viernes, 27 de abril de 2012

VII Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Xota, muñeira e ribeirana tocados e bailados por grupos folclóricos da cidade de Vigo. Así será o Encontro Folclórico da Agrupación de Centrso Deportivos e Culturais de Vigo, que terá lugar este domingo, no auditorio do CVC de Valladares.

Este domingo 29 de abril, ás 19 horas da tarde, no CVC de Valladares, por séptimo ano consecutivo terá lugar o Encontro Folclórico, que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos.
Esta será a primeira parte das catro xornadas de Encontro, que se realizarán o longo de todo este ano. As actuacións e os grupos que participarán neste Encontro Folclórico son os seguintes: 
- G.F. Froles Novas 
- G.F. Corisco 
- Os Trasnos da Gaita 
- G.F. Helios de Bembrive 

Se queredes un plan entretido para este domingo, animádevos e vide a disfrutar do VII Encontro Folclórico que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos; patrocina a Diputacion de Pontevedra e colabora o CVC de Valladares.

Día Internacional da Danza en Vigo

"A danza é disciplina, é traballo , é ensino, é comunicación" Akram Khan. Así define este bailarín e coreógrafo a danza, un importante arte o que este domingo 29 de abril, moitas cidades do mundo, entre elas Vigo, celebraremos o seu día.

Onte tivo lugar a roda de prensa, na que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo xunto coa Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo, presentaron o Día Internacional da Danza en Vigo.
 Este domingo, 29 de abril, ás 12 horas da mañán, haberá un total de 15 actuacións de danza tradicional galega; en 5 importantes lugares da cidade de Vigo. Os grupos e os lugares das actuacións son as seguintes: 
- Rúa peonil do Calvario(fronte o mercado) 
- Grupo Airiños do Coto 
- Grupo de Baile da S.C.D.R. Helios de Bembrive 
- A.F. Froles Novas 

- Rúa Príncipe (fronte o museo do Marco) 
-Grupo Folclórico do C.A.R. de Valladares 
- A.C. Os Trasnos da Gaita 
- Grupo folclórico Rueiro de Coia 

- Praza da Independencia 
- A.F. Corisco 
- A.F.Lembranzas 
- A.F.Queixumes 

- Rúa Montero Ríos(confluecia coa Rúa Pablo Morillo) 
- Grupo de baile da S.C.D. Atlántida de Matamá 
- Grupo de Baile do C.C.R. de Cabral 
- A.F.Andarela 

- Alameda de Bouzas 
- A.F.C. Asubío 
- S.F.T. Os Ventos de Comesaña 
- Grupo Etnográfico A BUxaina do C.R.A.C.de Coruxo 

 Seguro que preto da vosa casa haberá actuacións pola celebración do Día Internacional da Danza; será un bonito acto o que non poden faltar. 
Como di o Presidente do Consello Internacional da Danza "Este día está dedicado á danza, á súa infinidade de expresións e á súa inmensa capacidade de exteriorizar, de transformar, de unir e de alegrar" Alkis Raftis

miércoles, 25 de abril de 2012

Encontro Folclórico, no CVC de Valladares

Grupos de gaitas, bailaríns, pandeiretas e moita festa...todo isto é o que habrá no Encontro Folclórico que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organiza este domingo.

O próximo domingo, 29 de abril, no auditorio do CVC de Valladares, ás 18 horas da tarde; terá lugar a primeira xornada do Encontro Folclórico, deste ano 2012. 
Os grupos participantes neste festival folclórico serán: 
- Asociación Folclórica Froles Novas 
- Asocaición Folclórica Corisco 
- Asociación Cultural Os Trasnos da Gaita 
- Grupo da Sociedade Recreativa Cultural e Deportiva Helios de Bembrive 
 Cabe recordar tamén, de que o mesmo día ás 12 da mañán, en diferentes plazas da cidade de Vigo; a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos a celebración en Vigo do Día Internacional da Danza.

martes, 24 de abril de 2012

Charla- Coloquio "Os Recortes tamén chegan a Cultura"

Este xoves, o Centro Cultural Artístico Rueiro, organiza unha charla coloquio "Os recortes tamén chegan a cultura". Nela participarán un membro da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo e outro da Federación Galega de Teatro.

Unha palabra tan repetida e escoitada nestes últimos meses como é "recortes", non podía estar exenta no ámbito da cultura. Moitos dos grupos adicados a promover a cultura, estanse vendo afectados polos recortes económicos se están levando a cabo. 
O xoves día 26 de abril, ás 20 horas da tarde; no salón de actos do complexo Parroquial Cristo da Vitoria, rúa Baiona nº9. Terá lugar a charla- coloquio "Os recortes tamén chegan a cultura". 
O tema será presentado por Roberto Giráldez, presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo e Manuel Dasilva, tesoureiro da Federación Galega de Teatro Afecionado. 
Se vos afecta ou vos interesa o tema, achegádevos este xoves ata o Complexo Parroquial Cristo da Vitoria; ás 20 horas.

lunes, 23 de abril de 2012

Día Internacional da Danza

O Día 29 de abril, celébrase o Día Internacional da Danza. Cada un dos países e cada unha das cidades do mundo, disfrutarán deste día, mostrando a xente da rúa O Arte da Danza.

A Agrupación de Centrso Deportivos e Culturais, somos os encargados de que este día se celebre na cidade de Vigo, para mostrar os vigueses e viguesas, os grandes grupos folclóricos que temos, representando a Danza e a Cultura galega. 
Este domingo, 29 de abril ás 12 horas da mañán, en diferentes plazas da cidade Olívica, actuarán tódolos grupos de baile galego pertencentes os colectivos da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. 
Os grupos que actuarán, e os lugares onde o farán, están explicados a continuación: 
- Rúa Peonil do Calvario, fronte a paraza do mercado: 
- A.F.Froles Novas 
- Grupo Airiños do Coto 
- Grupo da S.D.C.R.Helios de Bembrive 

 - Rúa Príncipe, fronte o museo do MARCO: 
- Grupo Folclórico Rueiro de Coia 
- Grupo Ledicias do C.A.R. de Valladares 
- A.C. Os Trasnos da Gaita 

 - Rúa Montero Ríos, confluencia coa Rúa Juan Morillo: 
- A.F.Andarela 
- Grupo da S.C.D. Atlántida de Matamá 
- Grupo de C.C.R. de Cabral 

- Praza da Independencia: 
- A.F.Corisco 
- A.F. Queixumes 
- A.F.Lembranzas Galegas 

- Alameda de Bouzas: 
- Grupo Etnográfico A Buxaina do C.R.A.C. de Coruxo 
- A.F. Asubío 
- S.F.T. Os Ventos de Comesaña 

Seguro que cerca da sua casa, actúan algún dos grupos que celebrarán o Día Internacional da Danza. Aproveitamos para recordavos que este domingo, 29 de abril pola tarde, terá lugar o Encontro Folclórico que Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos outro ano máis; será no auditorio do C.V.C. de Valladares.

jueves, 19 de abril de 2012

Festival de Acordeóns, no CCR de Cabral

Este fin de semana, no Centro Cultural e Recreativo de Cabral, haberá un Festival de Acordeóns, no que varios grupos nos ofrecerán unha entretida tarde de música.

O próximo domingo, 22 de abril, ás 18 horas da tarde, poderedes asistir a un Festival de Acordeóns, no Centro Cultural e Recreativo de Cabral. 
Serán diferentes grupos os que actúen, entre eles está o Grupo de Acordeóns do Centro Veciñal e Cultural de Valladares; un grupo de gran prestixio. 
 Tanto este coma os outros grupos, nos deleitarán cunha tarde de moi boa música, axeitada para calquer tipo público. Animádevos e achegádevos ata o Centro Cultural e Recreativo de Cabral.

X Serán do Centro Cultural e Veciñal de Valladares

Este sábado, 21 de abril terá lugar o X Serán do Centro Cultural e Veciñal de Valladares, no cal poderemos bailar, cantar e tocar; ademáis de beber e comer. Moita festa será o que habrá  esta fin de semana, na parroquia viguesa de Valladares.

Todas aquelas persoas e colectivos que queiran disfrutar dunha noite de troula, non teñen máis que ir ata este serán. Poderedes participar da maneira que máis vos apeteza. O único que hai que levar son ganas de festa. Ás áreas de cultura e festexos do CVC de Valladares, como organizadores deste evento, invítanvos a participar e a disfrutar do X Serán do Centro Cultural e Veciñal de Valladares. 
 Non podedes faltar, este sábado 21 de abril, ás 22 horas da noite, imos todos a Valladares a disfrutar da festa.

Día Internacional da Danza 2012

Por primeria vez na cidade de Vigo, será celebrado o Día Internacional da Danza. Unha celebración, que ten lugar tódolos anos, o día 29 de abril, a nivel internacional.
Os inicios desta festa foron co obxectivo de atraer a atención sobre o arte da danza; surxiu no ano 1982, polo Comité de Danza do Instituto Internacional de Teatro da Unesco. Foi instituido polo maestro ruso Piepor Gusev de Leningrado, para homenaxear o coreógrafo francés Jean Georges Noverre, innovador do ballet clásico; o cal naceu un 29 de abril de 1727.
 O Día Internacional da Danza, é unha boa forma de reunir a tódolos xéneros dancísticos que hay no mundo. Ofrecendo unha bonita imaxen de unión e mostrándolle a xente a linguaxe común da danza.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, seremos os encargados de celebrar este gran día na cidade de Vigo. Reuniremos a tódolos grupos folclóricos dos noso colecivos; en diferentes prazas da cidade Olívica. Ás 12 da mañán, empezarán ás actuacións, mostrándolle o público o mellor da danza galega. 
Recordade que o domingo 29 de abril, tedes unha cita as 12 da mañán, para celebrar con todos nós e con todo o mundo, O Día Internacional da Danza.

miércoles, 18 de abril de 2012

Ruta de Sendeirismo

O Centro Cultural Artístico e Recreativo Rueiro, invítavos a todos e todas a realizar unha ruta de sendeirismo, este sábado 21 de abril; saíndo ás 9 da mañán de diante da Igrexa do Cristo da Vitoria.A zona pola que se realizará a ruta será polos municipios de Vilán, Berducido, Forzáns e Vilán de novo para rematar o sendeiro.
Todos estes lugares pertencen a Provincia de Pontevedra.Será un recorrido circular, a cal empeza e remata no mesmo sitio.

Estamos nunha época estupenda para realizar este tipo de actividades. Nunha ruta como a deste sábado poderase disfrutar da natureza, ás árbores cheas de flores e follas verdes; os ríos cheos de auga limpa,...Todas elas cousas relaxantes, que favorecen o noso benestar físico e psíquico.
Se queredes máis información non tedes máis que achegaros ata o Centro Cultural Artístico e Recreativo Rueiro; ou entrar na páxina www.centroculturalrueiro.es

I Festa dos Callos de Vigo

Por primeira vez na cidade Olívica, este fin de semana, terá lugar a Festa dos Callos de Vigo. Ademáis da degustación de callos, habrá moita festa, coa actuación de varios grupos folclóricos e orquestas.
Unha gran festa é a que terá lugar os días 20, 21 e 22 de abril, na Praza do Rei da cidade de Vigo. Comezará este venres o mediodía, coa desgustación duns fabulosos callos.
O programa da I Festa dos Callos de Vigo, é a seguinte:
-Venres 20 de abril
- 12:30 horas: inauguración e comeza da Degustación de Callos
- 22:30 horas: actuación da Orquesta Principal
- Sábado 21 de abril
- 11:30 horas: apertura da degustación de callos
- 12:00 horas: actuación Grupo Folclórco Corisco
- 13:00 horas: actuación da charanga Los Clavelitos
- 22:30 horas: actuación da Orquesta Jerusalén
- Domingo 22 de abril
- 10:30 horas: apertura da degustación de callos
- 12:00 horas: actuación da banda "Agrupación Musical Atlántida de Matamá"
- 13:00 horas: actuación do grupo de múscia tradicional "Falcatrua"
Recordar a todos que haberá callos para levar.

Os organizadores deste gran evento son a Federación de Comercio, "Vigohistórico" e o Concello de Vigo; como patrocinadores están Coren e San Miguel.
Se non tedes plans para esta fin de semana, e queredes disfrutar nunha boa festa, non o dubidedes e achegádevos a I Festa dos Callos de Vigo; non vos arrepentiredes.

Encontro folclórico 2012

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, comezamos cos actos deste ano 2012. Son moitas as actividades que temos organizadas para que todos aqueles que vos guste disfrutar coa cultura e o deporte.
O Encontro Folclórico, ese festival no que se reúnen diferentes grupos folclóricos, coa intención de mostrarlle o público o traballo que estes mozos e mozas realizan durantes todo o ano.
O Encontro Folclórico 2012 contará con catro xornadas, que se realizarán o longo de todo o ano en auditorios diferentes; sempre de colectivos pertencentes a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
A xornadas serán e terán lugar:
- 29 de abril:Centro Veciñal e Cultural de Valldares
- 17 de xuño: Centro Cultural e Recreativo de Cabral
- 30 de setembro: Sociedade Recreativa Cultural e Deportiva Helios de Bembrive
- 25 de novembro: Centro Cultural de Matamá

Como poden ver, o primeiro dos festivais terá lugar dentro dunha semana, día 29 de abril; así que están todos invitados para que asistan, o Encontro Folclórico que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de vigo organizamos.
Os grupos participantes na primeira xornada serán:
- A.F.C.Froles Novas
- A.F.Corisco
- A.C.M.Os Trasnos da Gaita
- S.C.D.R.Helios de Bembrive

Esperamos velos a todos neste Festival que axudará a promover a cultura galega pola cidade de Vigo e os seus aredores.

viernes, 13 de abril de 2012

Cine no Centro Cultural e Recreativo de Cabral

Para unha tarde de domingo de primavera, que mellor plan que ver unha película, nun bo auditorio e rodeada de amigos e veciños. Este domingo, 15 de abril, habrá cine no CCR de Cabral.
"El exorcismo de Emily Rose", esta é a película que este domingo, 15 de abril, ás 18 horas da tarde, será emitida no auditorio do CCR de Cabral.
Unha película de medo, baseada nunha historia real; que conta con actores como Laura Unney e Tom Wilkinson. Sen dúbida unha boa historia de terror, para pasar unha tarde de fin de semana.

A Vocalía Xuvenil, organizadora da actividade, invítanvos a todos este domingo 15 de abril, ás 18 horas da tarde; o auditorio de CCR de Cabral, para ver a película "El exorcismo de Emily Rose".

miércoles, 11 de abril de 2012

Xornadas de Formación en Biomasa Forestal en Arousa Norte

Se buscas traballo na área de biomasa forestal, ou queres mellorar o teu rendemento neste sector, aquí tes a oportunidade que buscabas, as Xornadas de Formación en Biomasa Forestal en Arousa do Norte, organizadas pola Mancomunidade de Montes Arousa Norte.
Estas xornadas, serán de 16:00 a 21:00 horas, e terán lugar nos seguintes lugares e nas seguintes datas:
- A Pobra do Caramiñal: 16, 20 e 23 de abril. Na escola Unitaria da Robeiriña
- Boiro: 17, 24 e 27 de abril. No Centro Social de Cures
- Riveira: 18, 25 e 30 de abril.No Salón da Comunidade de Montes de Oleiros.
- Rianxo: 19, 26 de abril e 2 de maio. Na escola Vella de Asados
A visita relizarase o 3 de maio.

Este proxecto está organizado pola Mancomunidade de Montes Arousa Norte; en colaboración cos concellos e entiades Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Ribeira e a Aociación Madoán. Gracias a finacniación da Diputación da Coruña.
O obxectivo destas xornadas é dobre, por un lado formar os traballadores nun campo de acción emerxente, e por outra banda a mellora dos servizos prestados polas empresas deste sector.

Xa sabedes, se traballadares ou vos interesa a área forestal, animádevos a participar nestes cursos; e recordade que este venres, 13 de abril, remata o prazo de inscripción.

Campamentos Polideportivos Cidade Infantil Príncipe Felipe, últimos días para inscribirse

A Diputación Provincial de Pontevedra, organizou para este verán os Campamentos Polideportivos Cidade Infantil Príncipe Felipe; dos cales remata o prazo de inscripción este sábado, día 14 de abril.
Se tedes fillos, sobriños ou coñecidos que naceran entre os anos 1998 e 2005, ambos incluídos, animalos a que se anoten nos Campamentos Polideportivos, que a Diputación de Pontevedra organiza para este verán.
Serán moitas as actividades que realicen: padel; tiro con arco; saídas o medio rural; deportes de equipo;...Todo para que os cativos disfruten duns días de actividade física e diversión.
Dende o 9 de xullo ata o 31 de agosto, realizaránse sete quendas, de catro días cada unha. Como poden ver, son moitas as datas que poden elixir.

Anímense e recorden que teñen ata o 14 de abril, para inscribirse. Para recibir calquera información, non teñen máis que contactar coa Diputación de Pontevedra, sede en Vigo, chamando o número 986-804100; enviando un email a dirección: info.vigo@depo.es; na páxina web: www.depo.es; ou chegándose ata a sede da Diputación de Pontevedra en Vigo, na rúa O Porto, 3.

martes, 10 de abril de 2012

Actividades da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, co seu afán de promocionar a cultura e o deporte pola cidade de Vigo, presentamos as actividades que temos programdas para este ano 2012.

Son moitos os actos, que a Agrupación de Centros Depotivos e Culturais de Vigo, estamos organizando. Tódolos meses temos unha ou máis actividades, coas que entreter o público, e coas que os grupos dos nosos colectivos expoñen o traballo que practican durante todo o ano.
Varias das cousas que xa temos prepradas son o Encontro Folclórico; festival musical; semana de teatro afecionado; fin de curso das actividades que ofrecemos na Agrupación; día Internacional da Danza e por suposto, a Festa da Cultura de Vigo.
Recordámosvos que este mes de abril, o domingo 29, realizarase pola tarde a primeira das xornadas do Encontro Folclórico e pola mañán, como novidade deste ano celebrarase o Día Internacional da Danza.
Esperamos veros polos actos que o longo do 2012 vamos a organizar e celebrar nos distintos centros culturais da nosa cidade, coa idea de promover a cultura entre a poboación viguesa e de arredores.

martes, 3 de abril de 2012

Cursiño de trompeta, no CVC de Valladares

Se vos gusta a boa música, este mércores tedes unha cita no CVC de Valladares. Aquí terá lugar o concerto de clausura, do I cursiño de trompeta, Juan Lois Diéguez.
Mañán, día 4 de abril, ás 18:30 horas da tarde, no auditorio do CVC de Valladares, poderemos disfrutar do concerto de clausura do I cursiño de trompeta que a "unión musical de Valladares" organizou.

Se sodes músicos/as, ou simplemente vos gusta disfrutar dunha boa tarde de música, achegaros mañán, ata o auditorio do CVC de Valladares.

O Serán do Sor

Este xoves, 5 de abril ás 20 horas, celebrarase O Serán de Sor na asociación Cultural A Barca de O Barqueiro, Mañón, A Coruña. Unha celebración na que non faltarán o baile, a música e a festa. Este serán, é un proxecto que surxiu o ano pasado, dos membros do grupo tradicional, O Son do Sor. Nel dan a coñecer o seu traballo, para dar a coñecer o grupo e promocionar a música tradicional galega.
Este ano ademáis, haberá unha exposición de fotografía, sobre o pasado e a actualidade do pobo O Barqueiro.
Xa sabedes, se vos apetece pasar unha noite de festa e baile, achegádevos ata o Serán do Sor.