jueves, 30 de agosto de 2012

XXVII Romaría do Vixiador

Este domingo, 2 de setembro, no parque forestal de Candeán en Vigo, terá lugar o XXVII Romaría do Vixiador, unha festa celebrada dende hai moitos anos, a que non se pode faltar.
Unha das paraxes máis fermosas de todo Vigo, este domingo está en festas. terá lugar unha vella Romería, na que poderemos disfrutar gracias a comida, música, xogos e a compañía de todo a xente que quere pasar un domingo de festa.

Será un domingo completo dende a mañán ata a tarde:
- 11:00 horas. Degustación gastronómica con churrasco e criollos, mexillóns, pementos, pan de cea e viño
- 12:00 horas. Actuación da banda escola de música de Candeán. Pregón a cargo do actor Tacho González
- 13:00 horas. Actuación do grupo de baile galego Tralovelo de Meira
- 14:00 horas. Xantar campestre
- 17:00 horas. Xogos populares
- 18:00 horas. Sorteo de rifas dun carneiro, xamón e bacallau
Durante todo o día, voluntarios da Cruz- Vermella desenvolveran obradoiros creativos dirixidos os máis pequenos.

Esta gran romaría está organizada pola Comunidade de Montes, U.V.C.D. de Candeán, irmandade de festas Patronais e Xunta Parroquial. Colaboran: Deputación de pontevedra; Concello de Vigo; Cruz Roja Española e Novagalicia Banco

viernes, 24 de agosto de 2012

Valladares en Festas

No mes de agosto unha chea de parroquias celebran as festas, en honor os seus santos. Valladares non é menos, e ten preparadas para esta fin de semana unhas grandes festas en honor a  Romaría da Virxe do Alba e San Bartolomeu.


Serán catro días cheos de festa, verbena e moito baile. Dende hoxe ata o luns 27 de agosto, poderemos disfrutar das festas en esta parroquia viguesa. O programa é o seguinte:
- Venres, 24 de agosto
- Romaría da Virxe do Alba e de San Bartolomeu: actuación do grupo Alborada e da charanga Va K Pinta. As 18 horas, haberá misa na capela, en honor a virxe do Rosario
- Día de San Bartolomeu. pola tarde a charanga Vai de Baile, actuará polas rúas da parroquia de Valladares.
- No torreiro haberá música e atraccións para pequenos e maiores
- Pola noite, comezo das festas de San Campio, cunha noite rockeira coa actuación varios grupos musicais

- Sábado, 25 de agosto
- 11:15 horas- entrada da charanga Vaite Xa e a banda escola de música de Valladares
- Charanga recorrerá as rúas de Valladares
- 12:45, concerto da banda de música, no Adro Parroquial
- 21:30, actuación no torreiro da Agrupación Folcoórica do CVC de Valladares
 - A noitiña, actuación dos grupos Atarot e M3
- Pola noite a actuación estelar destas festas, como é David Civera

- Domingo, 26 de agosto. Celebración de san Campio
- A partir das 10:45 farán a entrada e pasarrúas, as bandas de música: banda escola de música de Beade e a Unión musical de Valladares
- 12:00, misa maior na Igrexa Parroquial, cantada pola Coral Polifónica do CVC  de Valladares. O rematar haberá procesión, e concerto das dúas bandas de música
-A noitiña, verbena coas orquetas. Poceiro e Saudade 73

- Luns, 27 de agosto
- 11:00, Agrupación Musical de Vincios, dará concertos antes e despois da misa
- 12:00, misa con procesión
- 13:30, recibimento das carrozas dos barrios de Sobreira e Garrida
- 17.00, cucañas tradicinais
- Pola noite, finde de festa coas orquestas Asia e Ismael
- 00:00, fogos de lucería


Como podedes ver Valladares celebra a festividade de San Campio por todo o alto, animaros e disfrutade dun verán en festas.

lunes, 6 de agosto de 2012

V trofeo de Fútbol Veteranos Diputación de Pontevedra

Como cada verán, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais organizamos o trofeo de fútbol veteranos, patrocinado pola Diputación de Pontevedra. 


Este sábado e a próxima fin de semana, 11 e 18 de agosto, os equipos de fútbol veteranos de Vigo, participarán no V Trofeo de Fútbol Veteranos da Diputación de Pontevedra.
O torneo levarase a cabo en diferentes campos da cidade olívica, dende ás 17 ata ás 19 horas. Os partidos serán os seguintes:
Campo de fútbol de Valladares/Sardoma
Víncios-Sara Molares
Panadería Alteiran-Vet. Tomiñeses
-Campo de fútbol de Castrelos
Dunas-Teros
Creciente-Chapela

-Campo de fútbol de Fragoselo
Coito-Mougas
Señorío de Rubios-Cereixo
-Campo de fútbol de Teis
Xuntanza-Piscis Domaio
El niño-Baredo
-Campo de fútbol de Beade/Matama
Veritas-Teis
Bar Volante-Ribadetea

Como se pode ver, serán unhas tardes de sábado cheas de fútbol, cheas de deporte, na que disfrutarán os participantes no torneo, que tamén nos farán disfrutar a nós.
Este sábado, vémonos no V Torneo de Fútbol Veteranos da Diputación de Pontevedra