jueves, 11 de octubre de 2012

Rutas Teatralizadas polo Casco Vello

Despois de un mes, as Rutas Teatralizadas chegan o seu fin. Este sábado, 13 de octubre teredes a última ocasión de poder coñecer o Casco Vello en profundidade dunha forma diferente. ¿Vas a desaproveitar a ocasión?

Non hai moitas oportunidades de observar, e escoitar a historia da zonas maís antiga de Vigo, dunha forma tan especial como a que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo ofrecemos.
Unha visita guiada dunha hora de duración, percorrendo tódolos recunchos do Casco Vello; na cal os guías son dous actores, que nos representan unha historia, na que nos explican as lendas e realiadades desta zona.
Ademáis o remate da visita, haberá a actuación dun grupo tradicional galego, para poñer o broche de ouro a esta divertida e diferente Ruta Teatralizada. O mellor de todo, e que todo isto é totalmente gratuíto.
Os grupos que actuarán este sábado son: Helios de Bembrive, pola mañán; e Lembranzas, pola tarde.

¿Aínda non vos interesa? Se non queredes perdela oportunidade, incribídevos no facebook de Vigo Vello CCa.
Este sábado, 13 de outubro, terán lugar as últimas Rutas Teatralizadas; serán, ás 12:30 e as 19:30 horas. Saen da Praza da Pedra e rematan no mesmo lugar.
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, queremos agradecer a colaboración deste proxecto a tódolos patrocinadores: Diputación de Pontevedra; Concello de Vigo e Xunta de Galicia. Ademáis do colaborador Vigo Vello Centro Comercial Aberto.

No hay comentarios: