viernes, 31 de mayo de 2013

Axenda cultural fin de semana


Aquí vos deixamos a axenda das actividades organizadas polas polos nosos colectivos para esta fin de semana: Canto, Baile, Percusión e Humor ...Disfrutade!

Sábado, 1 de xuño ás 13:00: "Moxenas Musical Galego" no Palco do Adro de Sárdoma. 

Organiza: Federación Veciñal "Eduardo Chao"

Sábado, 1 de xuño ás 20:00h: Festival de Primavera 2013 "Longueira e o seu Grupo" no Salón de Actos do Complexo Parroquial do Cristo da Vitoria.

Organiza: Centro Cultural Artístico " Rueiro "


Domingo, 2 de xuño ás 20:00h.:"Odaiko Percussion Group" no Auditorio do C.V.C. Valadares.

Organiza: C.V.C. Valadares


Domingo, 2 de xuño ás 20:00h.:" Tanxedoras " no Auditorio do C.V.C. Valadares.

Organiza: C.V.C. Valadares



martes, 28 de mayo de 2013

BOLETÍN OFICIAL ABRIL - MAIO 2013

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais desenrola unha labor encamiñada a difundir cultura a toda a cidadanía viguesa.
Cada mes publicamos un boletín coas actividades e eventos máis destacados para poder compartir con todos vós.
Aquí tedes un resumo das actividades do mes de abril e maio: O Día Internacional da Danza, Encontro Folclórico e o Festival Musical, entre outros.

viernes, 24 de mayo de 2013


AXENDA CULTURAL FIN DE SEMANA

Centro Cultural e Veciñal de Valladares

Sábado 25 de maio ás 21h.: Concerto de Corais no que actuarán a Coral Polifónica do CVC Valladares e a Coral " Novos Bardos " de Freixo.

Domingo 26 de maio, ás 18:30h:   Festival Galego de Coros Infantís e Xuvenís. Entrada libre !




lunes, 20 de mayo de 2013

Festival Musical

Festival Musical

Os grupos de baile moderno S.C.R. Helios de Bembrive, S.C.D. Atlántida de Matamá e C.S.C.R. de Beade actuarán no Festival Musical que se celebrará este domingo, 26 de maio ás 16h. no Auditorio da S.C.D. " Atlántida de Matamá "

Agardámosvos !

jueves, 16 de mayo de 2013

Celebración do Día das Letras Galegas no CVC de Valladares

Nun día tan importante como é o 17 de Maio, o CVC de Valladares organizará en colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, un bonito evento para homenaxear a Roberto Vidal Bolaño, e a todo o que este día representa par a lingua e a cultura galega.
Mañán, ás 20 horas no CVC de Valladares, vide disfrutar do cantautor Tino Baz, o cal nos deleitará cunha impecable actuación.

Tino Baz, cantautor guardés, na actualidade Baz combina as actuacións có campo da didáctica, como mestre de gaita e pandeireta en diferentes lugares da bisbarra do Baixo Miño. Asimesmo, no eido do ensino, imparte charlas e da Concertos didácticos polos colexios con instrumentos populares galegos, facéndolle chegar ós nenos unha mensaxe de carácter divulgativo e pedagóxico. Experiencia docente que ten espallado por todo o país, máis tamén por terras andaluzas.

Vide celebrar o 17 de Maio o día das Letras Galegas, no CVC de Valladares.

miércoles, 15 de mayo de 2013

Festival Musical da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Música, baile e espectáculo...todo isto define o Festival Musical que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos outro ano máis.


Este domingo, 19 de Maio na SCDR Helios, celebrarase o Festival Musical. Nel participarán dous grupos de baile moderno dispostos a facernos disfrutar cos seus bailes:
- Grupo Flashdance da CCR Cabral
- Grupo As Sereas do CVC de Valladares
 
Se queredes disfrutar con bailes perfectamente intepretados, o son de música actual e cun vestiario máis que coidado. Este Domingo pasade pola  SCDR Helios de Bembrive, ás 18 horas e vide disfrutar do espectáculo.

sábado, 11 de mayo de 2013

Firma Convenio entre ACDC e o Concello de Vigo


A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, seguimos co noso obxectivo de difundir a cultura por toda a cidade de Vigo. Nesta ocasión facémolo grazas o convenio que firmamos co concello de Vigo.

O noso presidente Roberto Giráldez e o alcalde de Vigo Abel caballero, firmaron onte un convenio de 13500 euros, para a realización de 34 actuacións de grupos de canto e música tradicional galega e 6 actuacións de teatro.

Todas estas actuacións serán realizadas por grupos da cidade de Vigo, grupos dos colectivos que forman a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Estas actuacións terán lugar polas parroquias e o centro de Vigo.

"A Semana de Teatro Afeccionado" e "Vente con nós", son os programas financiados por este convenio. 17 grupos tradicionais galegos e 6 de teatro, serán os que nos ofrecerán o seu espectáculo en diferentes zonas desta cidade, o largo deste ano 2013.

viernes, 10 de mayo de 2013

I Concurso de Canto e Música Tradicional Traspés


Se alguén pensa que a música, o canto e o baile tradicional galego están en declive, eventos como o "I Concurso de Canto e Música Tradicional" demostran que en estos momentos está mellor que nunca. Todo elo gracias a colectivos como a Asociación Cultural Traspés, organizadora  deste concurso, coa colaboración da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo e a Diputación de Pontevedra.

Este Domingo 12 de Maio, celebrarase no Centro Cultural Novacaixagalicia, o "I Concurso de Canto y Música Tradicional Traspés". Será pola mañán a partir das 11 horas e pola tarde a partir das 17 horas.
Douscentos integrantes de máis de 33 asociacións folclóricas diferentes e de diferentes lugares da xeografía galega, participarán neste evento. Cantareiros e cantareiras de moitas idades, que se dividirán en tres categorías: ata os 11 anos; de 12 a 16 anos e de 17 en diante.

Os grupos participantes e as categorías son as seguientes:
Categoría A (Ata os 11 anos)
 1. AS PEQUERRECHAS, da A.C. Froles Mareliñas (Chapela)
2. CARAVELIÑAS, da A.C.A. de Dorrón (Sanxenxo)
3. CANTARUXA, da A.X.Xiradela (Arteixo)
4. ESCOLA DE PANDEIRETA, do CEIP do Hío (Cangas do Morrazo)
5. TITIRITEIRAS, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
6. CARAMUXIÑAS, da A.F.Vento Mareiro (A Guarda)
7. SOALLEIRIÑOS, da A.C.A.de Dorrón (Sanxenxo)
8. AS FERRIÑAS BRAVAS, da escola da A.C.F. O Fiadeiro (Vigo)

Categoría B (De 12 a 16 anos)
 1. A FLOR DE MOURISCADOS, da A.VV. Millo Mouro (Mouriscados)
2. FAISCAS, da A.C. Mámoa de Luou (Teo)
3. A.C. SEIXEBRA, (Moraña)
4. LANZALÍA, da S.C. O Castro (Miño)
5. RUEIRO, do C.C.A. Rueiro de Coia (Vigo)
6. MENIÑAS,  da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
7. PANDERETEIRAS DA A.C. FROLES MARELIÑAS,  (Chapela)
8. LINA E LOLA DO MORRAZO, do C.E.I.P. do Hío (Cangas do Morrazo)
9. GRUPO B,  da A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo)

Categoría C (De 17 anos en diante)
 1. GRUPO A, da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos (Santiago)
2. PANDERETEIRAS SADEO, (Ponteareas)
3. TARABELA, da A.X. Xiradela (Arteixo)
4. CORDOEIRAS, da A.Vento Mareiro (A Guarda)
5. BARALLOCAS, da A.C. O Amanexo (Oleiros)
6. LAGHARTEIRAS,  da A.C.F. As Lagharteiras (Mos)
7. ALDOMIR,  da A.C. A Mámoa de Luou (Teo)
8. DOBANDOIRAS, da A.C.Charrúa de Fornelos da Ribeira (Salvaterra)
9. C.C. A PONTE VELLA DE REIS,   (Teo)
10. MALVEIRAS, da A.C. Malveiras de Carril (Vilagarcía de Arousa)
11. AS CHARNECAS, do G.F. O Freixo (Salceda de Caselas)
12. LILAINA,  da S.C. O Castro (Miño)
13. PANDERETEIRAS DO SOBREIRO DE BORREIROS,  da A. San Martiño de Borreiros (Gondomar)
14. TAHÚME, do G.B.M.T. Tahúme de Olveira (Ribeira)
15. PANDERETEIRAS DA A.C. ROSALÍA DE CASTRO DE CACHEIRAS, (Teo)
16. TRÉBEDE,  da A.C. Loaira (Marín)

Trátase dunha gran iniciativa nunca antes vista en Vigo, unha forma de manter e difundir a cultura galega, dunha forma diferente.
Este Domingo será un gran día para todos os que vivimos e valoramos a cultura galega. Se queredes disfrutar dun verdadeiro espectáculo, achegaros ata o Centro Cultural Novacaixagalicia.

martes, 7 de mayo de 2013

Celebración das Letras Galegas co CCAR Rueiro de Coia

"17 de Maio, Día das Letras Galegas" un día tan importante para a lingua galega non pode quedar sen festexar nos centros culturais, asociacións e entidades da cidade de Vigo. O CCAR Rueiro de Coia, o movemento cidadán "O noso barrio" e a asociación de mulleres "Dorna" quere celebrar con todos nós este día cunha amplia programación.

Roberto Vidal Bolaño, será o homenaxeado este ano 2013 no Día das Letras Galegas. Para elo o barrio vigués de Coia conta cunha programación da cal poderemos disfrutar todos e todas:
- Sábado 11 de Maio
Teatro no barrio. Ás 20:30 horas, no salón de actos do complexo parroquial do Cristo da Vitoria. Actuará o grupo de teatro "Atlántida de Matamá" coa obra "Visións dun cego"

- Domingo 12 de Maio
Actuación da coral "Santa Calra de Lavadores" , ás 19:30 horas na igrexa parroquial do Cristo da Vitoria

- Martes 14 de Maio
Charla coloquio sobre Roberto Vidal Bolaño, a cargo de Xosé María Moreno, ás 20:00 horas no salón de actos do Complexo Parroquial do Cristo da Vitoria

- Xoves 16 de maio
Noite das letras galegas, lectura de obras, poemas...No salón de actos do Complexo Parroquial do Cristo da Vitoria, ás 22:00 horas

Ninguén de nós, podemos perder a celebración do Día das Letras Galegas, é unha data importante para Galicia, e as asociacións de Vigo, están preparadas para celebrala como se merece.