miércoles, 3 de octubre de 2012

Rutas Teatralizadas polo Casco Vello

Este sábado, 6 de outubro continuamos coas Rutas Teatrlizadas polo Casco Vello, que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos, dispostos a facer disfrutar a xente na zona histórica de Vigo.

Nesta ocasión, como nas outras anteriores, ademáis da representación coa que se explica a historia e o presente do Casco Vello, haberá actuación de grupos folclóricos pertencentes a Agrupación.
Ás 12:30 horas, e ás 19:30 horas comezarán as Rutas Teatralizadas,  saldrán da Praza da Pedra, mesmo lugar no que rematará;e no que tamén actuarán os grupos folclóricos, para facernos disfrutar un pouco máis deste fermoso lugar da cidade de Vigo.
Esta semana, os grupos que actuarán e nos deleitarán cos seus bailes e a sua música son Rueiro e Valladares de mañán, e Queixumes de tarde.
Para inscribirvos nas visitas, podedes facelo no facebook de Vigo Vello CCA.

Animádevos, e disfrutade da historia e do presente da nosa cidade, grazas a unha fermosa visita guiada, totalmente gratuíta.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Me apunto a la visita de las 19.30
Somos dos adultos y un niño. Gracias!