miércoles, 12 de enero de 2011

"Su excelencia" Ciclo de Cine Cómico

O Centro Cultural e Artístico Rueiro de Coia continúa co seu Ciclo de Cine Cómico, nesta ocación coa proxección de "Su excelencia" o domingo 16 de xaneiro a partir das 19:00 no auditorio da Igrexa do Cristo da Victoria.

"Su excelencia" é unha película de 1967 protagonizada por Cantinflas e dirixida por Miguel M. Delgado. O filme contén un memorable discurso do actor que critica ós gobernantes do mundo e lles exhorta a conseguir a paz e a libertade.

Lopitos (Cantinflas) é un simple burócrata d República de Cocos. Sin embargo, a nación vese envolta nunha serie de cambios no poder onde o mesmo Lopitos termina sendo nomeado como embaxador. O novo dignatario enfrentará o conflicto entre os dous grandes bloques de poder: os "verdes" e os "colorados" quenes, encabezados por Dolaronia e Pepeslavia, necesitan o voto do novo emisario e unha asamble internacional para dominar o mundo.

Non te perdas un clásico do humor no Centro Cultural e Artístico Rueiro de Coia o domingo 16 de xaneiro a partir das sete do serán.

No hay comentarios: