lunes, 30 de julio de 2012

Danza do Ventre, na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, seguimos traballando, para que o próximo curso 2012- 2013, poidades disfrutar das mellores actividades e cos mellores prezos.



Danza do ventre, esta actividade practicada principalmente por mulleres, dende fai uns anos todo o mundo a practica.
Trátase dunha danza, que elementos tradicionales de Oriente Medio, xunto con outros do Norte de África. Axuda a fortalecer os músculos abdominais, ademáis da flexibilidade dos osos da cadeira.

A Agrupación de Centrso Deportivos e Culturais de Vigo, ofrecemos esta actividade, para todos e todas aquelas que queiran practicala.
Sería os venres, de mañán: de 11 a 12:30 horas e pola tarde: de 19 a 20:30 horas. 
Para máis información o para matricularse, soamente tes que achegarse ata as nosas instalacións, Panamá 2; ou chamar o número: 886139670


viernes, 20 de julio de 2012

Clases de Steps na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

¿Xa sabes que actividade vas realizar cando acabe o verán?¿En que vas a ocupar o teu tempo no inverno? A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo xa estamos organizando os cursiños 2012- 2013, que ofreceremos no noso local. Pásate e informate.


Unha actividade cardiovascular e vez muscular, o Steps proporciona flexibilidade, resistencia aeróbica e forza física.
Unha actividade creado en 1990, co fin de realizar un traballo físico completo, realizando unha secuencia de exercicios que se basan en subir e baixar dun escalón.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, contamos con este e con outros moitos cursiños na nosa programación 2012- 2013.
Se queren recibir información sen ningún tipo de compromiso, non teñen máis que chamar o número: 886139670. Ou achegaros ata o noso local, na rúa Panamá 2 (enriba de Álvarez).

jueves, 12 de julio de 2012

Cursos 2012- 2013 da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Pilates, aerobic, steps, talleres de memoria, informática...moitas actividades son as que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais vos ofrecemos para o próximo cursos 2012/ 2013.


Agora que todo o mundo está de vacacións, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo xa estamos preparando os cursiños para o próximo curso académico que comenza en setembro.

Horarios de mañán e de tarde, múltiples actividades, precios adecuados a todo o mundo e grandes descontos,...como poden ver, todo coas nosas, todo son facilidades .
Se queren recibir información, ou inscribirse non teñen máis que achegarse ata o noso local, rúa Panmá 2 (enriba de Álvarez), ou chamar o número de teléfono: 886139670. Aquín informarémoslles de todo sen ningún compromiso.


Anímense, e participen nas nosas actividades, moitos dos alumnos do ano pasado, non dubidan en repetir neste curso 2012/ 2013.

jueves, 5 de julio de 2012

Serán, na festa da Cultura de Vigo

¿Aínda non tes plan para este fin de semana? ¿Non sabes a onde ir? A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo dámosche a resposta, este sábado e este domingo o teu lugar está na Festa da Cultura de Vigo.


Esta fin de semana, 7 e 8 de xullo, dende ás 10 da mañán ata ben pasada a noite, haberá festa para todos aqueles que o desexen.

O sábado pola noite, a partir das 23 horas, ata ás 2 da mañán, haberá un serán, no que poderedes participar todo aqueles que queirades. 
Aquel ou aquela, que lle guste tocar, bailar ou cantar, soamente ten que achegarse ata a Porta do Sol de Vigo, e acompañarnos na Festa da Cultura de Vigo 2012.
Haberá bocadillos de chourizo e chocolate gratis para tódolos asistentes.


Recordade que ademáis, haberá actuacións de forma continua, xunto con postos artesanais, exhibición de tenis de mesa, exposición sobre a Agrupación e os seus colectivos,...  dende ás 10:30 horas ata a noite, parando soamente dende ás 13:30 horas ata as 18:00 horas.

As partes máis resaltables desta festa son:
- Acto central de autoridades, sábado ás 12:30 horas
- Serán popular, sábado ás 23:00 horas
- Actuación de 150 gaiteiros da Agrupación, o domingo ás 13:30 horas
- Concerto de Son de Seu, o domingo ás 22:30 horas



Festa da Cultura de Vigo 2012

Hoxe, ás 11:30 tivo lugar a presentación da Festa da Cultura de Vigo 2012; presentouse o evento cultural máis importante da nosa cidade e de toda a comunidade.


A cidade de Vigo pode sentirse orgullosa, de ter a mellor Festa Cultural de toda Galicia, a Festa da Cultura de Vigo.

Unha iniciativa da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, na que durante dous días, lévanse a cabo actuacións de forma continua, dende a mañán ata a noite. Ademáis, o mesmo tempo haberá:
- Postos artesanais e talleres para nenos
- Exhibición de tenis de mesa, a cargo do equipo de tenis de mesa de Bembrive
- Exposición pola rúa, de paneis informativos sobre as nosas entidades
- Serán o sábado a noite
- Concerto de Son de Seu, o domingo ás 22 horas
- Concerto de 150 gaiteiros, nas escaleiras do MARCO o domingo ás 13:30 horas




Se queredes disfrutar disto e moito máis, este fin de semana, 7 e 8 de xullo, na Porta do Sol de Vigo, ven a disfrutar con nós da Festa da Cultura de Vigo 2012.

miércoles, 4 de julio de 2012

Son de Seu, na festa da Cultura de Vigo

Actuacións de forma continua, talleres para nenos, postos artesanais, serán e o gran concerto de Son de Seu, todo isto e moito máis terá lugar na Festa da Cutura de Vigo 2012.


A Festa da Cultura de Vigo 2012 será máis que unha festa cultural, será un evento cheo de actuacións, música e diversión. Será adecuada para tódolos públicos, dende os máis pequenos ata os máis maiores da casa, poderán disfrutar con ela.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo levamos meses organizando esta gran festa. Traballando para que nós, xunto cos nosos colectivos poidamos mostrar a poboación, todo o potencial cultural e deportivo que ten a cidade olívica.

Un dos elementos máis destacables desta festa, será o concerto de Son de Seu, o domingo 8 de xullo, ás 22 horas da noite. unha das mellores orquestas folk de Galicia, participará na nosa festa, na festa da Cultura de Vigo.


Non podedes faltar a este gran evento cultural e deportivo. Vémonos esta fin de semana, 7 e 8 de xullo, na Porta do Sol de Vigo.

martes, 3 de julio de 2012

Festa da Cultura de Vigo 2012

Achégase o momento, cada vez está máis preto, soamente quedan 4 días, para o evento cultural máis importante de toda a cidade: a Festa da Cultura de Vigo 2012.


Este fin de semana, non teremos que esperar máis para que a celebración da Festa da Cultura de Vigo. 
Este sábado e domingo, 7 e 8 de xullo, na Porta do Sol de Vigo, tedes unha cita a que non podedes faltar. Actuacións de folclore, bandas de música, grupo de acordeóns, danza oriental...dende a mañán ata a noite; exposicións de paneles informativos sobre as nosas entidades...

Ademáis contaremos con moitas novidades:
- Postos artesanais: gaitas, coiro, alfareiro, zoqueiro, feito a man
- Talleres para nenos/as: maquillaxe e manualidades
- Actuación de 150 gaiteiros, na entrada do MARCO, o domingo ás13:30 horas
- Concerto estrela de Son de Seu, o domingo ás 22 horas
- Serán, o sábado a partir das 22 horas

Como poden ver, unha festa a que non hai escusa para faltar. Dende o sábado ás 10:30 da mañán, ata o domingo a noite. Vémonos¡¡non falten!!