miércoles, 5 de septiembre de 2012

Cursiños da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Aínda que sigamos tendo sol e altas temperaturas, xa estamos en setembro. Tócanos pensar no inverno, no traballo e en elixir que actividade que vamos a realizar para manter o noso físico. A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais animámoste a que pases o inverno con nós, e cos nosos cursiños.
Aerobic, steps, bailes latinos, baile moderno, pilates, tai-chi...para os maiores e os máis pequenos da casa; con diferentes horarios de mañán e de tarde; unha morea de actividades son as que ofrecemos a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo nas nosas instalacións.
Se te matriculas estes días nalgún dos nosos cursiños, o mes de setembro será gratis. Anímate, e pide información sen ningún compromiso; podes chamar o número de teléfono: 886139670; ou achegándote ata o noso local na Rúa Panamá 2 (enriba de Álvarez).

Non o dubides, e pasa coa Agrupación a estación invernal disfrutando das nosas actividades. Con nós, todo son ventaxas.


No hay comentarios: