miércoles, 31 de octubre de 2012

Semana de Teatro Afeccionado de Vigo

Soamente quedan 3 días para que comece a Semana de Teatro Afeccionado de Vigo, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. O sábado, tendrá lugar a primeira actuación na SCDR Helios de Bembrive.

Onte pola mñán, tivo lugar a roda de prensa de presentación da Semana de Teatro Afeccionado de Vigo, na cal interviron Roberto Giráldez, presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo; e Isaura Abelairas, concelleira de Cultura e Festas do concello de Vigo.
Mediante este enlace pódese entrara diretamente na noticia, que fala da roda de prensa http://www.atlantico.net/noticia/216346/cuatro/actuaciones/conforman/semana/teatro/afeccionado/ 

Este sábado, 3 de novembro, ás 20 horas, na SCDR Helios de Bembrive, terá lugar a primeira das catro actuacións. O grupo que presenta a obra será o grupo de teatro Escoitade de Valladares, o cal nos axudará a pasar unha tardiña divertida e animada.
Esperamos velos este sábado en Bembrive, e así poder disfrutar todos da Semana de Teatro Afeccionado de Vigo.

No hay comentarios: