martes, 4 de septiembre de 2012

Volta a rutina coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Coa chegada de setembro volve a rutina o traballo; as clases...o día a día do outono e do inverno. A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, tamén volvemos o traballo con innovacións.


Volvemos o traballo cheos de forzas e ganas, para seguir difundindo a cultura pola cidade de Vigo, axudando a tódolos colectivos que nos forman.
Festivais, cursiños, encontros...seguiremos realizando todo o que levamos organizando dende hai uns anos. 

Todo será publicado na nosa páxina de facebook e neste blog. Pero este ano contamos cunha novidade, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo xa ten Twiter: @ACDC_Vigo
Séguenos nesta rede social, e anima os teus amigos e familia para que tamén o fagan. Estaredes informados de tódalas novidades culturais e deportivas: festivais, romerías e demáis eventos que os nosos colectivos organizan para toda a cidadanía.
Contamos co voso apoio para a nosa promoción a través das redes sociais, conseguindo darnos a coñecer, e manteros informados de tódalas eventos culturais da nosa cidade.


No hay comentarios: