lunes, 29 de abril de 2013

Oferta de Emprego


A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo ademáis de pensar na  difusión da cultura, centrámosnos na ciudadanía e pensamos como podemos axudar directamente ás persoas. Por iso, mediante o Plan de Emprego Municipal 2013 ofertamos un posto de traballo.
En cumprimento das bases do Plan de Emprego Municipal 2013, adxuntamos perfil de posto de traballo solicitado a maiores das renovacións do Plan de Emprego Municipal 2012:

Necesitamos Auxiliar Administrativo con titulación mínima de Ciclo Superior ou similar.
-Coñecementos profesionais relacionados coa tramitación de subvenciones e trámites administrativos relacionados con Administraciones Públicas.
-Deseño e xestión de publicidade e comunicación.
-Experiencia demostrable de 2 anos.
-Disponibilidade horaria. 
-Valórase coche propio.
-Debe estar censada no concello de Vigo
-Dado de alta no INEM, cun plazo mínimo de 3 meses

Os/as interesados/as enviar Curriculum Vitae á dirección de correo electrónio: acculturaisvigo@yahoo.es

viernes, 26 de abril de 2013

Campionato Provincial de Patinaxe Artística, en Valladares

Horas e horas de entrenamento, forza, pasión, sufrimento...os rapaces e rapazas que mañán participarán no Campionato Provincial de Patinaxe Artística pasaron por todas estas facetas nos seus anos de vida. Dende moi pequenos entrenan, para chegar e concursar en campionatos tan prestixiosos como o que mañán terá lugar en Valladares.

Mañán, sábado 27 de Abril, a partir das 10 da mañán, celebrarase o Campionato Artístico Provincial de Patinaxe Artística sobre rodas. Está organizado polo Club de Patinaxe Artística de Valladares.
No concurso poderemos disfrutar das modalidades de libre, parellas e figuras obligatorias, nas categorías de cadete a senior.
Un verdadeiro espectáculo deportivo é o que se vivirá mañán, no Pavillón Polideportivo de O Pedregal, en Valladares. 
Os rapaces participantes, demostrarán moita forza e unha gran perfección nas suas coreografías. Por iso merece a pena asistir e disfrutar das intervencións destes grandes patinadores.


Moxenas en concerto

O C.C.A. Rueiro de Coia continúa traballando día a día,e semana a semana na promoción da cultura na cidade de Vigo. Cada fin de semana organizan algún evento para o disfrute e o entretenemento de todos nós. 

¿Quen non coñece o gran grupo Moxenas Musical Galego? Os seus concertos non se trata soamente de actuacións, se non que son grandes espectáculos. 
Se nunca os escoitastes, ou queredes asistir a un concerto de Moxenas, poderedes facelo grazas o C.C.A Rueiro de Coia.

Mañán sábado 27 de Abril, ás 20:30 horas, na Igrexa do Cristo da Vitoria, actuará o gran grupo "Moxenas Musical Galego", grazas o C.C.ARueiro de Coia, que foi o organizador deste concerto. A Actuación será unha homenaxe a Henrique Otero.
Non vos podedes perder este gran espectáculo. Moxenas en concerto, na igrexa do Cristo da Vitoria.

Día Internacional da Danza


Esta mañán tivo lugar a presentación do Día Interncional da Danza. O Concelleiro de Cultura Cayetano Rodríguez e o noso presidente Roberto Giráldez, nos informaron do acto que terá lugar este Domingo, en homenaxe a Georges Noverre, bailarín franés do siglo XVIII.


Este Domingo 28 de Abril, ás 12 horas, en cinco lugares emblemáticos da cidade de Vigo, actuarán varios grupos para celebrar o Día Internacional da Danza.

Os lugares nos que poderedes disfrutar das actuaciones e os grupos que actuarán son:
- Alameda de Bouzas: G.F.Os Ventos de Comesaña; G.F. Semente Galega
- Rúa Peonil do Calvario: A.F.Andarela; A.F. Traspés
- Praza do Emigrantes: A.F.Asubío; A.F. Queixumes
- Sanjurjo Badía/Enrique Lorenzo: A.F. Lembranzas Galegas; G.F. Helios de Bembrive
- Montero Ríos/ Pablo Morillo: G.F.Airiños do Coto; G.F. Atlántida de Matamá; G.F Cotogrande- Cabral

Como podedes ver, esta é unha mostra máis da forza cultural coa que conta a cidade de Vigo. O Día Internacional da Danza, é unha data celebrada en todo o mundo, elixindo as cidades mais importantes para realizar os actos. 

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, como organizadores deste evento, invitámosvos a todos a que disfrutedes deste día da Danza, acercándovos a valorar e a ver as magníficas actuacións que os noso grupos folclóricos realizarán.

martes, 23 de abril de 2013

IV Andaina en Valladares

¿A quen non lle gusta coñecer a sua parroquia dunha forma diferente, dunha forma profunda, camiñando polos seus camiños e valorando as suas riquezas arquitectónicas? Se estás interesado en coñecer a parroquia de Valladares, participa na IV Andaina que o CVC de Valladares organiza.



Este sábado pola mañán, poderás disfrutar da maravillosa parroquia de Valladares, percorrendo as suas ruas e os seus lugares máis emblemáticos grazas a esta andaina e para repoñer forzas despois da camiñata, nada mellor que unha comida todos xuntos.
O CVC de Valladares organiza a IV Andaina en Valladares. Serán 26.5 km, con dificultade media. Haberá tres roteiros difetentes, cada un deles comeza e remata no CVC de Valladares. O prezo para os adultos é de 13 euros, para os nenos de 6 a 13 anos será de balde.

Para participar soamente tes que achegarte ou chamar o CVC de Valladares o número: 986467053, aquí recibirás toda a información que precises e poderás facer a tua inscripción.
A data límite para inscribirse é o día 25 de Abril, ás 21:30 horas.
 O CVC de Valladares anímate a que participes na IV Andaina en Valladares.

viernes, 19 de abril de 2013

5º Aniversario do Banco do Tempo no CVC de Valladares

O Banco do Tempo, un proxecto moi complicado que require moitas horas de traballo e organización para poder realizalo correctamente. Grazas a este esforzo  o CVC de Valladares conseguiu que o seu banco do Tempo cumpra 5 anos.

Mañán, 20 de Abril, ás 17 horas, comezan os actos para celebrar o 5º aniversario do Banco do Tempo do CVC de Valladares:
13:30 horas- Xuntanza/Xantar. Cada un levará a sua propia comida
17:00 horas- Expo- Troco
18:00 horas- Actos varios
19:00 horas- Representación Coreografía Grupal
20:00 horas- Apagaranse as velas da tarta do banco de Tempo e despois merendola, que se realizará grazas os pinchos que os usuarios leven

Vide a disfrutar e coñecer o Banco do Tempo do CVC de Valladares. ¡Será divertido!

miércoles, 17 de abril de 2013

Ciclo de Actuacións Vocalitis


A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, gústanos innovar, organizar e realizar novos proxectos. Como novidade deste ano 2013, organizamos un Ciclo de Actuacións do grupo Vocalitis, polos Centros Culturais que se atopan entre os nosos colectivos.

Vocalitis, un grupo máis que coñecido por moitos de nós; un gran grupo de artistas por descubrir para todos os que non o coñezades.
Non se trata só dun grupo de bos cantantes. Vocalitis é un grupo de grandes músicos, que nos axudan a escoitar a música dunha maneira diferente. Sentimos a música dunha forma profunda, grazas ás increíbles voces destes artistas.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, queremos que todos vós teñades a oportunidade de coñecelos e disfrutar dos seus excelentes concertos. Por isto, ó longo deste ano 2013, o grupo Vocalitis actuará en cada un dos Centros Culturais que nos forman.

Ciclo de Actuacións Vocalitis, organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo está a punto de comezar. Xa está ahí a oportunidade de disfrutar deste excelente grupo de ópera, con un toque innovador.
Este Domingo, 21 de Abril, ás 20:00 horas no C.C.D Atlántida de Matamá, terá lugar a primeira actuación do Ciclo de Actuacións Vocalitis. 

