viernes, 22 de marzo de 2013

Convenio de colaboración entre a FEAF e ACDC


Novos proxectos, innovación, un ano 2013 cheo de grandes eventos e novidades, mantendo sempre os nosos obxectivos: difundir a cultura e o deporte na nosa cidade e  máis alá.


A pasada fin de semana, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo comezou unha nova andaina coa firma dun convenio de colaboración entre a FEAF (Federación Española de Agrupacións de Folclore) e nós, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
Pedro Asuar, presidente da FEAF e Roberto Giráldez, presidente desta  Agrupación, foron os encargados de firmar o convenio.

Un convenio que permitirá que ambos colectivos compartamos traballos de investigación sobre a música e a danza tradicional en Galicia e en outras comunidades autónomas. Ademáis de traballar no intercambio dos nosos grupos folclóricos, con outros grupos do territorio nacional.

É unha satisfacción  que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, sexamos coñecidos polos nosos compañeiros de agrupacións folclóricas de toda España. 

IX Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Bailaríns, pandeiretas, gaitas, tamboriles...grandes grupos e grandes artistas son os que actuarán na primeira parte do IX Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

Este domingo 24 de Marzo, ás 18 horas no auditorio da SCDR Helios de Bembrive, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo celebraremos o primeiro Encontro Folclórico deste ano 2013.
Disfrutaremos dunha tarde de música e baile tradicional galega, grazas os grandes grupos que subirán o esceario:
- Asubío
- A Buxaina
- Os Ventos de Comesaña
- Banda de gaitas Charamuscas

A Agrupación queremos convidarvos a todos a disfrutar deste gran evento. Un festival no que se mostrará a calidade e o alto nivel dos grupos folclóricos vigueses. 
Esperámosvos a todos na primeira parte do IX Econtro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

Actos Previos día "da Reconquista", no CVC de Valladares


Fai anos, os nosos antepasdos conseguiron que Vigo fose unha cidade libre acabando cos franceses que se querían apoderar das nosas terras.


Xa está ahi a "Reconquista de Vigo", un dos eventos máis importantes da cidade, na que todos os vigueses e viguesas disfrutan de dous días cheos de festa.

O CVC de Valladares quere homenaxear a estes loitadores, comezando cos actos da previos o día da Reconquista. Será mañán, sábado 23 de Marzo, a partir das 21 horas, no auditorio do CVC de Valladares.
Haberá as seguintes actuacións:
- Representación Teatral "Reconquista da Vila de Vigo"
- Actuación do grupo "Orfeón Mariñeiro do Berbés"
- Cea da Reconquista

Animádevos a disfrutar dunha das festas máis importantes de Vigo.

martes, 19 de marzo de 2013

Charla do método Hipopresivo no CVC de Valladares

Agora que ven o bo tempo ¿quen é non pensa en facer exercicio para lucir un corpo ideal? O método Hipopresivo, é unha forma de facer exercicio, relaxarse e tonificar os músculos do noso corpo. 



O CVC de Valladares, ademáis de pensar no noso entretemento realizando actos todos os fines de semana, tamén pensa na nosa saude.

Mañán, mércores 20 de Marzo, ás 18 horas, no auditorio deste Centro Cultural, haberá unha charla sobre o Método Hipopresivo: home, mulleres, saúde e actividades físicas.
Moitas ventaxas e ningunha desventaxa, son as que ten este método. Unha forma tranquila de facer exercicio e levar un estilo de vida saudable.
Animádevos e achegádevos.

Inauguración das obras de mellora no local de Ecuador


O pasado venres, tivo lugar a inauguración das obras de mellora do entorno no noso local, sito na Rua Ecuador nº 34.


O Alcalde de Vigo  Abel Caballero, acompañado de boa parte dos seus concelleiros; inaugurou o pasado viernes, 15 de Marzo as obras de mellora executadas nol entorno do local social da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

O Alcalde indicou que o local quedou "moi ben", e que o concello "cumpliu un papel notable" coa reforma.

Así mesmo, o presidente da Agrupación, Roberto Giráldez agradeceu a alcalde o esforzo realizado nestos tempos de crisis, para solucionar os graves problemas de filtración de augas e humidade no citado local. Tamén salientou que este espacio habilitado, irá destinado a fins deste colectivo cultural de Vigo.

lunes, 18 de marzo de 2013

Boletín informativo de mes de Febreiro


Novas, próximos eventos, actividades, cursiños...toda a información que queirades saber da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, a podedes conseguir mediante o noso boletín mensual.


Un mes de febrero cheo de trabajo, novos proxectoss, próximos festivais....días de traballo dos que esperamos obter grandes resultados.

O boletín mensual da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo é unha forma de mostrar a población o noso traballlo. Todo o que realizamos é mantendo sempre os nosos obxetivos, que son promocionarla cultura e o deporte por enriba de todo.

O próximo mes, máis novedades e a mellor información cultural, da cidade de Vigo.

sábado, 16 de marzo de 2013

Teatro Musical no CCA Rueiro

Hoxe, gran de tarde de Teatro Musical, grazas o Centro Cultural Artístico Rueiro, que organiza unha actuación do grupo Jardiel Poncela.
 O Grupo Jardiel Poncela, representará o tan coñecido musical "Mamma Mia" de Abba Gold.
A actuación será no Complexo Parroquial do Cristo da Victoria,  hoxe, sábado 16 de marzo, ás 20:15 horas.

Será unha gran actucaión a que estades invitados, para disfrutar e aproveitar unha tarde dun sábado chuvioso.
Animádevos e achegádevos.

lunes, 11 de marzo de 2013

IX Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Outro ano máis,  a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos o Encontro Folclórico, na sua IX edición.

Gaitas, pandeiretas, bailaríns...o folclore galego posto sobre o escenario e representado por grandes grupos e grandes artistas.
A Agrupación continuamos co noso afán de promover a cultura galega pola cidade de Vigo. Con esta, xa é a IX edición do Encontro Folclórico, na que participan grupos de música e baile tradicional galego pertencentes os nosos colectivos.

A primera parte do Encontro Folclórico deste ano, será o domingo 24 de marzo, no auditorio da SCDR Helios de Bembrive, ás 18 horas.
Os grandes grupos que actuarán neste festival serán:
- Grupo de baile da SCDR Helios de Bembrive
- Grupo A Buxaina, do CRAC de Coruxo
- Grupo da S.F. Os Ventos de Comesaña
- Grupo da A.F. Asubío

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo invitámosvos a todos a que veñades disfrutar desta fantástica tarde de folclore, na que non faltará a boa música e baile galego.

miércoles, 6 de marzo de 2013

Actos conmemorativos os 150 anos de Cantares Galegos

 Rosalía de Castro foi, é e será unha lenda, non se trata soamante dunha figura importante para o galego e a sua difusión o longo da historia. Por todos estes motivos, o Concello de Vigo, quere render homenaxe a estes 150 anos de Cantares Galegos.

Fai 150 anos, con moito esforzo e sabiduría, esta muller galega realizou unha obra que permacería viva o longo dos anos.
Moitos son os actos, actividades e homenaxes que o Concello ten preparados durante estes meses, para que rememorar a este gran personaxe galego. 
O programa que se levará a cabo no mes de marzo será o seguinte:
- Venres, 8 de marzo- Día Internacional da Muller
10:00, no Concello de Vigo: Pleno do Consello Municipal da Muller
17:00, no CRAC de Coruxo; e ás 19:00, na ludoteca de Valladares: Contacontos- Rosalía, unha meniña

- Sábado, 9 de Marzo
20:00, na Praza da Constitución: Festa polo Día Internacional da Muller

- Venres, 15 de Marzo
17:00, no C.C. Beade; e ás 18:30, no C.C. Nautilus de Comesaña:  Contacontos- Rosalía, unha meñina

- Sábado, 16 de Marzo
11:30, no Mercado do Calvario: lecturas nos mercados

- Xoves, 21 de Marzo: Día Mundial da Poesía
19:00, na Farola de Urzaiz: Rosalía noutras linguas

- Venres, 22 de Marzo
20:00, audición das Escolas Municipais de Música

- Sábado, 23 de Marzo
11:30, no Mercado de Teis: lectura nos mercados

Como podedes ver un mes de marzo cheo de pequenos homenaxes a esta gran autora, para que toda a cidadanía poidamos participar e rememorala.
Dende o mes de feberiro ata o mes de maio, haberá eventos tódalas semanas. A Agrupación, vos manteremos informados, de todos eles para que poidades asistir e participar. Pois todos temos moito que agradecer a Rosalía de Castro.