miércoles, 19 de enero de 2011

Sendeirismo dende Outariz a Untes

O próximo sábado 9 de xaneiro o Centro Cultural e Artístico Rueiro de Coia organiza unha xornada de sendeirismo dende Outariz a Untes. Os interesados en asistir se reunirán ás 9 da mañá na Igrexa do Cristo da Victoria en Coia, para ir todos xuntos ata Outariz.

Un sábado máis o Centro Cultural e Artístico Ruiero de Coia, entidade pertencente a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, organiza unha xornada de sendeirismo. Nesta ocasión o percorrido sairá de Outariz, onde se atopan as famosas termas da cidade de Ourense e fará un paseo de uns cinco kilometros ata chegar o pintoresco pobo de Untes.



Se te apatece realizar unha actividade diferente en contacto directo coa natureza non o dubides. Os interesados en realizar a ruta sairán as 9 da mañá da Igrexa do Cristo da Vicotira (Rúa Baiona Coia) se queres obter máis información ponte en contacto co Centro Cultural Artístico Ruerio de Coia na súa páxina web.

miércoles, 12 de enero de 2011

"Su excelencia" Ciclo de Cine Cómico

O Centro Cultural e Artístico Rueiro de Coia continúa co seu Ciclo de Cine Cómico, nesta ocación coa proxección de "Su excelencia" o domingo 16 de xaneiro a partir das 19:00 no auditorio da Igrexa do Cristo da Victoria.

"Su excelencia" é unha película de 1967 protagonizada por Cantinflas e dirixida por Miguel M. Delgado. O filme contén un memorable discurso do actor que critica ós gobernantes do mundo e lles exhorta a conseguir a paz e a libertade.

Lopitos (Cantinflas) é un simple burócrata d República de Cocos. Sin embargo, a nación vese envolta nunha serie de cambios no poder onde o mesmo Lopitos termina sendo nomeado como embaxador. O novo dignatario enfrentará o conflicto entre os dous grandes bloques de poder: os "verdes" e os "colorados" quenes, encabezados por Dolaronia e Pepeslavia, necesitan o voto do novo emisario e unha asamble internacional para dominar o mundo.

Non te perdas un clásico do humor no Centro Cultural e Artístico Rueiro de Coia o domingo 16 de xaneiro a partir das sete do serán.