A Agrupación como organizadora do evento, xunto có C.C.D. Matamá como colaborador,  invitámosvos a asistir a este gran concerto.
Recordade, este Domingo, no C.C.D Matamá, tedes unha cita á que non podedes faltar.

jueves, 11 de abril de 2013

Segunda Parte do IX Encontro Folclórico


Despois do éxito da primera parte do IX Encontro Folclórico, celebrado o pasado Marzo na SCDR Helios de Bembrive, a segunda parte xa está ahí, para facernos disfrutar a todos de novo, cos grandes grupos e grandes artistas que actuarán.


Corisco, Rueiro, Froles Novas e Ledicias, estes fantásticos grupos de folclore gallego, son os que paraticipán no próximo Encontro Folclórico que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos.
domingo 28 de abril, ás 18 horas, no auditorio do CVC de Valladares, celebraremos a segunda parte do Encontro Folclórico, grazas a colaboración do Centro Cultural e Veciñal de Valladares.

O Encontro Folclórico, trátase dunha perfecta ocasión para disfrutar dos grupos folclóricos da cidade de Vigo, grazas os seus bailes, os seus traxes, a súa posta en escea. Ademáis de para valorar o traballo que durante todo o ano realizan.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, invitámosvos a segunda parte do IX Encontro Folclórico, á que non podedes faltar. ¡Esperámosvos!

martes, 9 de abril de 2013

I Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

¿Cantos de vós sabedes tocar algún instrumento de percusión tradicional: pandeireta, bombo, tambor...e o mesmo tempo que tocades, cantades cancións tradicionais galegas? Se sabedes facer unha ou as duas cousas, animádevos e participade no I Concursode de Canto e Percusión Tradicional Traspés.

Unha agrupación de mozos e mozas novas, na que predomina o bo ambente e as ganas traballar e innovar, estes son a Asociación Cultural Traspés. 
Asociación que o vindeiro 12 de maio, organiza o I Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, o cal será celebrado no Auditorio do Novacaixagalicia de García Barbón.
Todos os que queirades inscribiros non tedes máis que cubrir correctamente a folla de inscripción e enviala o correo electrónic:. traspes@traspes.com , tendo de plazo para facelo ata o 30 de abril.
As bases do concurso e a folla de inscripción poderedes atopalas na páxina da Asociación Cultural Traspés: www.traspes.com
Se tedes dúbidas, ou queredes aclarar algo non tedes máis que chamar o número: 629049802 (Carlos).

Animádevos e participade no I Concurso de Canto e Percusión Tradicional organizada pola Asociación Cultural Traspés para todo nós.

lunes, 8 de abril de 2013

Charla sobre Nutrición no CRAC de Coruxo

Agora que chega o bó tempo, todo o mundo pensa en como facer unha dieta adecuada, como levar unha vida saudable, que alimentos son beneficiosos para o noso organismo e cales perxudiciales...para resolver todas estas dudas, nada mellor que asistir a unha charla de nutrición como a que haberá no CRAC de Coruxo.


Mañán 9 de abril, ás 18 horas, no salón de actos do CRAC de Coruxo poderemos aprender grazas a Charla sobre Nutrición. Charla organizada, polo Concello de Vigo e a Concellería de Xuventude.

Nutrición é un tema do que todos deberíamos saber uns coñecementos básicos, para poder levar unha vida saudable nós, e os nosos seres queridos.
O CRAC de Coruxo, danos a oportunidade de aprender moito sobre a alimentación saudable, de forma gratuíta. Aproveitade, e non deixedes escapar a ocasión!

jueves, 4 de abril de 2013

"El Alucinante Mundo de Norman". Cine infantil no CCRA Rueiro

O Centro Cultural Recreativo e Artístico Rueiro, continua co seu afán de realizar actividades interesantes para todos os públicos, dende os maiores ata os máis pequenos da casa. 

Este fin de semana, tócalle disfrutar os máis pequenos coa gran película "El Alucinante mundo de Norman". Unha película para público infantil, que conseguirá sacar a sonrisa dos nenos e nenas que se acheguen a mirala, facéndolle pasar un rato divertido.

Este sábado, 6 de abril, ás 17:30 horas, no salón de actos do Complexo Parroquial do Cristo da Victoria, será filmada este apasionante película de aventuras infantís.

Nenos e nenas, convencede os vosos maiores para que o sábado vos acompañen o Complexo Parroquial Cristo da Victoria, e así disfrutar co filme "El Alucinante Mundo de Norman".

martes, 2 de abril de 2013

150 anos de Cantares Galegos. Programa da Maratón Alumea a tua lingua!

150 ano de Cantares Galegos de Rosalía de Castro, unha gran obra e unha gran poeta e novelista que marcaron o antes e o despois da lingua galega.


O Concello de Vigo, quere conmemorar  os 150 anos de Cantares Galegos, mediante a realización de actos e actividades educativas. Lévanse realizando e realizaranse dende o mes de Febreiro ata o mes de Maio.

No mes de abril poderemos disfrutar dos seguintes eventos:
- Martes día 2 : Día do libro infantil e xuvenil
17:00 horas, na biblioteca Neira Vilas, contacontos dramatizado. Rosalía, unha meñina

- Xoves día 4 
20:00 horas, na Editorial Elvira (Rua Santiago 11). "Reconquistando espazos para a lingua"

- Venres día 5
17:30 horas, no C. Cultural de Coia, contacontos dramatizado. Rosalía, unha meñina

Sábado día 6
11.30 horas, no Mercado do Berbés. Lecturas nos mercados
12:15 horas, no paseo de Alfonso XII, paseo polo Vigo de Rosalía

- Mércores día 10
19:00 horas, no Centro de Documentación e Recursos Feministas, presentación do libro "Canon y subversión. La obra narrativa de Rosalía de Castro"

- Venres día 12
16:00 horas, no CRAC de Coruxo. Maratón musical, para nenos/as maiores de 8 anos
17:00 horas, na ludoteca de Lavadores, contacontos dramatizado, Rosalía unha meniña
19.00 horas, no CVC de Valladares. Maratón Musical, para nenos/as maiores de 8 anos

- Sábado día 13
11:30 horas, no Mercado de Bouzas, lecturas nos mercados
13:30 horas, no restaurante Ouxo. Regueifada por Luis Caruncho e os seus alumnos

- Martes día 16
19:30 horas, na Casa Galega da Cultura. Charla sobre "Vigo. A capital do rexurdimento"

- Xoves día 18
20:30 horas, no café de Catro a Catro. Lectura de poemas de Rosalía "Comparte os teus poemas"

- Venres día 19
16:15 horas, no C.Cultural de Beade. Maratón musical
20:30 horas, no auditorio Martín Códax. CSM. Concerto Nuria Lorenza e Carlos Enrique Pérez

- Sábado día 20
17:00 horas, no C.Cultural Nautilus. Maratón Musical
20:00 horas, no Auditorio Martín Códax, CSM. Concerto "Rosalía 21"

- Domingo día 21
12:30 horas, no Verbum. O Repoludo Gaiteiro

- Martes día 23: Día do libro
18:00 horas, na Biblioteca Neira Vilas. Hip-Hop de Rosalía
20:00 horas, no Auditorio do Concello. Nova edición de Cantares Gallegos

- Xoves día 25
18.00 horas, na Biblioteca Neira Vila. Ola Ríos, Ola Fontes

- Venres día 26
17:00 horas, en Vilaverde Zamáns, remate da camiñata do Curso de Auga Doce. "Muíño dos Castañares"
19:00 horas, en Vilaverde Zamáns. muiñada e serán

- Sábado día 27
20:30 horas, detrás do MARCO. A Hostia en verso

- Sábado día 30
19:30 horas, na Rua Príncipe. Alumea a lingua. Animación a carga de A.V. Casco Vello
23:00 horas, no Casco Vello. Explicaión da matafórica de alumear as leiras cos fachos. Alumea a lingua

Como podedes ver, unha gran cantidades de actividades educativas e divertidas, realizaranse durante o mes de abril, en toda a cidade de Vigo.
Animádevos, participade e Alumea a tua lingua!