viernes, 22 de marzo de 2013

IX Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Bailaríns, pandeiretas, gaitas, tamboriles...grandes grupos e grandes artistas son os que actuarán na primeira parte do IX Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

Este domingo 24 de Marzo, ás 18 horas no auditorio da SCDR Helios de Bembrive, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo celebraremos o primeiro Encontro Folclórico deste ano 2013.
Disfrutaremos dunha tarde de música e baile tradicional galega, grazas os grandes grupos que subirán o esceario:
- Asubío
- A Buxaina
- Os Ventos de Comesaña
- Banda de gaitas Charamuscas

A Agrupación queremos convidarvos a todos a disfrutar deste gran evento. Un festival no que se mostrará a calidade e o alto nivel dos grupos folclóricos vigueses. 
Esperámosvos a todos na primeira parte do IX Econtro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

No hay comentarios: