martes, 14 de diciembre de 2010

V Encontro Folclórico

O pasado 14 de novembro celebramos a terceira e ultima parte deste "V Encontro Folclórico Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo" do ano 2010.Xa levamos cinco anos celebrando o noso "Encontro Folclórico Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo", festival no que participan tódolos grupos folclóricos que pertencen a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Este festival folclórico ten como obxectivo ensalzar o folclore e a cultura galega e da nosa cidade da man das nosas entidades. Este ano, por primeira vez celebrouse en tres datas repartidas o longo de todo o ano.

Comenzámola primeira xornada o 30 de maio no auditorio da Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa Helios de Bembrive, coa participación dos grupos folclóricos Os trasnos da gaita, Helios de Bembrive, O Coto e Asubio.
Continuámolo noso "V Encontro Folclórico Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo" o domingo 26 de setembro no auditorio da Sociedade Cultural e Recreativa Atlántida de Matamá. Nesta segunda xornada do festival participaron os grupos folclóricos: Queixumes, Os Ventos de Comesaña, Rueiro de Coia e pechou o certame o grupo da casa, o grupo folclórico Atlántida de Matamá.
Para rematar este "V Encontro Folclórico Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo" fixemos unha terceira e última parte deste festival no Centro Cultural e Recreativo de Cabral, na que participaron os demáis grupos pertencentes a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. O grupo folclórico Froles Novas, A Buxaina de Coruxo, Corisco, Andarela e pechou o "V Encontro Folclórico Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo" o grupo folclórico Cotogrande de Cabral. Podes ver tódalas fotos das tres xornadas do festival na nosa páxina en facebook ou no albúm de fotos. Por último queremos agradecer a tódalas persoas, organismos e entidades que colaboran con nos e fan que este tipo de actos sexa posibles.


No hay comentarios: