viernes, 24 de agosto de 2012

Valladares en Festas

No mes de agosto unha chea de parroquias celebran as festas, en honor os seus santos. Valladares non é menos, e ten preparadas para esta fin de semana unhas grandes festas en honor a  Romaría da Virxe do Alba e San Bartolomeu.


Serán catro días cheos de festa, verbena e moito baile. Dende hoxe ata o luns 27 de agosto, poderemos disfrutar das festas en esta parroquia viguesa. O programa é o seguinte:
- Venres, 24 de agosto
- Romaría da Virxe do Alba e de San Bartolomeu: actuación do grupo Alborada e da charanga Va K Pinta. As 18 horas, haberá misa na capela, en honor a virxe do Rosario
- Día de San Bartolomeu. pola tarde a charanga Vai de Baile, actuará polas rúas da parroquia de Valladares.
- No torreiro haberá música e atraccións para pequenos e maiores
- Pola noite, comezo das festas de San Campio, cunha noite rockeira coa actuación varios grupos musicais

- Sábado, 25 de agosto
- 11:15 horas- entrada da charanga Vaite Xa e a banda escola de música de Valladares
- Charanga recorrerá as rúas de Valladares
- 12:45, concerto da banda de música, no Adro Parroquial
- 21:30, actuación no torreiro da Agrupación Folcoórica do CVC de Valladares
 - A noitiña, actuación dos grupos Atarot e M3
- Pola noite a actuación estelar destas festas, como é David Civera

- Domingo, 26 de agosto. Celebración de san Campio
- A partir das 10:45 farán a entrada e pasarrúas, as bandas de música: banda escola de música de Beade e a Unión musical de Valladares
- 12:00, misa maior na Igrexa Parroquial, cantada pola Coral Polifónica do CVC  de Valladares. O rematar haberá procesión, e concerto das dúas bandas de música
-A noitiña, verbena coas orquetas. Poceiro e Saudade 73

- Luns, 27 de agosto
- 11:00, Agrupación Musical de Vincios, dará concertos antes e despois da misa
- 12:00, misa con procesión
- 13:30, recibimento das carrozas dos barrios de Sobreira e Garrida
- 17.00, cucañas tradicinais
- Pola noite, finde de festa coas orquestas Asia e Ismael
- 00:00, fogos de lucería


Como podedes ver Valladares celebra a festividade de San Campio por todo o alto, animaros e disfrutade dun verán en festas.

No hay comentarios: