lunes, 24 de septiembre de 2012

Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Bailaríns, pandeiretas, gaitas...todo o que a música tradicional galega reúne, estará presente na III parte do Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, o próximo domingo 30 de setembro.
Xa son 8 os encontros folclóricos que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos. Trátase dunha forma de mostrar a xente, a gran calidade artística que teñen os nosos grupos de baile e música tradicional galega.

Este domingo, 30 de setembro, ás 18 horas da tarde, no auditorio da SCDR Helios de Bembrive, terá lugar  a III parte do VIII Encontro Folclórico.Os grupos que actuarán, son os seguintes:
- A.F. Andarela
- G.F. A Buxaina
- G.F. Queixumes
- G.F. O Coto

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, como organizadora de este evento queremos agradecer A Diputación de Pontevedra, que o patrocine; ademáis da colaboración da SCDR Helios de Bembrive.
O domingo, esperámolos ver no III Encontro Folclórico, un plan perfecto para pasar un outonal domingo de tarde.

jueves, 20 de septiembre de 2012

Concerto da Banda de Música "Lira" de San Miguel de Oia

¿Xa tedes plan para este sábado a tardiña? O CVC  de Valladares invítavos a disfrutar do concerto que ofrece a Banda de Música "Lira" de San Miguel de Oia.

Este sábado, día 22 de setembro, ás 20:30 horas da tarde, no auditorio do CVC de Valladares; a Banda de Música "Lira" de San Miguel de Oia, ofrecerá un concerto para todos nós.
A entrada a esta magnífica actuación, será libre ata completar aforo.

Este concerto pertence o ciclo "un mar de bandas". Está organizado pola Área de Cultura do CVC de Valladares; quenes vos invitan e esperan a vosa presenza neste gran concerto.

Rutas Teatralizadas polo Casco Vello de Vigo

¿Queres coñecer o Casco Vello de Vigo, escoitando as lendas sobre cada un dos seus rincóns, o pasado e o presente da zona máis antiga e característica de Vigo? A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, dámosche a oportunidade, grazas as Rutas Teatralizadas.
As Rutas Teatralizadas, trátanse dunha visita, na que actores de teatro nos presentan os lugares máis importantes do Casco Vello de Vigo. Unha forma divertida, animada e diferente de coñecer a historia da cidade.
O paseo comeza na Praza da Pedra, e remata neste mesmo lugar; no cal o final da visita, actuará un grupo de música tradicional galega.
Os horarios das visitas son pola mañán, ás 12 horas; e pola tarde ás 19 horas.Os grupos que actuarán este sábado son:
- 12: 00horas- A.F. Os Trasnos da Gaita
- 19:00 horas- Grupo Etnográfico A Buxaina

Se queren inscribirse nas visitas, poden facelo no facebook: www.facebook.com/vigovello.cca
Esperámolos ver este sábdao no Casco Vello; e recorden que ata o 13 de outubro teñen a oportunidade des participar nas Rutas Teatralizadas polo Casco Vello de Vigo.

miércoles, 19 de septiembre de 2012

Cursiños do CVC de Valladares

O CVC de Valladares xa ten aberto o prazo de inscripción, de varios cursos que darán comezo en outubro. Trátase de diferentes cursiños para tódalas idades e personalidades, con diferentes horarios.
Encaixe de bolillos, fotografía, multimedia, relaxación e papiroflexia; este son as actividades que o CVC de Valladares ofrecerá dende o mes de outubro, nas suas instalacións. Os horarios son os seguintes:
- Fotografía: luns e mércores- 21:00 a 22:30 horas; mércores- 11:30 a 13:00 horas
- Encaixe de bolillos: xoves- 16:30 a 18:30 horas
- Multimedia: luns, mércores e venres- 16:30 a 18:30 horas
 Este curso impartirase dende o 24 de setembro. Está destinado a persoas maiores de 55 anos
- Relaxación terapeutica: martes- 19:30 a 20:30 horas
- Papiroflexia: sábado- 17:00 a 19:00 horas

Como poden ver, trátase de cursos diferentes, os que non son habituales impartir en as asociación e entidades.
Se precisan saber máisinformación, poden achegarse polo CVC de Valladares en horario de oficina; ou chamar o número de teléfono: 986467053.

lunes, 17 de septiembre de 2012

Danza do Ventre, na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Facer deporte, fortalecendo mente e corpo, aumentando a concentración, ademáis da flexibilidade e elasticidade dos nosos músculos. Todo isto conseguímolo coa Danza do Ventre, unha das actividades que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo ofrecemos neste curso 2012/2013.
Danza do ventre, unha danza árabe, que combina elementos tradicionais do Oriente Medio xunto con outros do Norte de África. Na orixe, este baile facíao unha soa bailarina; aínda que agora podemos ver espectáculos con coreografías e varias compoñentes.
Esta danza é unha forma de fortalecer os músculos abdominais, aumentar a elasticidade e a capacidade mental de concentración e autoestima.
O horario do cursiño será os venres: pola mañán de 11:00 a 12:00 horas; pola tarde de 19:00 a 20:30 horas.
Se queredes máis información sen ningún compromiso, ou queredes matricularos, podedes chamar o teléfono: 886139670; ou achegaros ata o noso local, na rúa Panamá 2.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, pensamos no voso entretemento e benestar teñades a idade que teñades. Por iso vos ofrecemos unha gran cantidade de actividades, para tódalas persoas e para tódolos horarios, o mellor prezo. ¡Informádevos, estades a tempo!

VIII Marcha Popular polos monte veciñais en man común de Cabral e Candeán

Camiñar por monte e parques forestais, disfrutando da natureza e das preciosas paisaxes e vistas viguesas....Que máis podemos pedir para pasar unha relaxada mañán de domingo.
Por VIII ano consecutivo, a Asociación Cultural O Coto, organiza a marcha Popular Común polos montes en man común de Cabral e Candeán.Unha marcha para facer deporte, para pasalo ben coa compañía dos nosos veciños e veciñas e por suposto para disfrutar da maravillosa terra galega.
Este domingo, 23 de setembro, ás 10 da mañán, dará comezo esta marcha popular, xa coñecida por moitos de vós. O lugar de inicio, será o Parque Forestal do Vixiador; e rematará no Parque Forestal de Corogrande (Becerreira)
Haberá un autobús gratuito para voltar o punto de partida, no que comezou a marcha.Se queredes recibir máis información, entrade na páxina web: www.ocoto.org

Debemos agradecer a organización desta Marcha, a Asociación Cultural O Coto, sendo xa o VIII ano consecutivo que a organizan; e por suposto a tódolos colaboradores.


viernes, 14 de septiembre de 2012

Teatro no CVC de Valladares

Se queredes disfrutar dun fin de semana relaxado, vendo unha boa obra de teatro. Este sábado, no CVC de Valladares, representarase a obra: "Ás árvores non morrem de pé"


Este sábado, 15 de setembro, ás 20:30 horas, no auditorio do  CVC  de Valladares, o grupo Parroquial de Teatro de Sao Pedro da Cova, será o encargado de representar a obra.
A entrada será libre, ata completar aforo. Como poden ver, todo son comodidades.

Este grupo de teatro portugués, está desexando mostrarlle o público galego, esta gran obra de teatro. Así qie xa saben, este sábado ás 20:30 teñen unha cita en Valladares.

Rutas Teatralizadas polo Casco Vello de Vigo

¿Queres coñecer o pasado e o presente do Casco Vello de Vigo, dunha forma amena e diferente? Pois soamente tes que participar no proxecto Rutas Teatralizadas polo Casco Vello de Vigo.
Mañán, comezarán as visitas guiadas polo Casco Vello de Vigo, que nos mostrarán a historia deste lugar, mediante unha representación teatral a cargo de actores; e animada polos grupos folclóricos da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
A Ruta comeza e remata na Praza da Pedra; e neste mesmo lugar, para dar o broche de ouro o entretido paseo histórico, actuará un grupo tradicional de baile e música galego.
Os grupos que acturarán mañán serán:
- 12 horas: A.F.Corisco
- 19 horas: A.F. Andarela
Tódolos sábados, dende mañán, 15 de setembro, ata o 13 de outubro; ás 12 da mañán e ás 19 horas da tarde, teran lugar ás rutas polo Casco Vello.
Para inscribirse e recibir información sen ningún compromiso, pode facelo no facebook: www.facebook.com/vigovello.cca5

Non o dubide, e participe nas Rutas Teatralizadas polo Casco Vello, unha forma de coñecer a historia e o presente da cidade de Vigo.

Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Coa volta de setembro, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo continuamos organizando eventos culturais, para toda a cidade de Vigo. Un dos próximos será a III parte do Encontro Folclórico. 
O 30 de setembro, no auditorio da S.C.D.R. Helios de Bembrive, ás 18 horas; terá lugar a III xornada do Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. 
Trátase dun evento cultural que a Agrupación organizamos para que os nosos grupos folclóricos, teñan a oportunidade de mostrar ante o público, o gran estilo de baile e música que teñen.
Na III parte do Encontro Folclórico, os grupos participantes serán:
- A.F. Andarela
- G.F.A Buxaina
- G.F. Queixumes
- G.F. O Coto

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, somo os organizadores deste evento cultural; pero tamén hai que destacar a axuda da Diputación de Pontevedra, como patrocinadores e a S.C.D.R. Helios de Bembrive, como colaboradores .

Como poden ver, contamos con grandes actuacións, de grandes grupos, por eso os animamos a que non se perdan o III Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

martes, 11 de septiembre de 2012

Rutas Teatralizadas polo Casco Vello de Vigo

Este sábado,  15 de setembro, terá lugar a primeira xornada das "Rutas Teatralizadas polo Casco Vello de Vigo". Se queres coñecer a historia da túa cidade, anímate e participa.
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, organizamos este proxecto para todo aquel que queira coñecer as lendas do Casco Histórico, dunha forma diferente. Música tradicional galega e guías, serán os encargados de amenizarnos a visita e ensinarnos todo o que non sabemos sobre esta zona de Vigo.
Dende esta fin de semana, 15 de setembro ata o 13 de outubro, tódolos sábados ás 12:00 e ás 19:00 horas realizaránse estas visitas.O percorrido comezará e rematará na Praza da Pedra.
Para coñecer máis información e inscribirse, poden facelo no facebook: www.facebook.com/vigovello.cca.5

Os grupos folclóricos nos acompañarán o longo da visita, e farán unha actuación na Praza da Pedra o rematar o percorrido. Este sábado actuarán:
- 12:00 horas- Asociación Folclórica Corisco
- 19:00 horas- Asociación Folclórica Andarela
Neste proxecto colabora a Asociación de Comerciantes e Hosteleiros Vigovello cca; e está patrocinado pola Diputación de Pontevedra; pola Xunta de Galicia e polo Concello de Vigo.
Anímense a coñecer o Casco Vello de Vigo, da forma máis entretida posible.

lunes, 10 de septiembre de 2012

Rutas Teatralizadas polo Casco Vello de Vigo

¿Queres coñecer a historia do casco Vello de Vigo? Se desexa saber as lendas sobre a historia da tua cidade, achégate ata ás visitas Dramatizadas polo Casco Vello, un proxecto organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
Dende este sábado, 15 de setembro, ata o sábado 13 de outubro, terá lugar polas rúas do Casco Vello de Vigo, este proxecto destinado o coñecemento das lendas e historias do corazón da cidade Olívica. 
Uns guías explicaránnos o pasado desta zona, mentres que os grupos folclóricos da Agrupación, amenizan a visita e nos deleitan coa súa múscia e baile.
Serán dúas visitas o día, unha ás 12 da mañán, e outra ás 19 hora da tarde. Comenza na plaza da Pedra e despois de facer un percorrido polas rúas do Casco Histórico, remata no sitio de donde saíu.

Este gran proxecto, está organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo; colabora asociación de comerciantes e hostelerios Vigovello cca; e patrocina O Concello de Vigo e a Diputación de Pontevedra.
Para poder participar nestas visitas, podedes inscribirbos no facebook de Vigovello CCA.
Anímense e disfruten desta bonita cidade, gracias a historia e a música tradicional galega.

miércoles, 5 de septiembre de 2012

Cursiños da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Aínda que sigamos tendo sol e altas temperaturas, xa estamos en setembro. Tócanos pensar no inverno, no traballo e en elixir que actividade que vamos a realizar para manter o noso físico. A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais animámoste a que pases o inverno con nós, e cos nosos cursiños.
Aerobic, steps, bailes latinos, baile moderno, pilates, tai-chi...para os maiores e os máis pequenos da casa; con diferentes horarios de mañán e de tarde; unha morea de actividades son as que ofrecemos a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo nas nosas instalacións.
Se te matriculas estes días nalgún dos nosos cursiños, o mes de setembro será gratis. Anímate, e pide información sen ningún compromiso; podes chamar o número de teléfono: 886139670; ou achegándote ata o noso local na Rúa Panamá 2 (enriba de Álvarez).

Non o dubides, e pasa coa Agrupación a estación invernal disfrutando das nosas actividades. Con nós, todo son ventaxas.


martes, 4 de septiembre de 2012

Volta a rutina coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Coa chegada de setembro volve a rutina o traballo; as clases...o día a día do outono e do inverno. A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, tamén volvemos o traballo con innovacións.


Volvemos o traballo cheos de forzas e ganas, para seguir difundindo a cultura pola cidade de Vigo, axudando a tódolos colectivos que nos forman.
Festivais, cursiños, encontros...seguiremos realizando todo o que levamos organizando dende hai uns anos. 

Todo será publicado na nosa páxina de facebook e neste blog. Pero este ano contamos cunha novidade, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo xa ten Twiter: @ACDC_Vigo
Séguenos nesta rede social, e anima os teus amigos e familia para que tamén o fagan. Estaredes informados de tódalas novidades culturais e deportivas: festivais, romerías e demáis eventos que os nosos colectivos organizan para toda a cidadanía.
Contamos co voso apoio para a nosa promoción a través das redes sociais, conseguindo darnos a coñecer, e manteros informados de tódalas eventos culturais da nosa cidade.