miércoles, 31 de octubre de 2012

Semana de Teatro Afeccionado de Vigo

Soamente quedan 3 días para que comece a Semana de Teatro Afeccionado de Vigo, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. O sábado, tendrá lugar a primeira actuación na SCDR Helios de Bembrive.

Onte pola mñán, tivo lugar a roda de prensa de presentación da Semana de Teatro Afeccionado de Vigo, na cal interviron Roberto Giráldez, presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo; e Isaura Abelairas, concelleira de Cultura e Festas do concello de Vigo.
Mediante este enlace pódese entrara diretamente na noticia, que fala da roda de prensa http://www.atlantico.net/noticia/216346/cuatro/actuaciones/conforman/semana/teatro/afeccionado/ 

Este sábado, 3 de novembro, ás 20 horas, na SCDR Helios de Bembrive, terá lugar a primeira das catro actuacións. O grupo que presenta a obra será o grupo de teatro Escoitade de Valladares, o cal nos axudará a pasar unha tardiña divertida e animada.
Esperamos velos este sábado en Bembrive, e así poder disfrutar todos da Semana de Teatro Afeccionado de Vigo.

jueves, 25 de octubre de 2012

Semana de Teatro Afeccionado da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Outro ano máis, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, volvemos a celebrar a Semana de Teatro Afeccionado de Vigo.

Dende xa fai uns anos, polo mes de novembro, teñen lugar en Vigo, unha serie de actuacións teatrais en diferentes centros culturais da cidade. Sendo as obras representadas, por diferentes grupos de teatro pertencentes a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
A Agrupación organizamos a Semana de Teatro Afeccionado de Vigo, coa intención de promocionar o teatro pola cidade olívica. Desta forma axudamos os nosos grupos a expandirse entre a poboación, representando as obras que durante tantas horas de ensaio preparan.

As actuacións terán lugar tódolos sábados dende o 3 de novembro, ata  1 de decembro, ás 20 horas da tarde; exceptuando o sábado 10 de novembro, que non haberá ningunha representación.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo queremos agradecer o Concello de Vigo a colaboración con este proxecto. Ademáis de agradecer os grupos participantes o seu entusiasmo por participar; e os centros culturais que nos permitir ocupar os seus auditorios para realizar as actuacións, da Semana de Teatro Afeccionado.

jueves, 18 de octubre de 2012

Tai- Chi na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

O Tai-chi é un dos artes marcias máis practicados no mundo enteiro. Millóns de persoas son as que o practican diariamente, para o seu benestar físico e mental.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, queremos unirnos a esa afición masiva polo Tai.chi, por iso ofrecemos entre os nosos cursiños este Arte Marcial.
Unha práctica físico- mental, que é saudable para o noso corpo; ademáis de ser unha técnica de meditación. Como podedes ver, é unha arte moi completa, a cal nos aporta todo beneficios, e ningún prexuízo.
O horario deste curso é: martes e xoves de 12:00 a 13:00 horas.

A Agrupación continuamos co noso afán de ofrecer os mellores cursiños, adaptándonos a tódolos horarios e  idades; e por suposto, cos mellores prezos.
Se queredes obter máis información deste ou doutros cursiños, podedes conseguila sen ningún compromiso, chamando o número: 886139670 ou achegándovos ata o noso local, na rúa Panamá nº 2
Animádevos, coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, todo son facilidades.

VI Ciclo de Teatro Aficionado "Valladares Teatral"

O CVC de Valladares continúa por sexto ano consecutivo co ciclo de Teatro Aficionado "Valladares Teatral". Este domingo, haberá unha actuación, do grupo de Teatro Escoitade, do CVC de Valladares.

O grupo de Teatro Escoitade representará e fará a estrea da sua nova obra: "A Fatídica Festa do ano da Serpe". Baseada nos mediados do século XX, do gran estado chinés; trátase dunha representación chea de mortes, misterio e intriga. Unha forma perfecta de pasar unha tardiña de domingo de outono.

Este espectáculo, terá lugar este domingo, 21 de outubro, ás 20:30 horas da tarde, no auditorio do CVC de Valladares.
O Ciclo de Teatro Aficionado "Valladares Teatral" está organizado pola área de cultura do CVC de Valladares; patrocinado por AGADIC  e FEGATEA;  e colabora o grupo de Teatro Escoitade.

miércoles, 17 de octubre de 2012

13º Certame do Humor no CVC de Valladares

O CVC de Valladares organiza por 13 º ano, o Certame do Humor, destinado a personas que queiran vivir do conto.


Trátase dun concurso no que a finalidade é facer rir, podes facelo mediante chistes, mímica, imitacións...todo é válido mentras consigas que tanto o xurado como o público disfruten e olviden os seus problemas, coa tua actuación.

A final do consurso será os domingos 4 e 11 de novembro, pero para chegar a ela; hai que pasar unha preselección, que será os martes e xoves, nas oficinas do CVC de Valladares de 20:30 a 21:30 horas.
Despois de puntuar a tódolos participantes, chegarán a final os tres finalistas, que serán os que chegarán a final do concurso.

Xa sabedes, se vos gusta vivir do conto, participade no 13º certamen do humor que o CVC de Valladares organiza.

lunes, 15 de octubre de 2012

Curso de Auga Doce

A Aociación Veciñal Doutor Fleming, xunto coa Concellería de Normalización Linguística do Concello de Vigo, organizan o Cursp de Auga Doce que se basa no idioma galega e a sua cultura.

Os oficios relacionados coa auga, os muíños, os oficios da Ribeira...todos estes son identificativos de Galicia, es disto e moito máis e do que tratará o curso de Auga Doce que será impartido nos mese de novembro, decembro e xaneiro.
Se queredes informaros ou inscribiros podedes facelo no local da AVV Doutor Fleming, de luns a venres de 18:30 a 21:00 horas.

jueves, 11 de octubre de 2012

VI Ciclo de teatro Aficionado de Valladares "Valladares Teatral"

O CVC de Valladares continúa co VI Ciclo de Teatro Aficionado "Valladares Teatral", gracias o cal acolle en diferentes días, a varios grupos de teatro da cidade de Vigo, dispotos a facernos disfrutar.

Este sábado, 13 de octubre, ás 20:30 horas, no auditorio do CVC de Valladares, actuará o grupo de teatro SCD Atlántida de Matamá, representando a obra "O Amor de Don Perlimpín, con Belisa no Xardín".
A entrada a esta representación será gratuíta, así que non teñen escusa para que faltar a esta cita con "Valladares Teatral".

Este proxecto está patrocinado por AGADIC e FEGATEA; e colaboran o grupo de Teatro Escoitade e a área de cultura do CVC de Valladares.

Rutas Teatralizadas polo Casco Vello

Despois de un mes, as Rutas Teatralizadas chegan o seu fin. Este sábado, 13 de octubre teredes a última ocasión de poder coñecer o Casco Vello en profundidade dunha forma diferente. ¿Vas a desaproveitar a ocasión?

Non hai moitas oportunidades de observar, e escoitar a historia da zonas maís antiga de Vigo, dunha forma tan especial como a que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo ofrecemos.
Unha visita guiada dunha hora de duración, percorrendo tódolos recunchos do Casco Vello; na cal os guías son dous actores, que nos representan unha historia, na que nos explican as lendas e realiadades desta zona.
Ademáis o remate da visita, haberá a actuación dun grupo tradicional galego, para poñer o broche de ouro a esta divertida e diferente Ruta Teatralizada. O mellor de todo, e que todo isto é totalmente gratuíto.
Os grupos que actuarán este sábado son: Helios de Bembrive, pola mañán; e Lembranzas, pola tarde.

¿Aínda non vos interesa? Se non queredes perdela oportunidade, incribídevos no facebook de Vigo Vello CCa.
Este sábado, 13 de outubro, terán lugar as últimas Rutas Teatralizadas; serán, ás 12:30 e as 19:30 horas. Saen da Praza da Pedra e rematan no mesmo lugar.
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, queremos agradecer a colaboración deste proxecto a tódolos patrocinadores: Diputación de Pontevedra; Concello de Vigo e Xunta de Galicia. Ademáis do colaborador Vigo Vello Centro Comercial Aberto.

martes, 9 de octubre de 2012

25 aniversario da Asociación Folclórica e Cultural Corisco de Vigo

Fai 25 anos, nacía a Asociación Folclórica e Cultural Corisco de Vigo, disposta a facernos disfrutar coas suas grandes actuacións, ademáis de levar o nome de Vigo e Galicia polo mundo adiante.

Foi no 1987, cando nace este fantástico grupo de música e baile tradicional galego. O longo de todos estes anos, mostroulle o mundo enteiro a gran calidade dos seus bailes, e a facilidade que teñen para facer disfrutar o público das suas actuacións.
O seu actual presidente, Pablo González Alonso, quere rememorar a historia do grupo, cunha Gala, que será o venres, 12 de octubre, ás 19 horas da tarde, no Teatro Sala de Concertos Novacaixagalicia, a cal se poderá acceder mediante invitación.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, estamos encantados de poder contar coa Asociación Folclórica e Cultural Corisco de Vigo entre os noso colectivos; ademáis de ser colaboradores da Gala 25 aniversario.
É un orgullo para nós, poder dicir que unha entidade cumple 25 anos, pois sabemos o esforzo que supón. Por iso, queremos desexarse un Feliz Aniversario, e esperamos celebrar dentro doutros 25, o 50 aniversario desta gran asociación.

viernes, 5 de octubre de 2012

Rutas Teatralizadas polo Casco Vello

As Rutas Teatralizadas polo Casco Vello achéganse o seu fin, esta fin de semana será o penúltim día. Soamente quedan catro visitas, coas que poder coñecer a zona histórica de Vigo ¿Realmente queres desaproveitar a ocasión?
Moitas foron as persoas que disfrutaron coas Rutas Teatralizadas polo Casco Vello que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos. 
Turistas, pero tamén vigueses e viguesas, coñeceron en profundidade a zona máis antiga de Vigo, dunha forma divertida, entretida, pero sobre todo diferente. Digamos que os guías destas visitas, son un tanto especiais; se queredes coñecelos, non tedes máis que inscribirvos nestas visitas  a través do facebook de Vigo Vello CCA.
Ademáis da Ruta, cando esta remate, contaremos coa actuación dun grupo tradicional galego, pertencente os colectivos que forman a Agrupación. Todo totalmente gratuíto.

Ás rutas serán mañán, sábado 6 de octubre, ás 12:30 da mañán e ás 19:30 horas da tarde. Comezarán na Praza da Pedra, mesmo lugar no que rematan.
Non deixen pasar esta oportunidade de coñecer o Casco Vello de Vigo; aínda poden inscribirse. ¡¡Esperámolos!!

jueves, 4 de octubre de 2012

VI Ciclo de Teatro "Valladares Teatral"

Coa chegada das tardes frías de outono, os centros culturais organizan actos cos que pasar un bo rato, olvidándonos dos problemas e da rutina diaria. Isto é o que fai o CVC de Valladares, no que este sábado poderemos disfrutar co grupo de teatro Gargallada.

Este sábado, 6 de outubro, poderemos disfrutar dunha tardiña de teatro, no CVC de Valladares. Nel actuará o grupo Gargallada teatro, que nos presentará a obra "Quimera".

A Actuación, está dentro do VI ciclo de Teatro Afecionado "Valladares Teatral", que se basa nunha serie de actuacións, en diferentes días, nas que varios grupos teatrais nos mostran as súas obras.
Esta fin de semana, a obra será representada, o sábado, ás 20:30 horas, no auditorio do CVC  de Valladares. No que cabe destacer, que a entrada será libre.

Esperemos que disfruten da obra "Quimera", que sen dúbida será unha honra, poder vela representada polo grupo Gargallada teatro.

miércoles, 3 de octubre de 2012

Rutas Teatralizadas polo Casco Vello

Este sábado, 6 de outubro continuamos coas Rutas Teatrlizadas polo Casco Vello, que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos, dispostos a facer disfrutar a xente na zona histórica de Vigo.

Nesta ocasión, como nas outras anteriores, ademáis da representación coa que se explica a historia e o presente do Casco Vello, haberá actuación de grupos folclóricos pertencentes a Agrupación.
Ás 12:30 horas, e ás 19:30 horas comezarán as Rutas Teatralizadas,  saldrán da Praza da Pedra, mesmo lugar no que rematará;e no que tamén actuarán os grupos folclóricos, para facernos disfrutar un pouco máis deste fermoso lugar da cidade de Vigo.
Esta semana, os grupos que actuarán e nos deleitarán cos seus bailes e a sua música son Rueiro e Valladares de mañán, e Queixumes de tarde.
Para inscribirvos nas visitas, podedes facelo no facebook de Vigo Vello CCA.

Animádevos, e disfrutade da historia e do presente da nosa cidade, grazas a unha fermosa visita guiada, totalmente gratuíta.

martes, 2 de octubre de 2012

Talleres para nenos na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Facer amigos, desarrollar a faceta artística, realizar manualidades...todo isto é o que poderán practicar os máis pequenos da casa que se matriculen nos Talleres para nenos, que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo ofrecemos neste curso 2012/2013.
Se tedes irmáns, fillo/as, sobriños/as, ou amigos con nenos pequenos; animalos a que os traian os Talleres para nenos e nenas que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo ofrecemos no noso local.

Ademáis do que aprenden na escola, sempre é importante que os máis pequenos desarrollen as suas cualidades creativas e sociales, realizando manualidades e coñecendo a máis nenos, que os seus amigos da escola.
Este curso terá lugar os sábados pola mañán, de 11 a 13 horas e está dirixido a nenos/as de idade comprendida entre 4 e 12 anos.

Se queredes recibir máis información deste ou dos outros cursiños que a Agrupación ofrecemos, podedes achegarvos ata o noso local na rúa Panamá nº2; chamar o teléfono 886139670; mandarnos unha mensaxe  a nosa páxina do facebook ou un email, a dirección info@centrosculturaisvigo.es.