martes, 11 de septiembre de 2012

Rutas Teatralizadas polo Casco Vello de Vigo

Este sábado,  15 de setembro, terá lugar a primeira xornada das "Rutas Teatralizadas polo Casco Vello de Vigo". Se queres coñecer a historia da túa cidade, anímate e participa.
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, organizamos este proxecto para todo aquel que queira coñecer as lendas do Casco Histórico, dunha forma diferente. Música tradicional galega e guías, serán os encargados de amenizarnos a visita e ensinarnos todo o que non sabemos sobre esta zona de Vigo.
Dende esta fin de semana, 15 de setembro ata o 13 de outubro, tódolos sábados ás 12:00 e ás 19:00 horas realizaránse estas visitas.O percorrido comezará e rematará na Praza da Pedra.
Para coñecer máis información e inscribirse, poden facelo no facebook: www.facebook.com/vigovello.cca.5

Os grupos folclóricos nos acompañarán o longo da visita, e farán unha actuación na Praza da Pedra o rematar o percorrido. Este sábado actuarán:
- 12:00 horas- Asociación Folclórica Corisco
- 19:00 horas- Asociación Folclórica Andarela
Neste proxecto colabora a Asociación de Comerciantes e Hosteleiros Vigovello cca; e está patrocinado pola Diputación de Pontevedra; pola Xunta de Galicia e polo Concello de Vigo.
Anímense a coñecer o Casco Vello de Vigo, da forma máis entretida posible.

No hay comentarios: