martes, 9 de octubre de 2012

25 aniversario da Asociación Folclórica e Cultural Corisco de Vigo

Fai 25 anos, nacía a Asociación Folclórica e Cultural Corisco de Vigo, disposta a facernos disfrutar coas suas grandes actuacións, ademáis de levar o nome de Vigo e Galicia polo mundo adiante.

Foi no 1987, cando nace este fantástico grupo de música e baile tradicional galego. O longo de todos estes anos, mostroulle o mundo enteiro a gran calidade dos seus bailes, e a facilidade que teñen para facer disfrutar o público das suas actuacións.
O seu actual presidente, Pablo González Alonso, quere rememorar a historia do grupo, cunha Gala, que será o venres, 12 de octubre, ás 19 horas da tarde, no Teatro Sala de Concertos Novacaixagalicia, a cal se poderá acceder mediante invitación.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, estamos encantados de poder contar coa Asociación Folclórica e Cultural Corisco de Vigo entre os noso colectivos; ademáis de ser colaboradores da Gala 25 aniversario.
É un orgullo para nós, poder dicir que unha entidade cumple 25 anos, pois sabemos o esforzo que supón. Por iso, queremos desexarse un Feliz Aniversario, e esperamos celebrar dentro doutros 25, o 50 aniversario desta gran asociación.

No hay comentarios: