miércoles, 23 de enero de 2013

Curso de Fotografía no C.C. Rueiro

¿Cantos de vos tedes cámaras de fotos na casa e non sabedes sacarlles partido; tedes dúbidas cando queredes sacar unha foto ou simplemente queredes saber máis de fotografía? Para todos vós, o C.C. Rueiro organiza o curso perfecto.

O 2 e 9 de marzo, de 10 a 12 horas,  o C.C. Rueiro, organiza un cursiño de fotografía, para todo aquel que queira aprender o arte de usar unha cámara fotográfica. 
Serán duas sesións teórico- prácticas, nas que aprenderedes dende a usar a cámara, ata sacar as mellores fotos en exterior e en interior.
Soamente é preciso, ter unha cámara e nocións básicas de informática; e por suposto as ganas de aprender e pasalo ben.

A data límite para anotarse é o 21 de febreiro. As plazas do cursiño, son 15, que serán cubertas rigurosamente por orde de inscripción. Poderedes anotarvos na secretaría do C.C. Rueiro, sendo o seu horario, mércores e xoves de 18 a 20 horas.

Poderedes asisitir  polo único prezo de 3 euros os socios e 5 euros os non socios. Como podedes ver, unha ocasión única de asistir a ese cursiño que tanto necesitades e queredes.

jueves, 17 de enero de 2013

Madagascar 3, no C.C. Rueiro

Nenos e nenas, se queredes pasar unha tarde de sábado entretedida, disfrutando e rindo cunha película do máis divertida, o C.C. Rueiro dabos a solución.

Este sábado, 19 de febreiro, ás 17:30 horas da tarde, no Salón de actos do Complexo Parroquial do Cristo da Vitoria, será proxectada a película Madagascar 3.

Unha película dirixida especialmente o público infantil, que servirá para disfrutar os máis pequenos, ademáis de promover a sua imaxinación.
Sen dúbida, a mellor forma de pasar un ha invernal tarde de sábado.

lunes, 14 de enero de 2013

Disfruta do Entroido de Laza co C.C.Rueiro

Rematado o nadal, xa todo o mundo pensa no Entroido. Unha gran festa celebrada en toda Galicia, na que dende os máis pequenos, ata os máis maiores do pobo disfrutan.
O entroido de Laza, ten unha gran tradición, sendo coñecido en todo o mundo. Nesas datas, xente de toda Galicia, e incluso toda España acuden a este pobo galego, para celebrar por todo o alto estas festas.
Cigarróns, peliqueiros e moitos disfraces é o que podemos atopar nas ruas deste pobo, nos días grandes do entroido.

O C.C. Rueiro, organiza unha excursión para disfrutar do entroido de Laza. A visita será o domingo10 de febreiro, o domingo de entroido.
Se queres asistir, podes inscribirte na secretaría do CC Rueiro, ata o 30 de xaneiro. Por soamente 22 euros os socios, e 28 euros os non socios, poderedes festaxar por todo o alto, unha das festas máis importantes de toda Galicia; nun dos pobos onde mellor saben celebralo.