jueves, 30 de diciembre de 2010

Outro ano de Rondallas

O próximo domingo 2 de Xaneiro celébrase o II CONCURSO DE RONDALLAS Deputación de Pontevedra. A partir das 17:30h do serán no pavillón 3 do Recinto Feiral de Cotogrande.

Como cada ano, o primeiro domingo de xaneiro, celebrase o popular Concurso de Rondallas da cidade de Vigo. Seguindo a tradición as Rondallas fórmanse para alegrar o Nadal de toda cidadanía. E logran así encher un espazo baleiro, como é o pavillón 3 do IFEVI, non só de xente e público, senón tamén de música, cor, son e alegría.

Durante toda a tarde do domingo un total de once rondallas desfilarán polo pavillon do IFEVI facendo as delicias de todos os que se acheguen ata o recinto feiral. Cada ano hai un maior número de seguidores polo que o igual que o pasado ano, vólvese a utilizar o IFEVI como espazo para celebrar o concurso, xa que permite un maior aforo de público, chegando a acadar ás 8.000 bancadas inda así insuficientes pola grande cantidade de persoas interesadas en asistir ó multitudinario concurso.

Para todos aqueles que teñen pensado asistir lembrámoslle que a entrada e de balde, pero o acceso ás instalacións será previa presentación de invitación. As invitacións poderán recollerse no distintos puntos de distribución (entre o 13 e 30 de decembro):

· Sede Vigo da Deputación de Pontevedra (rúa Oporto, 3)

· Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo (rúa Ecuador, 34)

· Federación de Peñas “El Olivo” ( rúa Otero Pedrayo, 5 bajo – Pza. Maestros Ilustres)

No hay comentarios: