viernes, 21 de marzo de 2014

X Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Gaitas, pandeiretas, canto tradicional, baile...pero sobre todo un gran espectáculo. Todo isto é o que nos espera na primeira parte do X Encontro Folclórico que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos unha vez máis.

Este Domingo, 23 de Marzo, ás 18 horas, no auditorio da SCDR Helios de Bembrive, catro grupos folclóricos estarán dispostos a facernos disfrutar; a animarnos unha tarde de fin de semana cos seus bailes e a sua música.
Grandes actuacións nas que poderemos visualizar estilo, calidade pero sobre todo ganas de pasalo ben. Todo isto será a cargo dos grupos:
- Helios de Bembrive
- Froles Novas
- Corisco
- Traspés

Se queres pasar unha tarde de Domingo diferente, animada e rodeado de Cultura Galega, a cargo de grupos da nosa cidade. Non dubides en asistir a primeira parte do X Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

jueves, 13 de marzo de 2014

Coriso, 25 Anos Despois

Foi no ano 1987 cando un grupo de mozos decidiron montar unha asociación folclórico que foi medrando e mellorando o longo dos anos ata convertirse no que hoxe en día é a Asociación Folklórica Corisco.


Bailes, música, amizade e diversión son as palabras que poden describir os 25 anos de vida da Asociación Folklórica Corisco.
Pablo González, foi o impulsor do grupo dende o seu inicio, el é a persoa que consegue manter o espírito de Corisco vivo. Él coñece cada unha das historias que se viviron no grupo o longo deste tempo. Por iso decidiu reflexalo no libro "Corsico, 25 anos despois"

Un libro, que conta a historia do grupo dende o 1987 ata o 2012. Moitas foron as persoas que formaron parte deste grupo e que viviron moito do que se conta neste libro.

Se queres asistir a presentación deste libro e disfrutar duna entretida tarde en boa compañía, será este sábado, 15 de Marzo ás 19 horas, no Auditorio da AAVV Emilio Crespo de San Paio de Navia.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo quere desexarlle un feliz 25 Anivesario a este gran grupo, e esperar que chegue os 50 anos e moitos máis.

martes, 11 de marzo de 2014

I Festival de Canto Tradicional

O son dun instrumento tradicional como é a pandeireta, acompañado por preciosas voces de mulleres e homes galegos. Ninguén querría perder un concerto con estas características e desta calidade. Este sábado, ás 20:30 no auditorio do CVC de Valladares terá lugar o I Festival de Canto Tradicional.

O CVC de Valadares xunto coa colaboración da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, organizou para este sábado, 15 de Marzo o I Festival de Canto Tradicional.
Nel participarán catro grupos dispostos a  deleitarnos coas suas cantigas e a sua música. Grupos  formados por persoas, que despois de pasar o día traballando reúnense unhas horas de ensaio; preparándose así para os fantásticos concertos que sempre ofrecen.

As formacións que participarán no festival son:
- A Volta de Demo do CSCR de Beade
- Cantareiras da Pedra Moura
- Cantareiras do CVC de Valladares
- Grupo Tancareiras de Rivera Atienza

Como poderes ver grupos de gran calidade, para un certamen de gran calidade. 
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo e o CVC de Valladares, invitámolos o I Festival de Canto Tradicional, esperando velos este sábado, 15 de Marzo, ás 20:30 horas no auditorio do CVC de Valladares.