viernes, 30 de diciembre de 2011

III Concurso de Rondaias da Diputación de Pontevedra

Xa falta menos para a terceira edición do Concurso de Rondaias da Diputación de Pontevedra. O cal terá lugar no recinto Ferial de Vigo (IFEVI), o domingo 8 de xaneiro, ás 17 horas. A recollida das invitacións está sendo, todo un éxito, se non queren quedra sen elas, achéguense ata a Sede da Diputación de Pontevedra en Vigo ou na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo (Panamá nº2), en horarios de 9:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
Este ano serán 11 as rondaias participantes, as cales terán un mínimo de 40 compoñentes e un máximo de 120. Son as seguintes:
- Bando de Reis Airiños da Peneda, O Viso
- Rondaia do CVC de Valladres
- Rondaia Peña Freixo
- Rondaia da ACS Herville
- Rondaia do AVV Galiñeiro,Vincios
- Rondaia da AVV San Salvador de Louredo, Mos
- Rondaia do Círculo RCD Sta Eulalia de Mos
- Rondaia do CSCR Beade
- Rondaia da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios
- Rondaia da Asociación Cultural de Pontellas
- Rondaia cultural A Merced de Chaín

Doce serán os minutos que cada rondaia terá para actuar como máximo. Os cales cada rondaia deberá respetar, pois se non o xurado impondrá unha penalización.
Según a puntuación do xurado, que calificará entre 0 e 16 puntos a cada agrupación. Serán as tres primeiras claificadas as que leven premio. Ademáis so premio o mellor grupo de Abandeirados.
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, continuamos traballando na organización deste concurso, xunto coa Diputación de Pontevedra, como patrocinadora deste evento.

martes, 27 de diciembre de 2011

Felices Festas

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, queremos desexaros unhas Felices Festas en compañía de todas aquelas persoas que queredes. A Agrupación estamos volcados con estas festas de Nadal, para así facer disfrutar a todos aqueles que o desexen.
Moitos son os eventos que organizamos e facemos, para aquelas persoas que nos apoian todo o ano. Invitamos a uns pinchos de Nadal, os alumnos dos cursiños que ofertamos e tamén os colectivos que forman esta Agrupación.

Onte recibimos a visita do Paxe Real, o cal foi enviado polos Reis Magos para recoller as cartas que os nenos e nenos desta cidade queren enviarlles.
Ademáis, estamos organizando o III Concurso de Rondaias da Diputación de Pontevedra. O cal terá lugar o día 8 de xaneiro, ás 17 hora da tarde no IFEVI.
Se non queren perder este bonito evento, recollan xa as suas invitacións na Sede da Diputación de Pontevedra en Vigo(rúa O Porto, 3); ou na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo (rúa Ecuador 34, ou Panamá 2); en horario de 9 a 13 horas, ou de 17 a 20 horas.

Como poden ver, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, estamos involucrados con estas Festas na cidade de Vigo.
Para rematar só podemos desexarlles unhas Felices Festas e un Próspero Aninovo, eperamos que o ano 2012, veña cargado de ilusión e felicidade para todo vós e todas esas persoas as que queredes.

jueves, 22 de diciembre de 2011

III Concurso de Rondaias da Deputación de Pontevedra

O día 8 de Xaneiro, ás 17 horas da tarde, no Recinto Ferial de Vigo terá lugar por tercerio ano consecutivo, o Concurso de Rondaias da Diputación de Pontevedra. Hoxe, ás 11 da mañá tivo lugar a roda de prensa, na cal se presentou a terceira edicicón de este concurso. Nela, presentaron as rondaias participantes, os premios, e as bases do concurso.
As invitacións, comezaron hoxe a entregarse na sede da Diputación de Pontevedra en Vigo e no local da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, nas cales con horario de 9 a 13; de 17 a 20 horas, entregaránselle as entradas a todo aquel que as queira.
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo estamos moi contentos de organizar este gran evento, patrocinado pola Excelentísima Diputación de Pontevedra.

miércoles, 21 de diciembre de 2011

O Paxe Real chega o local da Agrupación

Se a vosa carta para os Reis Magos xa está escrita, non o dubidedes e o luns 26 de decembro, pasade polas instalacións da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, e votádea no noso Buzón Real. O próximo luns 26 de decembro, ás 19 horas da tarde,o Paxe Real, enviado polos Reis Magos de oriente, visitará o local da Agrupación. Este recibirá e escoitará a todos aqueles que queiran deixar as suas cartas e mandarlle algunha mensaxe os Reis Magos.
Nenos e nenas, homes e mulleres, non o dubideds e este luns 26 de decembro, achegaros ata a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, para pasar un bo rato e disfrutar coa nosa compañía e coa presencia do Paxe Real.
Debemos agradecer a visita do Paxe, o concello de Vigo e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, pois sen eles este encontro non tería lugar.

Papá Noel na Sociedade Cultural e Deportiva Helios de Bembrive

A socidedade Helios de Bembrive, quere celebrar a Navidad con todos nos, invitándonos este venres a disfrutar con todo o que teñen organizado. Podrán aisitir dende os máis pequenos ata os máis maiores da casa. Este venres, 23 de decembro, na Sociedade Deportiva e Recreativa Helios de Bembrive, estará Papá Noel, para estar con todo eses nenos e nenas, que queiran por última vez pedirlle os seus agasallos.
Despois de que Papá Noel, esté con tódolos cativos, terá lugar a actuación da banda de música Ateneo de Bembrive e da Coral de Bembrive. Ambas formacións farán unha actuación conxunta para facernos pasar un bó rato, gracias a boa música e o bó cantar.


Xa sabedes este venres, 23 de decembro, na Sociedade Recreativa Helios de Bembrive, ás 19 horas, acudirá Papá Noel, para reunirse con tódolos cativos. Ás 20:30 horas, terá lugar a actuación da Banda de música Ateneo de Bembrive e da Coral de Bembrive.

martes, 20 de diciembre de 2011

O Paxe Real chega a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Nenos e nenas, ide escribindo a carta os Reis Magos, pois o Paxe Real, pasará polo local da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Podredes entregarlle as vosas cartas, e él encargarase de darllas as nosas maxestades de Oriente. A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo e o Concello de Vigo, non queremos que ningún neno/a quede sen regalo estas navidades, por iso o luns 26 de decembro, ás 19 horas da tarde, pasará o Paxe Real a recoller as cartas e a escoitar todo o ben que vos portastes este ano.
Pequenos e pequenas, ide escribindo as cartas, e convencede os voso maiores para que vos acompañen o próximo luns, ata o local da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e Vigo. Así podredes votar as vosas cartas no buzón real, para non quedar sen agasallos estas navidades.

jueves, 15 de diciembre de 2011

Cine infantil: Navidad con Buddies

Chegados a estas datas, o Centro Cultural e Artístico Rueiro, quere celebrar con todos nos, estas datas cheas de maxia e ilusión. Sobre todo cos máis pequenos, os cales vai adicada esta película.

Este sábado, 17 de decembro, ás 18 horas, no salón de actos do Complexo Parroquial Cristo da Vitoria; habrá cine para todos aqueles os que queiran asistir.
Esta divertida película, Navidad con los Buddies, será o plan perfecto para un sábado de decembro a tardiña. Será unha boa maneira de disfrutar do nadal cos máis cativos, e desta forma non perder o espírito de alegría e ilusión, que se vive nestas datas.

martes, 13 de diciembre de 2011

Audición da escola de gaitas e baile galego do CVC Valadares

Esta fin de semana, será a actuación e a presentación de alumnos de gaita e baile de Valadares, que levan meses preparándose, para facer disfrutar o público. O auditorio do CVC de Valladares, acollerá este sábado, día 17 de decembro, ás 19 horas, a actuación do grupo de baile e o de gaitas de Valadares; e o grupo Pexegueiro, acompañados pola Asociación Folclórica Corisco.
Neste festival terá lugar a presentación dos alumnos das escolas de gaita e baile de Valadares, así como os do grupo Pexegueiro; actuando conxuntamente coa Asociación Folclórico Corisco.
Trátase dunha boa ocasión de pasar unha tarde entretida, disfrutando coa nosa música e co noso baile, coa cultura galega. Animádevos e non faltedes a este festival.

miércoles, 7 de diciembre de 2011

Baile de salón e Teatro infantil na SCDR Helios de Bembrive

Son moitos os grupos que forman esta sociedade, pero aínda asi cada día aumentan os colectivos que nos fan disfrutar e amenizan os nosos días mediante actos. Nesta ocasión trátase dos alumnos máis pequenos desta sociedade, os que formaron os dous novos grupos. Logo de recibir clases con grandes profesionais, xa están preparados para a súa estrea.
Este domingo, 11 de decembro ás 19 horas, o Grupo de Teatro e o Grupo de Baile de Salón, ambos infantís, estrearánse ante o público no auditorio da SDCR Helios de Bembrive.
O grupo de teatro interpretrá a obra: O roubo de Nadal. Mentres que os maís pequenos o ritmo da música. Asi que xa saben, se queren pasalo ben unha tarde de domingo, achéguense ata a SDCR Helios de Bembrive.
Este acto ten lugar gracias os colaboradores, como son Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo; Entidade Local menor de Bembrive; Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra.

jueves, 1 de diciembre de 2011

XXIV Festa do Cabazo

Son moitos os anos que a Asociación Cultural de O Coto, leva organizando esta festa. E como non podía ser menos, este ano 2011 os veciños de Cabral, e todos aqueles que se queiran achegar, podrán disfrutar da XXIV Festa do Cabazo. Castañas, magostos, viño,...todos estas cousas son típicas do outono, pero se hai algo que representa esta estación, é o cabazo.
Nestas fechas, os campos e as casas están tinxidas de cor laranxa, están cheas de cabazos de diferentes formas e cores. Por iso os compañeiros da Asociación Cultural o Coto, quixeron homenaxear, outro ano máis, a este elemento clásico do outono.
Para asisitir a XXIV Festa do Cabazo, non tedes máis que achegarvos o domingo, 4 de decembro, o Colexio Carballal, en Cabral. Pasaredes un bó rato, e disfrutaredes gracias a Asociación Cultural O Coto, quen organizou esta gran festa.

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Semana de teatro Afecionado de Vigo 2011

Este sábado rematará a semana de teatro Afecionado de Vigo 2011, se non vos achegastes ata ningunha das diferentes xornadas de teatro que se realizaron, non o dubidedes e disfrutar cos grupos de teatro da nosa cidade. Se queredes asistir a última xornada desta semana de teatro afecionado, non tedes máis que achegarvos este sábado, 3 de decembro, ás 19 horas, ó Centro Cultural de Beade.
Nesta ocasión o grupo encargado de representala obra, "O Amor de don Perlimplin con Belisa no xardín", será o grupo de Teatro Atlántida de Matamá. Os actores e actrices desta obra de teatro, faránnos pasar unha tarde de sábado agradable.
A semana de Teatro Afecionado, non ten outra intención que a de promover os grupos de teatro, pertencentes a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, pola nosa cidade. Conseguindo que a xente os coñeza, e valore o seu ben facer.
Estas xornadas de teatro, teñen lugar gracias a organizadora, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, e os colaboradores, que son a Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo, e a Alcaldía de Vigo.

martes, 29 de noviembre de 2011

Semana de Teatro Afecionado de Vigo 2011

A fin de semana pasada, xa foron interpretadas varias obras de teatro, por diferentes Centros Culturais de Vigo. Pero a Semana de Teatro Afecionado non rematou, e continua esta fin de seman, promovendo este arte pola nosa cidade. A próxima obra representada será "O amor de Don Perlimplin con Belisa no xardín". Os encargados de representala será o grupo de teatro Atlántida de Matamá; o próximo sábado, 3 de decembro, ás 19 horas, no Centro Cultural de Beade.
Con esta representación reamatará a Semana de teatro Afecionado de Vigo 2011, a cal non se tería realizado, se non fose pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, quen a organizou; e gracias a Concellería de Cultura e Festas do concello de Vigo, e a Alcaldía de Vigo, quenes colaboraron neste proxecto; para impulsar o teatro na nosa cidade.

viernes, 25 de noviembre de 2011

Semana de Teatro Afecionado de Vigo 2011

Esta fin de semana que se aproxima, estará completa con obras teatrais, representadas polos grupos de teatro, pertencentes a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Tanto o sábado coma o domingo, en diferentes centros culturais, tendrá lugar a Semana de Teatro Afecionado de Vigo 2011. Este domingo, día 27 de novembro, no Centro Cultural de Beade, ás 18 horas, será representada a obra "Longa vida a Martiño de Guimil", a cargo do grupo "Teatro Escoitade"
A actuación do domingo, é unha das varias obras de teatro, que pertence a Semana de Teatro Afecionado de Vigo 2011. Nesta, diferentes grupos de teatro, pertencentes a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, representarán obras, en diferentes centros culturais desta cidade.
Esta semana de teatro, resultou da colaboración entre a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, a cal a organiza; xunto coa Concellería de Cultura e Festas, e a Alcaldía de vigo, os cales colaboran neste acto cultural.

XII Xornadas de Música e Danza Tradicionais de Galicia

Este domingo, terá lugar a segunda xornada, sendo a final, das Xornadas de Música e Danza tradicionais de Galicia, organizada por Interfolc, Colaborando a área de Cultura do CVC de Valladares. Moitos grupos, con un alto nivel de baile e música galega, serán os que estarán este domingo, no CVC de Valladares.
O son das gaitas, das pandeiretas; a voz das cantareiras e os bailes,...serán moitas das cousas que este domingo, 27 de novembro, ás 19 horas, no auditorio do CVC de Valladares; estarán presentes para disfrutar da Cultura Galega.
Habrá grupos de Vigo, Marín e incluso de fora da provincia de Pontevedra. Un gran espectáculo que non se pode peder, se realmente apreciamos a nosa cultura.
As actuacións que habrá serán as seguintes:
- Grupo Andarela, Vigo
- Grupo Trébede, Marín
- Grupo A Buxaina, Coruxo- Vigo
- Grupo "Os Xeitosos" de Trazo, Coruña
- Grupo "Xirandola" de Bandeira, Silleda
- Grupo Colexiata do Sar, Santiago
- Grupo Traspés, Vigo
- Como grupo convidado, habrá un grupo convidado, dúo de gaita e piano, José maría Fernández "Guti" e Jesús A. Arévalo.

Xa saben, este domingo, 27 de novembro, achéguense ata o auditorio do CVC de Valladares, ata a XII Xornada de Música e Danza Tradicionais de Galicia.

Semana de Teatro Afecionado de Vigo 2011

Varias e diferentes obras de teatro interpretearánse por centros culturais de todo Vigo, dende esta fin de semana, ata o mes de decembro; todo isto gracias a Semana de Teatro Afecionado, organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas, e a Alcaldía de Vigo. Este sábado, 26 de novembro, no Centro Cultural de Cabral de Becerreira, ás 19 horas, será interpretada a obra teatral:Perdendo o sentido, representada polo grupo Lareira Teatro.
Non hai nada mellor, para un sábado de outono, que disfrutar cunha boa obra de teatro, interpretada por un bo grupo teatrl, como é Lareira Teatro.
A Agrupación de centros Deportivos e Culturais de Vigo, invitámoos e animámolos a que se acheguen, a ver algunhas das obras de teatro, que durante esta fin de semana serán interpretadas, por diferentes Centros Culturais de Vigo.

jueves, 24 de noviembre de 2011

Santa Icía, no CVC de Valladares

O día 22 de novembro, foi a patroa dos músicos, para conmemorar esta festividade, o CVC de Valladares, organizou unha fin de semana chea de actos e actuacións, a cargo dos moitos músicos que forman este colectivo. Os días 26 e 27 de novembro, este sábado e este domingo, terá lugar a celebración, na parroquia viguesa de Valladares, da festividade de Santa Icía, a patroa dos músicos.
Dende a mañán ata a noite, habrá actuacións de acordeóns, corais, bandas de música,...unha forma perfecta de homenaxear a Santa Icía.
Os actos que terán lugar no CVC de Valladares serán os seguintes:
-Sábado 26 de novembro
- 19:00. Misa polos socios defuntos do CVC de Valladares, cantada pola Coral Polifónica do CVC de Valladares.
- 20:00. Certamen de acordeóns, no auditorio do CVC de Valladares

- Domingo 27 de novembro
- 12:00. Misa e procesión de Santa Cecilia, cantada pola Coral Polifónica do CVC de Valladares
- 13:00. Concerto da Banda de Música "Unión Musical de VAladares"; no auditorio do CVC de Valladares
- 19:00. XIII Xornadas de Música e Danzas tradicionais de Galicia; no auditorio do CVC de Valladares. Organiza "Interfolc"

Como poden ver, moitas actuacións son as que a directiva do CVC de Valladares ten preparados para todo nós, esta fin de semana. Non o dubiden e achéguense ata o CVC de Valladares, para disfrutar dun bonito fin de seman musical.

Semana de Teatro Afecionado de Vigo 2011

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, comezamos outro ano máis coa Semana de Teatro Afecionado de Vigo. Varias obras de teatro, serán interpretadas por diferentes grupos dos nosos colectivos. Este sábado 26 de novembro, ás 19 horas, no Centro Cultural de Beade, a obra "Aquí non paga ninguén" será interperetada polo grupo Porta Aberta.
Moito é o tempo, no que este grupo teatral leva ensaiando este bonita obra, para facernos disfrutar a todos, e realizar unhas fantásticas actuacións.
Esta tarde de teatro, como moitas outras, son gracias a Semana de Teatro Afecionado de Vigo 2011, a cal é organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, en colaboración coa Concellería de cultura e festas, e a Alcaldía de Vigo.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Semana de Teatro Afecionado

Como tódolos anos a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, organiza a semana de Teatro Afecionado de Vigo; en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas e a Alcaldía de Vigo. Diferentes obras, a carga de varios grupos teatrais, serán interpretadas dende o 26 de novembro, ata o 3 de decembro, en Centros Culturais da cidade de Vigo.
A programación da Semana de Teatro Afecionado é a seguinte:
- Centro Cultural Beade
- 26 novembro, 19 horas: Aquí non paga ninguén; grupo Porta Aberta
- 27 novembro, 18 horas: Longa vida a Martiño de Guimil; grupo Teatro Escoitade
- 3 decembro, 19 horas: O amor de D.Perlimpin con Belisa no Xardín; grupo teatro
Atlántida de Matamá

- Centro Cultural Cabral, Becerreira
- 26 novembro, 19 horas: Perdendo o sentido; grupo Lareira Teatro

Como poden ver, este sábado 26 de novembro, xa comezamos coa programación. Así que non o dubiden e achéguense ata algunhas destas representacións tetrais.

jueves, 17 de noviembre de 2011

Campaña de recollida de xoguetes, na SCDR Helios de Bembrive

Coa chegada das navidades, todo o mundo pensa nos agasallos; as ceas; as comidas e os xoguetes para os seus fillos. Pero por desgraza, hai moitos nenos e nenas, que debaixo das súas árboeres de Nadal, Papá Noel e os Reis Magos, non deixarán nada. Aínda que non o creamos, hai moitas familias que non poden comprarlle agasallos os seus cativos, pois os medios económicos non llo permiten. Nada lle faría máis ilusión a estes pais e nais, que ter algo, por moi pequeno que sexa, co cal sorprender e facer felices os seus fillos.

Para poder axudar a estas familias, non temos máis, que achegarnos a SCDR Helios de Bembrive, e donar algúns dos xoguetes que temos pola casa, aínda que estén usados.
Cantos de nós temos habitacións e trasteiros cheos de xoguetes, os cales levan anos sen ser usados. O que non sabemos, e que gracias a cada un destes xoguetes, moitos nenos podrán sorrir, e non perder o sentimento de maxia e felicidade que nos enche a todos por estas datas.
Acheguémonos a oficina desta sociedade, e fagamos sorrir a todos eses nenos e nenas, que cun simple e vello xoguete para nós, serán felices e disfrutarán unha longa tempada.

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Ruta da Pedra e da Auga de Armenteira

Relaxarse coa natureza, disfrutar dos preciosos paisaxes que a nosa comunidade nos ofrece e facer deporte, todo isto e moito máis, ofrecenoslo a ruta de sendeirismo, que o Centro Cultural e Artístico Rueiro está organizando para todos nós. Este sábado, 19 de novembro, todos os que queirades podredes realizar unha ruta de sendeirismo, nada máis e nada menos que a Ruta da Auga e da Pedra de Armenteira.
No municipio de Meis, seguindo o cauce do río Armenteira, ten lugar esta fermosa ruta duns 12 km de lonxitude. Nela podremos atopar fermosas paisaxes, que contrastan a incrible vexetación de Galicia, coas construccións de pedra, como son os muíños de Armenteira e os muíños de Barrantes, símbolos do estilo de vida dos noso antepasados.
Outro dato destacable desta ruta é a Aldea Labrega, un conxunto de máis de 70 pezas de cantería propias do arte galego; e por suposto, hai un área recreativa, para descansar e repoñer forzas.

Como poden ver, trátase dunha ruta a cal merece a pena realizar, polo tanto non teñen máis que este sábado 19 de novembro, ás 9 da mañán, achegarse ata a igrexia do cristo da Vitoria. Lugar e hora de onde se saldrá cara o municipio de Meis.

viernes, 11 de noviembre de 2011

Magosto no parque da Bouza

Castañas e viño novo..uns productos fantásticos para pasar unha boa e divertida tarde de outono, nun bonito espazo natural. Todo isto podrase conseguir no magosto da Bouza 2011. O sábado, 12 de novembro,ás 17 horas; celebrarase un magosto no parque da Bouza, entre o parque infantil e o estanque.
Dende esta hora podredes saborear castañas e viño novo. Pero para continuar coa festa e amenizar a tarde, ás 18 horas, terá ligar a actuación do grupo de música e bailes galegos "O Mosteiro", Pexegueiro- Tui.
Este gran magosto, é organizado polo Movemento Cidadán " O noso Barrio" (Coia); o cal o longo do ano, organiza moitos dos actos culturais que teñen lugar na nosa cidade.

jueves, 10 de noviembre de 2011

Magosto da A.F.Andarela

Nesta época de frío e chuvia, non hai mellor cousa,que unhas castañas quentes, nunha tarde de magosto rodeado de xente divertida, e con ganas de pasalo ben.

Se eres socio, simpatizante e acompañante da Asociación Folclórica Andarela, non dubides en achegarte ata o local de ensaio desta agrupación, e disfrutar coa sua compañía.
O domingo 13 de novembro, dende as 17:00 ata as 21:00 horas, habrá castañas, chourizos e viño. Pero non só habrá comida e bebida, se non que tamén habrá actuacións para amenizar este gran magosto; como son a dun mago e a do duo Betancourt.

Como se pode comprobar, a A.F.Andarela, ademáis de realizar bonitas actuacións e festivais. Tamén se acordan dos seus socios, organizando este magosto, que será ante todo, acolledor e divertido.

martes, 8 de noviembre de 2011

Clases de Ballet Clásico

Na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, temos cursos para tódalas idades, persoas, horarios,...non podedes deixar escapar as nosas actividades deste curso 2011/2012. Quedan as últimas prazas agardando por vostedes.Entre moitos dos cursiños que na Agrupación de Centros Deportivoa e Culturais de Vigo ofrecemos, temos Ballet clásico.
O Ballet é unha arte escénica, de moitos anos de antiguedade, e que o longo do tempo foi variando. Segundo a época, os países e as correntes, foi modificando o estilo das coreografías, o tipo de música,...pero sempre mantendo unha base que o diferencia das outras artes escénicas.


Trátase dunha actividade moi chamativa,ademáis de tratarse dunha actividade saudable, gracias a cal a parte de exercitar os músculos e aumentala flexibilidade das extremidades; promovemos a coordinación do corpo e a mente, e axuda a aumentalo poder de concentración e atención.
Como ven, grazas a esta actividade só podemos opter beneficios para a nosa saude interior e exterior. Por elo non o dubiden, e achéguense ata as nosas oficinas para inscribirse. Non o dubiden, porque aínda quedan prazas.
O horaraio de Ballet clásico, no curso 2011/2012:
- Martes e xoves: 17:15- 18:00
- Martes e xoves: 18:15- 19:00

viernes, 4 de noviembre de 2011

Teatro, A Princesa Baunesa

O Centro Cultural Artístico Rueiro, organiza outro día máis, unha tarde de teatro, no salón de actos, do complexo parroquial "Cristo da Victoria".Mañán, sábado 5 de novembro, ás 18 horas, no complexo paroquial "Cristo da Vitoria", representarase unha obra de tetrao, dentro do ciclo, "Teatro de Barrio, Vigo a escea 2011"

A obra será " A princesa Baunesa", e o grupo encargado da representación Spencer- Hartmann.

Como non, unha boa obra e un bo grupo teatral, serán os encargados de entreter esta tarde de sábado, para disfrutar e saír da rutina diaria.


Debemos agradecer o Centro Cultural e Artístico Rueiro, o organizar esta tarde de teatro, pero tamén por tódolos esforzos que leva feito, por promover o teatro e a cultura na cidade de Vigo.

María do Ceo, en concerto

Música tranquila, perfecta para relaxarnos, e disfrutar dun bó concerto, un sábado a noite; con unha cantante internacional moi coñecida, María do Ceo.Este sábado, 5 de novembro, ás 21 horas, María do Ceo, actuará no auditorio da SCD Helios de Bembrive. Disposta a facernos disfrutar coa súa actuación, e demostrar unha vez máis a fantástica voz que ten.
María do Ceo, é unha cantante de Fado. En cada actuación que realiza, fainos disfrutar e sentir ás palabras que ela pronuncia nas súas cancións.

Non ha nada mellor, para un sábado de outono a noitiña, que escoitar un bó concerto, nun auditorio con boa acústica.
Esta actuación realízase, gracias a Excelentísima Deputación de Pontevedra, a cal organiza e patrocina o concerto. Ademáis, da SCDR Helios de Bembrive, por ceder o seu auditorio para realizar esta actuación.

miércoles, 26 de octubre de 2011

Talleres para nenos, na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Xogar con outros nenos e nenas, facer manualidades, desarrollar a imaxinación dos máis pequenos,... Todo isto, para os máis pequenos da casa na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. A idade infantil, é a mellor para desenrolar o cerebro; promover a aprendizaxe; realizar manualidades realizando movenmentos finos das mans. A aprendizaxe dos máis pequenos, e algo do que os pais son responsables; e son os encargados de que o neno desenrole as suas habilidades o mellor posible.
Na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, pensamos nos máis pequenos, e ofrecemos uns talleres para nenos e nenos, que ademáis de divertidos, son estimulantes e axudan o seu densenrolo intelectual.

As clases nesta Agrupación, teñen lugar os sábados pola mañán. Un día, no que os nenos están relaxados e con gañas de divertirse.

Para anotar o neno/nena, nestes talleres, non ten máis que achegarse ata as nosas oficinas na rúa Panamá nº2.
Como poden ver, nesta Agrupación acollemos a xente de tódalas idades, pois temos actividades para os máis pequenos, pero tamén para os nosos maiores. Somos un colectivo o alcance de todos.

Clases de Tai-Chi, na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Relaxarse, olvidar os factores estresantes de cada día, aprender a tomar con tranquilidade situacións de apuro...todo isto pódese conseguir asistindo as clases de Tai-Chi, que se dan na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, e na que todavía quedan plazas libres. Nos seus inicios, o Tai-Chi, tratábase dun Arte Marcial, moi practicada en Oriente. Pero pouco a pouco, foise convertindo no que é na actualidade, unha práctica físico- espiritual e unha técnica de meditación en movemento.
Non hai nada mellor, para convater o estres que a vida cotián produce nos nosos corpos, que practicar dúas, veces a semana Tai-Chi. Será bo para a nosa saúde física e mental.

Na Agrupación de Centros depotivos e Culturais de Vigo, ofrecemos esta actividade:
Martes e Xoves- 12:15- 13:00.
No cal aínda quedan prazas libres; así que xa saben, non o dubiden e achéguense ata as nosas oficinas, na rúa Panamá nº2, para pedir información, e participar nas nosas actividades; todas elas, pensadas para o seu benestar.

viernes, 21 de octubre de 2011

Teatro: O Mundo Escuro, de Mari Paz Alonso

Unha obra de chea de intriga, creatividade...O Mundo Escuro, trata sobre a andaina de dúas irmáns, que atopan un libro escrito pola súa avoa, o cal non coñecían, pero que as levará a facer unha inimaxinable. O Centro Cultural, Artístico e Recreativo Rueiro de Coia, organiza unha xornada de teatro, este domingo 23 de outubro, ás 20 horas, no salón de actos do Cristo da Victoria- Coia.
Os encargados de representala obra, será Navia Teatro Escola, baixo a dirección de Paclo Iriarte; elixindo como obra O Mundo Escuro, de Mari Paz Alonso.

Non o dubiden, e este domingo, achéguense ata o Cristo da Victoria de Coia, para poder pasar dunha xornada de teatro, e así deixar voar a nosa imaxinación, e disfrutar coa fabulosa Navia Teatro Escola.

jueves, 20 de octubre de 2011

Concerto Coro Polifónico "O Coto"

O Coro Polifónico O Coto, cumpre un ano. Un ano, no que fixo disfrutar o público en cada unha das súas actuacións. Para celebrar este primer aniversario, organizaron un festival, no que ademáis deles, actuarán outros grupos convidados. Non hai mellor forma de celebrar un ano de vida para unha coral, que actuando e facendo vibrar o público asistente.

Este sábado, 22 de outubro, ás 21:00 horas, na Igrexa de Santa Mariña de Cabral, celebrarase o concerto polo I Aniversario do Coro Polifónico O Coto. O cal estará acompañado por outros dous coros, encantados de celebrar este primeiro ano de vida.
O coro e a coral participante son:
- Coral Polifónica Viladauga, de Laias (Orense)
- Coro "Ecos do Folón" de Fornelos (O Rosal)
- Coro polifónico O Coto, como anfitrión.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, queremos felicitar a este coro polifónico O Coto, polo seu primerio ano de vida, e por suposto animalo a que siga cumprindo moitos máis.

martes, 18 de octubre de 2011

Obradoiro de creación literaria, na Casa Das Palabras, Verbum

Non hai nada mellor na infancia, que facer exercicios para aumentala creatividade e a imaxinación. Isto é o que se está a realizar no Verbum, os domingos pola mañán deste mes de outubro.Obradoiros de creación literaria, isto é o que se está a realizar no museo Verbum, a Casa das Palabras. Este son talleres pensados para os nenoos e nenas, e para as nais e os pais. Pois neles, o traballarase a imaxinación e a creatividade dos máis pequenos, coa axudo dos seus maiores.
Os domingos 23 e 30 do mes de outubro pola mañán, xa saben donde pasar un bo rato, axudando o progreso dos seus pequenos.
Se o seu fillo/a ten entre 5 e 12 anos, este domingo ás de 12:30 a 13:30, disfruten con eles, deste fermoso obradoiro.

Trátase dunha actividade, cun aforo de 50 prazas, que se respetarán según a orde de chegada.

jueves, 13 de octubre de 2011

Homenaxe o gaiteiro Xosé Manuel Oliveira

Toda unha vida, é a que o gaiteiro Xosé Manuel Oliveira, leva adicada o mundo da gaita. Un gran profesional, e unha gran persoa, a quen o Centro Cultural Rueiro, quere adicarlle un festival polos 20 anos, que leva como profesor neste colectivo. Moitos son os anos, que Xosé Manuel Oliveira, leva traballando coa e pola gaita. A súa vida, estivo e está adicada a cultura galega, moitas son a as persoas que traballaron con él; moitos os alumnos que o tiveron como profesor; e moitas as experiencias e anécdotas que este gaitero viviu.
O Centro Cultural Rueiro, non quere outra cousa, que homenaxear a este gran gaiteiro, con un festival, rodeado de alumnos, e persoas queridas de Xosé Manuel.
Son 20 os anos, os qeu o homenaxeado leva traballando en esta Asociación Cultural, por iso lle queren agradecer toda esta traxetoria profesional, coa gaita e coa cultura galega.

O festival terá lugar, este sábado 15 de outubro, ás 20:30 horas, na igrexa do Cristo da Vitoria en Vigo. Nel participarán, grupos do Centro Cultural Rueiro de Coia, e outros artistas convidados.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, queremos por una lado felicitar a Xosé Manuel, pola súa longa traxectoria no mundo do folclore.; por outra banda, dar a enoraboa o Centro Cultural Rueriro de Coia, polo emotivo festival que están organizando, e que seguro non defraudará a ninguén.

lunes, 10 de octubre de 2011

Carreira da Amizade Bembrive

Se che gusta o deporte, anímate e ven a correr o día 12 de outubro, a Carreira da Amizade que a S.C.D.R.Helios de Bembrive organiza, dende xa fai 27 anos. Este mércores 12 de outubro, festivo nacional, ás 10:30 da mañán, terá lugar unha importante carreira, que xa se leva realizando dende fai 27 anos. Son moitas as persoas que participaron nela, moitas as experiencias que estas persoas viviron.
A Carreira da Amizade, non ten outro propósito que o de pasar unha mañán entretida, coñecendo xente e vivindo momentos moi especiais. Pero sobre todo facendo deporte, algo moi importante para a nosa saúde física e mental.

Calquera persoa a que lle apetece pasar un bo rato, soamente ten que achegarse ata a oficina da S.C.D.R. Helios de Bembrive, e incribirse nesta carreira, que será realizada pola zona de Bembrive.
Pode incribirse tamén chamando o número de teléfono 986 425656, ou mandando un e-mail, a dirección de correo: cchelios@mixmail.com. O prazo para anotarse remata o día da carreira, ás 10:00 da mañán.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, queremos animar a esta sociedade para que siga organizando esta carreira; e por suposto agradecer tamén a participación e axuda de tódolos colaboradores da XXVII Carreira da Amizade Bembrive.

martes, 4 de octubre de 2011

Concerto Recital de David Fernández Rivera

A Asociación Cultural "O Coto", acollerá o día 8 de outubro, un concerto recital, a cargo do trobador David Fernández Rivera, acompañado polo guitarrista Diego Pacheco. Nada mellor, nin máis relaxante para un sábado ás 21:00 horas da tardiña, que escoitar un concerto recital, a cargo deste mozo. Será unha forma fantástica para desconectar do agobio de toda a semana.
Davis Fernández Rivera, con este concerto, presenta o seu traballo "Ecos de la Noche", este trata dun diálogo íntimo, que o trabador mantén. Todo esta acuación, estará acompañado por Diego Pacheco a guitarra.

Dende a Agrupación de Centros Deportios e CUlturais de Vigo, animámolos a que se acheguen ata este recital, pois é algo distinto, que non se repite habitualmente. Xa saben,achéguense este sábado 8 de outubro, a Asociación Cultural "O Coto",ás 21:00 horas.

miércoles, 28 de septiembre de 2011

Cursos da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo...últimas plazas!!

O mes de setembro está rematando, e con él as plazas dos cursos, que a Agrupación temos a vosa disposición. Non o pensedes máis, e achegarvos ata a nosa oficina, para matricularos nas nosas activiades, e así pasar un inverno entretido, pero sempre aprendendo cousas novas. Varios dos cursos que vos ofercemos, xa comezaron a impartirse, pero aínda quedan plazas, para que poidades disfrutar das nosas actividades.
Moitas foron ás persoas que se informaron e anotaron, nos nosos cursiños. Pois ademáis de dispoñer de moitos e variados cursos, con horarios adaptados a todo o mundo; cos prezos e decontos que ofrecemos, é difícil resistirse a participar nas nosas actividades.
Non teñen máis que pasar pola nosa oficina, na rúa Panamá 2 (enriba de Álvarez), en horario de 9:00 a 13:00; ou chamar o número de teléfono 886139670. Aquí serán informados de todo, e podrán matricuñarse no cursiño qe máis lles guste.
Dende a Agrupacion de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, animámolos a que se acheguen, pois son vostedes, os que nos impulsan a seguir hacia diante, e cada ano mellorar e innovar.

jueves, 22 de septiembre de 2011

Xuntanza Folclórica, organizada pola asociación cultural "O Coto"

Grupos de pandereteiras, grupos folclóricos, grupos de danzas....estarán reunidos este sábado 24 de setembro, no colexio Carballal, en Cabral. Unha xuntanza organizada pola Asociación Cultural "O Coto"

Son 23 os anos que esta Xuntanza se leva realizando, unha forma de reunir artistas, que están dispotos a entreter a xente do público, coas suas mellores actuacións. Pero por suposto, tamén se reune a persoas con ganas de desfrutar da mellor música e dos mellores bailes.
Esta gran Xuntanza terá lugar este sábado, 24 de setembro, ás 20:30 da tarde, no Colexio Carballal, en Cabral. Contará coa actuación de varios grupos galegos, pero tamén habrá grupos de fora da nosa comunidade:
- Grupo de danzas "Tierra Noble", de las Quintillas, Burgos
- Grupo etnográfico "A Buxaina", do CRAC de Coruxo, Vigo
- Grupo de pandeiretas "Os atrevidos do Carballasl", de Carballal, Vigo
- grupo Folclórico "Airiños do Coto", de Carballal, Vigo

Como poden ver unha xornada, que contará coa actuación dos mellores grupos. Todo isto terá lugar gracias a Asociación Cultural , O Coto, a cal é a organizadora deste gran evento, que durante 23 anos, está sendo realizado.
Tamén hai que agradecer a colaboración da Diputación de Pontevedra; da Concellería de Cultura e animación Sociocultural do Concello de Vigo e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Todos eles colaboradores desta Xuntanza Foclórica, que este sáabado, 24 de setembro terá lugar.

miércoles, 21 de septiembre de 2011

Encontro Folclórico, no C.A.R. de Valadares

Despóis das vacacións e oa chegada do inverno, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, organiza o 4º Encontro Foclórico deste ano 2011. Bailaríns, gaiteiros, cantareiras...todo o relacionado co folclore galego, estará presente este domingo 25 de setembro, no C.A.R. de Valadares, ás 19:30 da tarde.
Tres serán os grupos que estarán presentes no Encontro Folclórico, que terá lugar este próximo domingo. Todos eles con un gran nivel, que nos farán disfrutar e pasar unha boa tarde de domingo:
- A.F. Froles Novas
- A.F.T.Os Ventos de Comesañana
- G. Folclórico Ledicias do C.A.R. de Valadares

Dende a Agrupación queremos animalos a que se acheguen ata este Encontro Folclórico, pois estamos seguros de que disfrutarán coas actuacións destes grupos de tan boa fama, pertencentes os colectivos que forman parte da Agrupación.
Por outra banda a Agrupación queremos dar as grazas a Excelentísima Deputación de Pontevedra,como patrocinador deste evento; e tamén agradecer a colaboración do Centro Cultural Helios de Bembrive; o Centro Veciñal e Cultural de Valladares; a S.C.D. Atlántida de Matamá e o Centro Cultural e Recreativo de Cabral, pola súa colaboración, nos Encontros Folclóricos que durante todo este ano 2011, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos.

Curso de Danzas Tradicionais Cantadas

A Asociación Monteira, organiza un curso de Danzas Tradicionais Cantadas impartido por Andrea Lena Ullrich; unha alemana, profesora de danzas e cantos do mundo, que ten un longo e importante percorrido profesional, no mundo da música. Os amantes de cantos e bailes do mundo, tedes unha cita este sábado 24 de setembro, e o sábado 22 de outubro, das 17 ás 21 horas, na asociación de veciños do Calvario: rúa Ramón Nieto, 58.
Aquí tendrá lugar un curso de Danzas Tradicionais Cantadas, impartido pola gran Andrea Lena Ullrich. No que por tan solo 20 euros; 10 euros os socios de da Asociación Monteira, aprenserán grandes cousas sobre ás danzas do mundo.

Ata este curso pode achegarse calquera persoa interesada en coñecer e disfrutar da música e danzas doutros pobos. Pois está dirixido a persoas de calquer idade, con ou sen experiencia de danzas.
Polo tanto animádevos a asistir a estas dúas xornadas culturais, nas que ademáis de aprender, pasaredes unhas interesantes e divertidas tardes.
Para máis información ou oara incribirse, non tedes máis que chamar o número de teléfono: Carmen- 660 425 965

Dende a Agrupación de Centrso Deportivos e Culturais de Vigo, queremos agradecer a Asociación Monteira, a organización deste gran curso, e animalos a que sigan promovendo este tipo de actividades.

martes, 13 de septiembre de 2011

Cursos da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Queres facer deporte, practicar actividades relaxantes, bailar, aprender informática ou inglés,...pois non o dubides e achégate ata a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, e infórmate dos nosos cursiños 2011-2012. Os cursos da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, están pensados para tódalas persoas as que lles interesen. Pois adaptámonos a idade, situación persoal, horarios,...faciliatndo a todo o mundo a participación nas nosas actividades.
Dende os adultos ata os máis pequenos da casa, poderán achegarse ata a Agrupación, e realizar un ou varios cursiño. Contamos dende informática básica; taekwondo; ballet, talleres de nenos,...ata baile de salón; baile moderno; ioga; ximnasia de mantemento; tai-chi...pensados nos máis maiores.

O prezo dos cursos non será o problema, pois ademais de ter un prezo adsequible, 20 euros os socios, e 25 euros os non socios. Existen diferentes formas de pago, na que sempre están presente os DESCONTOS, chegando a conseguir un curso gratis.
O horario dso cursos é dende ás 10:00 da mañá, ata ás 22:00 da noite.
Como poden comprobar, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, adaptámonos a todo o mundo e a tódalas situacións, para que non quede ninguén sin os cursos da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

Para calquer información poden achegarse ata o noso local: rúa Panamá 2, entresuelo, Vigo; con horario de 9:00 a 13:00. Ou chamen o teléfono 886 139 670.
Dende a Agrupación animámolos a que se acheguen, e participen nos nosos cursos, para que desta forma manteñan unha vida relaxada, animada e educativa.

miércoles, 7 de septiembre de 2011

Continuamos cos pasaruas polo Casco Vello

Un sábado máis, as rúas do Casco Vello, estarán animadas por gaiteiros, con ganas de facer disfrutar a xente; e entretelo tempo dos que se atopen por esta zona, o sábado pola mañán. O igual que durante o verán, este sábado o Proxecto Casco Vello levarase a cabo, e as rúas da zona histórica de Vigo estarán animadas por música tradicional galega.
A asociación de comerciantes Vigo Vello e a Agrupación de Centros Deporivos e Culturais de Vigo, unímosnos unha semana máis, para promover a cultura galega, a cargo dos nosos grupos. Grupos que pretencen a algunha das entidades da Agrupación.

Este sábado, 10 de setembro, ás 12 da mañán, tócalle o turno o grupo Asubio. Serán os compoñentes deste colectivo os encargados de animar as rúas do Casco Vello, e os que farán bailar a todos os que por esta zona se atopen.
Sen dúbida, esta é unha forma diferente de pasar unha mañán de sábado, e dende a Agrupación animámolos a que se acheguen ata aqui.

viernes, 2 de septiembre de 2011

Cusos da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo...non se poden deixar escapar!

Coa chegada de setembro, xa todos pensamos en cursos, actividades, para pasar o inverno e así entreternos, o mesmo tempo que aprendemos cousas novas, facemos deporte...Para todo isto non teñen máis que achegarse ata a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, e informarse dos nosos cursos 2011-2012, que comezarán no mes de outubro. Por primeira vez, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, organizamos cursiños para tódolas persoas que interesadas, sexan ou non, socias das nosas entidades. Ofrecemos moitos e variados cursos, ademáis de varias formas de pago, e diferentes descontos.
Adaptámonos a todo o mundo, ofrecemos actividades para nenos e adultos, con variedade de horarios, pola mañán e pola tarde; e prezos, o alcance de todos.

Os cursos, cos seus respectivos horarios son os seguintes:
* Mañáns
- Aerobic. luns- mércoles. 10-10:45
- Pilates. martes- xoves. 10:45-11:30
- Pilates. luns- mércoles. 11:30-12:15
- Ximnasia mantenimiento(persoas maiores). luns- mércoles. 10:45- 11:30
- Ximnasia mantenimiento(persoas maiores). martes- xoves. 10:00-10:45
- Ximnasia manenimiento. martes- xoves. 11:30-12:15
- Yoga. luns- mércoles. 12:15-13:00
- Taichi. martes- xoves. 12:15-13:00
- Talleres para nenos/as. sábados. 11:00-13:00

* Tardes
- Taekweondo infantil (máis de 4 anos). luns-mércoles. 17:15-18:00
- Taekweondo infantil (máis de 4 anos). martes-xoves. 18:15-19:00
- Ballet clásico (máis de 4 anos). martes-xoves. 17:15-18:00
- Ballet clásico (máis de 4 anos). luns-mércores. 18:15-19:00
- Hip-Hop/ baile moderno. luns-mércores. 19:15-20:00
- Baile moderno. martes-xives. 19:15-20:45
- Cardio G.A.P. luns-mércores. 20:15-21:00
- Latinos/pilates. luns-mércores. 21:00-21:45
- Strechin(estiramentos). venres. 19:00-20:00
- Bailes de salón. venres. 20:30-22:00
- Pilates. martes-xoves. 21:00-22:00

Como ven, teñen en donde elixir, contamos cunha gran variedade de cursos, para tódolos gustos, idades e horarios .
Por suposto o prezo non será un problema, pois ofrecemoslles varios descontos segundo a situación:
* Socios dalgunha entidade da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo
- Prezo dos cursos: 20 euros/mes
DESCONTO: por cada amigo que traia os nosos cursos, descontámoslle a vostede 2 euros do prezo do seu curso. Este desconto non ten límitees, polo tanto pode chegar a conseguir un CURSO GRATIS.

- Prezo dos talleres para nenos/as: 10 euros/mes
DESCONTO: se traen a dous fillos a estes talleres, o prezo será 8 euros/mes por neno; e se trae a tres fillos, o prezo será 7 euros/mes por neno.

* Non socios dalgunha entidade sa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo
- Prezo dos cursos: 25 euros/mes
1º DESCONTO
: por cada amigo que traia os nosos cursos, descontámoslle a vostede 2,5 euros do prezo de seu curso. Este deconto non ten límites, porlo tanto pode chegar a conseguir un CURSO GRATIS.
2º DESCONTO: se paga xuntos os 9 meses do seu curso, se lle descontarán 5 euros/mes
- Prezo dos talleres para nenos/as: 12 euros/mes
Desconto. se traen a dous fillos a estes talleres, o prezo será 10 euros/mes por neno; e se trae a tres fillos, o prezo será 9 euros/mes por neno

Como ven, os cursos da Agrupación, están dispoñibles para todo o mundo, poñendo facilidades para todos. Como se pode comprobrar, estámolos esperando cos brazos abertos, para que cada dían sexan máis os que nos acompañan e nos dan forza, para seguir hacia adiante.

martes, 30 de agosto de 2011

Pasaruas polo Casco Vello de Vigo

Outro sábado máis, as rúas do Casco Vello de Vigo, estarán acompañadas por gaiteiros, que amenizarán a mañá do sábado, para as persoas que estén por esta zona paseando, comprando,... O proxecto Casco Vello, continúa unha semana máis, levando os grupos de Vigo por esta zona da cidade, para ensinar a cultura galega a tódolas persoas que por esta zona se atopen.

Este sábado, 3 de setembro, ás 12 da mañán, será o grupo "Os trasnos da Gaita", o que actúe pola zona histórica desta cidade.
Serán moitas as persoas que se atopen nesta zona, e disfruten cos grupos da cidade.
Dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, animamos a xente a que se acheguen, para disfrutar de boa música tradicional galega, mentres pasan un bó rato polas fermosas rúas do Casco Vello; a cal é unha boa forma de relaxarse e comezar con bó pe o mes de setembro.

jueves, 25 de agosto de 2011

Festa do Pan de Millo, en Cabral

Un producto tan tradicional, e de tanta sona como é o pan de millo, merécese unha festa como a que os veciños de Cabral lle farán este domingo, no parque forestal de Cotogrande.

Este domingo, 28 de agosto pola mañán, non podemos faltar A Festa do Pan de Millo, que como tódolos anos celebrarase no parque forestal de Cotogrande. Un lugar adecuado para celebrar esta festa tan multitudinaria.
Nesta gran festa podremos degustar empandas, pulpo a feira, sardiñas asadas e por suposto pan de millo.

Ademáis de comer e pasar un bo rato coa xente querida, esta xornada estará amenizada por diversos grupos, como son:
- Grupo de baile "Cotogrande", do C.R.C. de Cabral
- Banda escola de mñusica de Beade
- Grupo "fume de Caroso", do C.R.C. de Cabral
- Escola de música tradicional, do C.R.C. de cabral
Tamén contará, coa actuaciñobn estelar do Humorita, Gossip Bufón "Popin"

Pero a Festa do pan de millo non acaba aqui, pois durante toda a xornada habrá unha Mostra de productos do Campo, na que calquera de vostedes pode levar os seus productos para que estes sexan expostos. Entre os participantes desta, sortearánse varios productos, donados por Manuel Alonso Carpintero.

Unha gran festa como esta, non se celebraría durante tantos anos, se non é gracias o C.R.C. de Cabral,que é o organizador deste evento. Ademáis dos colaboradores os cales son: Xealco; La Caixa; Alcaldía de Vigo; Concellería de Cultura e animación sociocultural; a excelentísima Deputación de Pontevedra e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
Non cabe dicir nada máis, soamente que este domingo, 28 de agosto, esperamos velos na Festa do Pan de Millo, no parque Forestal de Cotogrande.


Pasaruas polo Casco Vello

As rúas do Casco Vello, amenizadas por música tradicional galega, interperetada polos grupos da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Unha forma perfecta de pasar unha mañán de sábado. Como xa dicía antes, que mellor forma hai de pasar unha mañán de sábado, se non é paseando por unha das zonas máis bonitas da nosa cidade, e escoitando música tradicional galega, interpretada polos nosos grupos.
Para disfrutar disto, só teñen que achegarse este sábado, 27 de agosto, ás 12:00 da mañán, ata as rúas do Casco Vello.
Ademáis desta semana, durante os sábados de setembro, actuará un grupo cada sábado, para facernos disfrutar da nosa cultura.

O 27 de agosto, o grupo encargado de amenizarnos a xornada, será Os Trasnos da Gaita; os cales teñan claro que non defraudarán.
Gracias o Proxecto Casco Vello, formado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, e a Asociación Vigo Vello; cada semana podemos disfrutar destas fantásticas actuacións.
Non o dubiden, e achéguense.

miércoles, 24 de agosto de 2011

Presentación da Rondaia Helios de Bembrive

O verán vai rematando, e os Centros Culturais e Sociedades Recreativas, xa van pensando nas actividades do inverno. Como non podía faltar, entre elas atópanse as Rondaias, moi recoñecidas na cidade de Vigo. A sociedade Recretiva Helios de Bembrive, presentará a sua Rondaia, este domingo, día 28 de agosto, ás 12:30 da mañán,no auditorio desta sociedade. A directiva desta Asociación xa leva un bo tempo preparando e organizando, a Rondaia 2011-2012.
Non é outra a intención dos representantes desta formación, que a de facer disfrutar a todo o mundo, dende os compoñentes da Rondaia ata o público, que estarán nas actuacións.

A Socidedade Helios, quere animar a todo o mundo, para que participe e sexan compoñentes desta gran formación, que cada ano fai disfrutar o público ala por donde pasa.
O domingo 28 de agosto, ás 12:30 da mañán, explicarán cada un dos detelles da Rondaia Helios: os profesores, os horarios, días de ensaio,...achéguense, poruqe valdrá a pena.

Dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, tamén queremos animalos a que participen en esta Rondaia, son moitos os divertidos e bos momentos que pasaredes nela. Sen dúbida, unha experiencia que hai que vivila, para poder describila.
Non o dubiden, e participen na Rondaia Helios de Bembrive, estamos seguros de que non se arrepentirán.

jueves, 18 de agosto de 2011

Proxecto Casco Vello

Durante os sábados de xuño, xullo e agosto, foron moitas ás actuacións que tiveron lugar na Praza da Pedra. Este sábado, continuamos co proxecto Caco Vello, peo con pasarúas polas rúas do Casco Vello. Co proxecto Casco Vello non só demostramos as actuación dos nosos grupos bailando, se non que mostramos a capacidade para actuar, facendo pasarúas pola nosa cidade.

Os sábados do mes de agosto e setembro, ás 12 da mañá, ás rúas do Casco Vello de vigo, estarán amenizadas, polos grupos folclóricos da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
Trátase dunha forma diferente de entreter a xente, e de mostrar ante os cidadáns a cultura coa que conta a nosa cidade.
Moitos serán os grupos que pasen polo Casco Vello, facendo disfrutar a xente que pasea ou toma un aperitivo, ás 12 da máñán.

Este sábado 20 de agosto, contaremos co grupo Froles Novas. Os cales nos farán disfrutar co seu ben facer.
Dende a Agrupación e Vigo Aberto, esperamos que se atopen pola zona, para disfrutar dos grupos da nosa cidade.

miércoles, 17 de agosto de 2011

Trofeo Deputación de Pontevedra, de fútbol veteranos de Vigo

Despois do parón na fin de semana pasada, o sábado día 20, chegan de novo os partidos do Trofeo Deputación de Pontevedra, como continuación dos partidos xoados o día 6 de agosto.Os veteranos do fútbol da nosa cidade, teñen ganas de revancha, e de volver a enfrentarse os seus contrincantes máis duros, no Trofeo de fútbol Deputación de Pontevedra, organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, e patrocinado pola Deputación de Pontevedra.
Según os resultados dos últimos partidos, terán lugar os encontros o sábado 20 de agosto, nos campos e horarios que agora se especifican:
* Campo de Fragoselo
- 17.30: Señorío Rubiós- escuadrón 111
- 19:00: Solleiro- Veteranos Tomiño

* Campo de Beade
- 17:30: Valeixe- Granitos Urbanos
- 19:00: El niño- C. Guisande

* Campo de Chapela
- 17:30: Dunas- Couto
- 19:00: Piscis Domaio- Panadería Alpeirán

* Campo de Candeán
- 17:30: Mougás- Volante
- 19:00: Baredo- Ribadetea

* Campo de Matamá
- 17:30: Chapela- Veteranos Alcabre
- 19:00: Vincios- Xuntanza

Deben saber, que os partidos que este sábado se xogarán ás 17:30, pertencen a loita polo terceiro e cuarto posto. Mentres que os xogados ás 19:00, serán ás finais.
Dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, queremos animalos a que se acheguen ata algún destes partidos, pois é unha entretida forma de pasar unha tarde de sábado.

martes, 9 de agosto de 2011

Cursos 2001/2012 do CVC de Valladares

Coa chegada do mes de setembro, hay que ir pensando nas actividades que este ano realizaremos nos meses de inverno. Para iso o CVC de Valladares abriu a matrícula dos seus cursos 2011- 2012.
Múltiples e diferentes cursos e actividades, son ás que o CVC de Valladares organiza nas súas instalacións, para tódalas persoas que lles interesen.
Nestes cursos, podrán matricularse socios e non socios deste centro veciñal e cultural, a un prezo moi adsequible. A matrícula destes cursos xa está aberta para incribirse:
- Gaita galega, percusión e baile, para tódalas idades: martes pola tarde
- Iniciación a fotografía: luns ou mércores de 21:00-22:30; ou mércores 11:30-13:00
- Batuka:nenos, martes 17:30-18:30; maiores, martes 18:30-19:30
- Ioga para nenos: martes 16:30-17:30
- Informática: martes e xoves
- Escultura en madeira: mércores 19:00-21:00
- Relaxación terapéutica: martes 19:30- 20:30
- Danza do ventre: martes 21:00- 22:00
- Tai-chi: martes 10:00- 11:00
- Ximnasia de mantemento: luns, mércortes e venres 9:30- 10:30
- Encaixe de palillos. xoves 16:30-18:30
- Labores: luns 18:00- 20:00; mércores 16:30-20:30
- Bailes latinos: venres. iniciación- 21:30-22:30; perfeccionamento- 22:30-23:30
- Cociña: venres 19:00-21:00
- Inglés: mércores- primaria 18:00-19:00; ESO 19:00-20:00; adultos 20:00-21:00
- Escolas de patinaxe artística: luns e mércores 18:00-21:00
- Patinaxe adultos: sábados 8:30- 9:45
- Avellentamento activo: para maiore de 60 anos
- Aula multimedia: maoires de 55 anos

Como ven, o CVC de Valladres ofrece unha chea de actividades, para entreter as tardes de inverno.

jueves, 4 de agosto de 2011

Proxecto Casco Vello

Despois do parón da semana pasada, continuamos coas actuacións dos nosos grupos folclóricos, na Praza da Pedra do Casco Vello de Vigo. Será este sábado, ás 20:00. Aínda temos o mes de agosto e o de setembro por diante, para poder disfrutar das fantásticas actuacións que se realizan tódolos sábados no Casco vello; gracias o Proxecto Casco Vello, colaboración entre Vigo Vello, e a Agrupación de Centros deportivos e Culturais de Vigo.
Que mellor forma hai para disfrutar da cultura da nosa cidade, que ver grupos folclóricos un sábado a tardiña, nun fantástico lugar como é o Casco vello de Vigo.

Este sábado, 6 de agosto, actuarán catro grupo, cunha calidade excelente:
- A.C O Coto
- S.D.R.C. Helios de Bembrive
- C.C.A. Rueiro
- C.V.C. Valladares

Dende a Agrupación non podemos facer outra cousa que animalos a que se acheguen ata a Praza da Pedra, este sábado ás 20:00, e disfruten do gran facer destes grupos vigueses.

Festival Folk Pontenova

O venres día 5 de agosto, celebrase o Festival Folc de Pontenova, en Salvaterra de Miño. Varios grupos e ascociacións folclóricas, amenizarán unha noite, na que non faltará de nada.

Serán tres, os grupos folk encatgados de amenizar esta noite de troula.
- Pontenova
- Ardentía
- A requinta de Xián

Para disfrutar desta gran festa non tedes máis que achegaros este venres 5 de agosto, ás 22:30 da noite, ata o recinto amurallado de Salvaterra de miño.