jueves, 2 de diciembre de 2010

I Encontro Cultural da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Exposición de Diego de Giráldez, presentación do novo disco de Noitarega, magosto e actuacións musicais no I Encontro Cultural organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

O pasado venres 12 de novembro a Agrupación de Centros Culturais de Vigo organizou o seu primeiro Encontro Cultural, no edificio administrativo da Xunta de Galicia e a praza da Estrela.


O acto comezou ás 20:30h do serán coa inauguración da obra do pintor Diego de Giráldez. De seguido realizouse a entrega de premios do concurso para nen@s de Debuxo e Pintura, que levan o nome do artista; e que por segundo ano consecutivo organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturai de Vigo.


Continuamos a nosa programación coa presentación do novo disco de Noitarega XXI, xunto Noitarega compartiron esceario as cantareiras Grialia, no auditorio da Xunta de Galicia, que por primeira vez abre ás súas portas á cultura da cidade.


O finalizar o concerto a actividade traspasouse a Praza da Estrela, onde habilitamos unha carpa para dar comezo ó popular magosto, amenizado polo grupo folclórico Corisco. No que se repartiron máis 100 kg de castañas, 1000 chourizos e 50 litros de chocolate quente acompañado de torta de améndoa.
Podes ver todas as fotos no album que temos dispoñible e que recolle gráficamente tódalas actividades do acto dende o seu inicio. Se queres mirálas pincha aqui.

No hay comentarios: