jueves, 18 de octubre de 2012

Tai- Chi na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

O Tai-chi é un dos artes marcias máis practicados no mundo enteiro. Millóns de persoas son as que o practican diariamente, para o seu benestar físico e mental.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, queremos unirnos a esa afición masiva polo Tai.chi, por iso ofrecemos entre os nosos cursiños este Arte Marcial.
Unha práctica físico- mental, que é saudable para o noso corpo; ademáis de ser unha técnica de meditación. Como podedes ver, é unha arte moi completa, a cal nos aporta todo beneficios, e ningún prexuízo.
O horario deste curso é: martes e xoves de 12:00 a 13:00 horas.

A Agrupación continuamos co noso afán de ofrecer os mellores cursiños, adaptándonos a tódolos horarios e  idades; e por suposto, cos mellores prezos.
Se queredes obter máis información deste ou doutros cursiños, podedes conseguila sen ningún compromiso, chamando o número: 886139670 ou achegándovos ata o noso local, na rúa Panamá nº 2
Animádevos, coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, todo son facilidades.

No hay comentarios: