martes, 11 de marzo de 2014

I Festival de Canto Tradicional

O son dun instrumento tradicional como é a pandeireta, acompañado por preciosas voces de mulleres e homes galegos. Ninguén querría perder un concerto con estas características e desta calidade. Este sábado, ás 20:30 no auditorio do CVC de Valladares terá lugar o I Festival de Canto Tradicional.

O CVC de Valadares xunto coa colaboración da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, organizou para este sábado, 15 de Marzo o I Festival de Canto Tradicional.
Nel participarán catro grupos dispostos a  deleitarnos coas suas cantigas e a sua música. Grupos  formados por persoas, que despois de pasar o día traballando reúnense unhas horas de ensaio; preparándose así para os fantásticos concertos que sempre ofrecen.

As formacións que participarán no festival son:
- A Volta de Demo do CSCR de Beade
- Cantareiras da Pedra Moura
- Cantareiras do CVC de Valladares
- Grupo Tancareiras de Rivera Atienza

Como poderes ver grupos de gran calidade, para un certamen de gran calidade. 
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo e o CVC de Valladares, invitámolos o I Festival de Canto Tradicional, esperando velos este sábado, 15 de Marzo, ás 20:30 horas no auditorio do CVC de Valladares.


No hay comentarios: