martes, 9 de abril de 2013

I Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

¿Cantos de vós sabedes tocar algún instrumento de percusión tradicional: pandeireta, bombo, tambor...e o mesmo tempo que tocades, cantades cancións tradicionais galegas? Se sabedes facer unha ou as duas cousas, animádevos e participade no I Concursode de Canto e Percusión Tradicional Traspés.

Unha agrupación de mozos e mozas novas, na que predomina o bo ambente e as ganas traballar e innovar, estes son a Asociación Cultural Traspés. 
Asociación que o vindeiro 12 de maio, organiza o I Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, o cal será celebrado no Auditorio do Novacaixagalicia de García Barbón.
Todos os que queirades inscribiros non tedes máis que cubrir correctamente a folla de inscripción e enviala o correo electrónic:. traspes@traspes.com , tendo de plazo para facelo ata o 30 de abril.
As bases do concurso e a folla de inscripción poderedes atopalas na páxina da Asociación Cultural Traspés: www.traspes.com
Se tedes dúbidas, ou queredes aclarar algo non tedes máis que chamar o número: 629049802 (Carlos).

Animádevos e participade no I Concurso de Canto e Percusión Tradicional organizada pola Asociación Cultural Traspés para todo nós.

No hay comentarios: