lunes, 11 de marzo de 2013

IX Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Outro ano máis,  a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos o Encontro Folclórico, na sua IX edición.

Gaitas, pandeiretas, bailaríns...o folclore galego posto sobre o escenario e representado por grandes grupos e grandes artistas.
A Agrupación continuamos co noso afán de promover a cultura galega pola cidade de Vigo. Con esta, xa é a IX edición do Encontro Folclórico, na que participan grupos de música e baile tradicional galego pertencentes os nosos colectivos.

A primera parte do Encontro Folclórico deste ano, será o domingo 24 de marzo, no auditorio da SCDR Helios de Bembrive, ás 18 horas.
Os grandes grupos que actuarán neste festival serán:
- Grupo de baile da SCDR Helios de Bembrive
- Grupo A Buxaina, do CRAC de Coruxo
- Grupo da S.F. Os Ventos de Comesaña
- Grupo da A.F. Asubío

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo invitámosvos a todos a que veñades disfrutar desta fantástica tarde de folclore, na que non faltará a boa música e baile galego.

No hay comentarios: