NovoVigo e coa colaboración do Concello de Vigo e da nosa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais entre outros.

Unha das actividades das que poderedes gozar é de ver a actuación de dous grupos folclóricos de entidades asociadas coa nosa agrupación, neste caso serán: Vos ventos e Danzas do Mundo.

Para máis información: info@avvnovovigo.org ou www.avvnovovigo.org




CONTACONTOS NO CVC VALLADARES


Hoxe, venres 27 de setembro, na biblioteca do CVC de Valladares hai Contacontos a partir das 18:30h para todos aqueles nenos e nenas que queiran asistir.


CONCERTO DIDÁCTICO E PRESENTACIÓN DO LIBRO-CD MANÜELE

Hoxe, Venres 27 de setembro, na sede de O Fiadeiro hai un Concerto didáctico e presentación do libro-cd MANÜELE...de pandeireta e canto tradicional, Autor: Xandre Outeiroda editorial "Ediciones Intermitentes"

O acto terá lugas ás 20.30h. A entrada é de balde ata cubrir aforo.

Ide a pasar un bo rato!


Máis información en ofiadeiro@ofiadeiro.com ou en www.ofiadeiro.com. Se non chamade a: 629 585 355





II 10Km PRAIA SAMIL

A carreira popular "10 k Praia de Samil" disputarase este domingo 29 de setembro a partir das 11h. Este ano o circuíto foi homologado pola Federación Española.

Para máis información visitar a web www.10kpraiadesamil.com