viernes, 5 de octubre de 2012

Rutas Teatralizadas polo Casco Vello

As Rutas Teatralizadas polo Casco Vello achéganse o seu fin, esta fin de semana será o penúltim día. Soamente quedan catro visitas, coas que poder coñecer a zona histórica de Vigo ¿Realmente queres desaproveitar a ocasión?
Moitas foron as persoas que disfrutaron coas Rutas Teatralizadas polo Casco Vello que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos. 
Turistas, pero tamén vigueses e viguesas, coñeceron en profundidade a zona máis antiga de Vigo, dunha forma divertida, entretida, pero sobre todo diferente. Digamos que os guías destas visitas, son un tanto especiais; se queredes coñecelos, non tedes máis que inscribirvos nestas visitas  a través do facebook de Vigo Vello CCA.
Ademáis da Ruta, cando esta remate, contaremos coa actuación dun grupo tradicional galego, pertencente os colectivos que forman a Agrupación. Todo totalmente gratuíto.

Ás rutas serán mañán, sábado 6 de octubre, ás 12:30 da mañán e ás 19:30 horas da tarde. Comezarán na Praza da Pedra, mesmo lugar no que rematan.
Non deixen pasar esta oportunidade de coñecer o Casco Vello de Vigo; aínda poden inscribirse. ¡¡Esperámolos!!

No hay comentarios: