viernes, 21 de junio de 2013

Axenda Cultural Fin de Semana

NOITE DE SAN XOÁN

San Xoán – Casco Vello


Venres 21: Charla sobre as hervas de San Xoán ás 21:00h. no Centro Cívico do Casco Vello na Rúa Oliva.
Sábado 22:  Recollida de hervas  de San Xoán dende o local da Asociación de Veciños de Candeán. 
Domingo 23:, Obradoiro de Danzas do Mundo as 22:00h. Aquelarre ás 23:30h. co  Bruxo Queimán e a partir das 24.00 h. encendido da tradicional fogueira de San Xoán. 

San Xoán – Beade ( Na explanada do instituto de Beade.)

Domingo 23: Ás 16.30 h. realizaranse diferentes xogos para os máis cativos e ás 17h. haberá inchables. De 20.00h. a 23.00 h. os asistentes poderán disfrutar dunha gran sardiñada e ás 23.00 h. comezará a actuación dunha orquestra. Ás  00.00 horas todos os asistentes podrán degustar unha queimada arredor da fogueira.

San Xoán – Alcabre ( Torreiro da Igrexa vella )

Domingo 23: A partir das 20.00 h. terán lugar as actuacións dos seguintes grupos:
-Escola de Pandereteiras Tarambainas de Lavadores 
-Pandereteiras Ghandainas da A.V.V. Nosa terra de Alcabre 
-Grupo Folclórico Nais de Anaquiños de Chapela 
-Grupo de Hip-Hop Verso Libre 
-Grupo musical Sehiva 

            Además tamén haberá animadores infantís e poderán degustarse sardiñas e chourizos asados. A medianoite terá lugar o encendido da fogueira de San Xoán. 

San Xoán – Balaídos (Explanada do estadio de fútbol )

Domingo 23: Degustación dunha Sardiñada Popular / Queimada. A noite estará amenizada pola orquestra Ceniza, que se encargará de animar a festa ata altas horas da madrugada. Ás 00:00h terá lugar o prendido da Gran Fogueira Virtual.

San Xoán  - Coruxo ( Torreiro da festa )



Domingo 23: Sardiñada amenizada polas Escolas de Música tradicional do CRACC e o grupo Zurrumalla a partir das 22.00h. Prendido da fogueira ás 00:00h. para espantar aos malos espíritus e dar comezo ó verán. 

San Xoán – Valladares ( Freixo )



Sábado 22 : Verbena á cargo das orquestras Quinta Avenida  e Alabama. 

Domingo 23:  ás 13.00 h. terá lugar a celebración da misa solemne seguida da tradicional procesión. A continuación a Banda Unión Musical de Valladares ofrecerá un concerto. 
Pola noite os asistentes poderán degustar unha gran sardiñada popular previa o comezo da verbena, que estará amenizada polo grupo Aramio e a Banda Unión Musical de Valladares. A medianoite encenderase a monumental fogueira e realizarase un espectáculo de pirotecnia.
Luns 24, Pasarúas a cargo da charanga Vaite Xa e ás 12.30 h. oficiarase a misa solemne en honor a San Xoán, cantada por unha coral. A continuación, terá lugar o concerto da Banda de Música de Matamá. Pola tarde, ás 17.00 h., Cucañas Musicais coa Orquestra Cé Pantasma e ás 20.00 h. terá lugar a actuación do grupo tradicional A Papuxa. e do Grupo de Gaitas de Matamá. Pola noite a verbena de fin de festa estará amenizada polas orquestras Saudade 73 e Amistad. 

ACTUACIÓNS MUSICAIS – CENTRO CULTURAL VALADARES


            Este sábado, 22 de xuño, tedes as actuacións de A Folla da Hedra e A máquina que mete medo, a partir das 21h. no Centro Cultural de Valadares.


Bo comezo de verán a todos!!

viernes, 14 de junio de 2013

Axenda Cultural Fin de Semana

 Centro Cultural de Valadares

Este domingo, 16 de xuño, tedes as actuacións de Xavier Blanco e os Señores da Gaita a partir das 20h. no Centro Cultural de Valadares.


Xornadas do mexillón

Dende o 7 ao 29 de xuño, o Casco Vello de Vigo celebra a sexta edición das Xornadas do Mexillón. 23 establecementos que ofrecerán tapas de este saboroso molusco a tan sólo 1.5€


viernes, 7 de junio de 2013

Axenda Cultural Fin de Semana

Aquí vos deixamos a axenda das actividades para esta fin de semana: 

Festa da Cereixa de Beade.




Viernes 7, nol Auditorio ás 21.00 , Música de Acordeons a cargo de CSCR Beade  e as  21.30 Música Tradicional a cargo de Moxenas Musical Galego


Sábado 8, ás 17.00 nol Auditorio terá lugar o Festival Infantil de Danza e Ximnasia Rítmica. Ás 19.00 celebrarase unha misa ofrendada da cereixa, cantada pola Coral C.S.C.R Beade. Ás 21.00  terá lugar o monólogo de Manuel Manquiña,  e ás 21.45 , concerto da Banda Escuela de Música de Beade



Domingo 9, ás 11.00  terá lugar a actuación da charanga Costamekrelos de Bembrive,  e ás 11.30 horas, degustación gratuita de cereixas. Ás 12.30  procederase á lectura do pregón a cargo da escritora  Ledicia Costas  e o  finalizar farase a entrega dos premios ós ganadores dos Concursos e a Imposición das Cereixas de Ouro



Ás 17.00 , Festival Folclórico, e ás 19.00  terá lugar o Concurso de lanzamento de pepitas de cereixa. Ás 21:00, Fin de Festa cunha actuación sorpresa. 



Xornadas do Mexillón 







Dende o 7 ao 29 de xuño, o Casco Vello de Vigo celebra a sexta edición das Xornadas do Mexillón. 23 establecementos que ofrecerán tapas de este saboroso molusco a tan sólo 1.5€


Campamento Verán 2013

Todos os nenos e nenas de Vigo que queirades disfrutar ó máximo do verán, tedes a diversión asegurada nos campamentos urbáns que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organiza para este verán 2013.
Agardámosvos!






Reforzo escolar, inglés, xogos, obradoiros, saídas ... e moito máis !!
Podedes solicitar máis información no noso correo info@centrosculturaisvigo.es ou chamando ó 886 139 670.
Agardámosvos !