jueves, 24 de febrero de 2011

VI Encontro Folclórico

Dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos a VI Edición do noso Encontro Folclórico. A primeira parte deste festival celebraráse o domingo 27 de febreiro na Sociedade Cultural e Recreativa Helios de Bambrive.


O Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, nace no ano 2005 grazas a unha proposta do noso actual Presidente, Roberto Giráldez, que naquel momento presidía unha das entidades federadas.

A súa idea tiña, como obxectivo principal, dar a coñecer á cidadanía o saber facer, mantemento e recuperación do noso folclore. Asemade, esta xornada serviría para que os grupos participantes interactuaran entre eles e intercambiaran experiencias, o mesmo tempo que potenciaban a
nosa Cultura e achegaban ós demáis as súas mostras artísticas.

Catro son os festivais que, repartidos ó longo de todo o ano, e a celebrar en 4 centros culturais distintos, dan cabida a 15 grupos folclóricos dalgunha das entidades que conforman esta Agrupación, a máis de 300 artistas no esceario e a máis de 1.000 persoas de público.

Con catro grupos por xornada, que farán as delicias dos asistentes durante 20 minutos de actuación, o público disfrutará dunha boa mostra festiva da nosa cultura. Dende a Agrupación seguiremos a traballar na mellora deste Encontro Folclórico, así como no resto de actividades culturais e deportivas que realizamos durante todos os meses do ano.

Nesta primeira xornada actuarán os grupos folclóricos:
  • A.F. Corisco
  • A.F. Queixumes
  • G. Etnográfico A Buxaina
  • G. Folclórico da S.C.D.R. Helios de Bembrive
Agora, so queda convidarvos a que disfrutedes con nós do traballo dos nosos. Esperámos veros a todos por alí.

martes, 22 de febrero de 2011

Sendeirismo ou Obradoiros para nen@s, ti decides!

SENDEIRISMO
O domingo 27 dende Rivadavía a Leiro, saída ás 09:00h dende a Igrexa do Cristo da Victoria de Coia.

O Centro Cultural e Artístico Rueiro de Coia nos propón unha nova xornada de sendeirismo para este domingo 27 de febreiro. O percorrido será dende a bonita cidade de Rivadavía ata Leiro onde poderemos pasear tranquilamente vendo as maravillosas vistas que pouco a pouco van xurdindo o noso arredor. Saída ás 09:00h dende a Igrexa do Cristo da Victoria de Coia.


OBRADOIROS E TALLERES
O domingo 27 de febreiro a partir das 17:00h no Centro Cultural e Recreativo de Cabral talleres e obradoiros de balde para nenos e nenas.
A Vocalía Xuvenil Asubío do Centro Cultural e Recreativo de Cabral organiza unha tarde de talleres para nenos, onde os nenos e nenas aprenderán a realizar abalorios de serpentinas, broches, adornos,... todo iso mentres xogan, se relacionan e interactúan con outros rapaces e rapazas.
O taller é gratuíto para tódolos nenos e nenas asistentes e poderán partircipar dende os máis cativos ata os maiores, sen límite de idade. Que pasedes unha boa xornada!

viernes, 18 de febrero de 2011

Cine Romántico. Postdata: Te quiero

O domingo 20 de febreiro cine romántico no Centro Cultural e Recreativo de Cabral a partir das 19:00h do serán co filme Postdata: Te quiero.

Coa recente celebración do día de San Valentín a Vocalía Xuvenil Asubío do Centro Cultural e Recreativo de Cabral decide proxectar este filme romántico, no que Holly Kennedy unha xoven viuda trata de encauzar novamente a súa vida tralo recente falecemento do seu marido Gerry. Pero un día descobre que Gerry deixáralle varias cartas... Se queres saber cómo remata pásate o domingo ás 19:00 polo Centro Cultural e Recreativo de Cabral.

Festival Intercultural

Este sábado 19 de febreiro o Centro Cultural e Artístico Rueiro de Coia organiza o seu I Festival Intercultural a partir das 20:00h no salón de actos do complexo parroquial Cristo da Victoria.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo colabora estreitamente no patrocinio deste i Festival Intercultural de Vigo que contará coa participación dos grupos: Asoc. Alma Llanera (Ourense), Aida-África (Vigo), Asco. Machu Pichu (Vigo) e Asoc. Madres Latinas (Vigo)

O Centro Cultural e Artístico Rueiro de Coia pretende, coa realización deste Festival Intercultural, poñer de manifesto as cada vez máis formas culturais existentes na nosa cidade non só dos inmigrantes, senón tamén dos emigrados retornados. Pásate a coñecer diversas variedades culturais a próximo sábado 19 a partir das 20:00h


sábado, 12 de febrero de 2011

"El padrecito" Ciclo de Cine Cómico

O Centro Cultural e Artístico Rueiro de Coia continúa co seu Ciclo de Cine Cómico, nesta ocasión coa proxección de "El Padrecito" o domingo 13 de febreiro a partir das 19:00 no auditorio da Igrexa do Cristo da Victoria.

Sinopse: O pobo mexinaco de San Jerónimo el Algo chega o Padre Sebastián, enviado a axudar o anciano Padre Damián nas suas funcións sacerdotais. O Padre "Sebas" choca coa oligarquía do pobo ó abrir unha nova escola onde explica as enciclicas dos traballadores e os ideais do obreiro, e coa irmá do Padre Damián, convencida de que só viu a quitarlle traballo o seu irman. O pobo comenza a encariñarse do novo padre, creándose moitas situacións jocosas.

A traba é levada a cabo no típico pobo dominado por un cacique o que no quere que os seus habitantes se rebelen. O padre "Sebas" non está disposto a consentir que o pobo e o seu superior, o padre Damiá, sigan na completa sumisión ante Don Silvestre. O padre Sebas métese en todo, desde socas ós dados ata torear.

Non te perdas un clásico do humor no Centro Cultural e Artístico Rueiro de Coia o domingo 13 de febreiro a partir das sete do serán.

jueves, 10 de febrero de 2011

Baile de San Valentín

Gran Baile de San Valentín no Centro Cultural e Recreativo de Cabral o sábado 12 de febreiro a partir das 23:00h


Se queres sorprender a túa parella porque non levala ó baile?

Como cada ano o Centro Cultural e Recreativo de Cabral organiza o seu tradicional baile de San Valentín. O sábado 12 de febreiro no auditorio do Centro Cultural, o baile estará amenizado por un grupo musical e a entrada é de balde tanto para socios como non socios.

I Concurso de Gaita para solistas

Roberto Giráldez, Presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, presentou xunto con Xesus López, Concelleiro de Cultura, o I Concurso de Gaita para Solistas do Concello de Vigo.
Esta iniciativa da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo ponse en marcha coa colaboración da Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. O concelleiro de Cultura sinalou que o concurso está dirixido a solistas, ao considerar que "unha soa gaita permite apreciar mellor a súa interpretación", además indicou que este "é un concurso con prestixio, singular e diferente dos que ata o de agora hai en marcha". Xa que é a primeira vez nesta cidade que se realiza un concurso para gaiteir@s solistas.


Agradeceu ao presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, a súa colaboración, porque asegurou que con persoas como Roberto Giráldez e o seu equipo "é moi doado facer cousas e que saian adiante"


Roberto Giráldez explicou que poderán participar os gaiteir@s que o desexen, acompañados dun tambor e un bombo, vestidos cos traxes tradicionais e que só se admitirán instrumentos tradicionais galegos. apuntoy que o concurso vaise celebrar o 30 de abril "sempre e cando non se superen as 10 inscricións" e que si hai máis habetá unha fase eliminatoria anterior o 14 de abril.


Concederanse tres premios, dotados con 2.000, 1.000 e 500 euros, respectivamente, así coma 100 euros en "gastos de participación" para os que participen na fase final o 30 de abril. O xurado estará composto por "persoas de recoñecido prestixio no ámbito da música tradicional", que valorarán tanto a interpretación como o vestiario dos participantes.


Para rematar, Roberto Giráldez agradeceu á Concellería de Cultura o seu traballo, porque asegurou que "o doado é facer propostas e que esas propostas sexan atendidas". As bases poderán consultarse na páxina web da Concellería de Cultura e na da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais.

martes, 1 de febrero de 2011

Cine para nenos Toy Story

O domingo 05 de febreiro a partir das 17:30h do serán cine para nenos no Centro Cultural e Artístico Rueiro de Coia.
Sinopse da película: Os xoguetes de Andy, un neno de 6 anos, tmen que chuegue a súa hora e que un novo regalo de cumpreanos os sustitúa no corazón do seu dono. Woody, un vaquero ha fora ata o momento o xoguete favorito de Andy, trata de tranquilizalos ata que aparece Buzz Lighyear, un héroe espacial dotado de todo tipo de avances tecnolóxicos. Woody é relegado a un segundo plano. A súa constante rivalidade tranformarase nunha gran amizada cando ambos perdénse na cidade sen saber cómo volver a casa.
Se aínda non a mirache ou queres volver a visionála pásate o domingo a partir das 17:30 polo Centro Cultural e Artístico Rueiro de Coia, nos baixos da Igraxia do Cristo.