lunes, 14 de enero de 2013

Disfruta do Entroido de Laza co C.C.Rueiro

Rematado o nadal, xa todo o mundo pensa no Entroido. Unha gran festa celebrada en toda Galicia, na que dende os máis pequenos, ata os máis maiores do pobo disfrutan.
O entroido de Laza, ten unha gran tradición, sendo coñecido en todo o mundo. Nesas datas, xente de toda Galicia, e incluso toda España acuden a este pobo galego, para celebrar por todo o alto estas festas.
Cigarróns, peliqueiros e moitos disfraces é o que podemos atopar nas ruas deste pobo, nos días grandes do entroido.

O C.C. Rueiro, organiza unha excursión para disfrutar do entroido de Laza. A visita será o domingo10 de febreiro, o domingo de entroido.
Se queres asistir, podes inscribirte na secretaría do CC Rueiro, ata o 30 de xaneiro. Por soamente 22 euros os socios, e 28 euros os non socios, poderedes festaxar por todo o alto, unha das festas máis importantes de toda Galicia; nun dos pobos onde mellor saben celebralo.

No hay comentarios: