martes, 2 de octubre de 2012

Talleres para nenos na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Facer amigos, desarrollar a faceta artística, realizar manualidades...todo isto é o que poderán practicar os máis pequenos da casa que se matriculen nos Talleres para nenos, que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo ofrecemos neste curso 2012/2013.
Se tedes irmáns, fillo/as, sobriños/as, ou amigos con nenos pequenos; animalos a que os traian os Talleres para nenos e nenas que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo ofrecemos no noso local.

Ademáis do que aprenden na escola, sempre é importante que os máis pequenos desarrollen as suas cualidades creativas e sociales, realizando manualidades e coñecendo a máis nenos, que os seus amigos da escola.
Este curso terá lugar os sábados pola mañán, de 11 a 13 horas e está dirixido a nenos/as de idade comprendida entre 4 e 12 anos.

Se queredes recibir máis información deste ou dos outros cursiños que a Agrupación ofrecemos, podedes achegarvos ata o noso local na rúa Panamá nº2; chamar o teléfono 886139670; mandarnos unha mensaxe  a nosa páxina do facebook ou un email, a dirección info@centrosculturaisvigo.es.

No hay comentarios: