lunes, 30 de mayo de 2011

Publicacións da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo


Dende fai un tempo, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, publica e anuncia os actos que esta organiza e nos que colabora; pero ademáis disto, fala de todo o que as nosas entidades teñen organizado para os seus veciños.




Son varios os medios que a Agrupación usamos para anunciar as novidades que están relacionadas coa cultura de Vigo. Estes van dende este propio blog, ata diferentes periódicos diarios.
A nosa intención, non é outra que a de manter informada a población, e animala a que disfrute cos actos e actividades que case tódalas semanas se levan a cabo nas diferentes sociedades e centros culturais de todo Vigo.

O medio no que máis publicamos, non é outro que este propio blog. Como mínimo duas veces por semana, facemos publicacións falando sempre das últimas novidades en cultura. Estas mesmas entradas, publícanse automáticamente en Facebook, na páxina Agrupción de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, na que con só darlle o me gusta, enterarédebos de todas as novidades.
Outra forma de comunicarnos con vós, é a través dos periódicos Faro de Vigo e Atlántico Diario, nos que cada un dos actos que organizamos saldrán publicados no apartado de axenda, un día antes do que se realiza o acto. Informando da fecha, lugar e hora nos que tendrá lugar a actividade.
Tamén no periódico Faro de Vigo, no apartado de "Vigo polos catro costados", habrá un artículo sobre os nosos actos unha vez xa realizados.
Por suposto, non pode faltar entre os nosos medios de comunicación os carteis, os cales están pegados nos taboeiros de anuncios, das nosas entidades e como non, no taboeiro do noso local.
Finalmente decirlles, que non olviden visitar a nosa páxina web: http://www.centrosculturaisvigo.es/.

Dende a Agrupación de centros Deportivos e Culturais de Vigo, soamente queremos que estén informados constantemente, dos actos da propia Agrupación e dos das nosas entidades, que con tanto traballo e ilusión organizamos, para que vostedes disfruten .

jueves, 26 de mayo de 2011

Festival Internacional, organizado por "Os ventos de comesaña"

Grupos de folclore nacionais e internacionais; concurso de empanada e postres; actuación do Showman Alberto Cunha,...e incluso a retransmisión da final da Champions en unha pantalla xigante. Unha ampla e entretida lista de actuacións e actividades e a que se levarán a cabo esta fin de semana en San Andrés de Comesaña.





Este sábado 28 e domingo 29 de maio, non poden faltar a cita que a Sociedade Folclórica os Ventos de Comesaña teñen organizada. Trátase dun Festival Internacional e da celebración do día do socio 2011. Serán dous días cheos de entretemento e cultura, podende disfrutar con eles persoas de calquera idade.
Estes actos terán lugar na alameda de San andrés de Comesaña, un lugar fantástico para reunir a gaiteiros, bailaríns,.... e por suposto espectadores. O programa e orde que se seguirá será o que se expón a continuación.
- Sábado 28: Festival Internacional 2011
- 18:00. Inauguración dos actos
- Rancho Folclórico "San Pedro do Sul"(Portugal)
- Grupo Folclórico de Burgos "Tierra noble de las Quintanillas"
- Grupo Folclórico "Andarela"
- Asociación Folclórico tradicional "Os ventos de Comesaña"
- 20:00. Concurso de empanadas e postres elaborados con piña
- 20:45. Retransmisión da final da CHAMPIONS; habrá unha pantalla xigante
- O remate do partido: Serán dos Ventos de Comesaña

- Domingo 29: Día do Socio 2011
- 12:00. Santa Misa polos socios finados e presentes
- 13:00. Banda de gaitas "Os ventos de Comesaña"
- 14:00. Xantar popular
- 16:00. Actuación do Showman Alberto Cunha (actor, músico, compositor e humorista)
- 17:00. Sorteos para os asistentes
- 18:00. Entrega de premios os participantes do concurso de empanados e postres
- 18:30. Clausura dos actos

Como poden observar, teñen unha ampla programación para disfrutar, e dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, esperamos que se acheguen ata este gran festival.


martes, 24 de mayo de 2011

Campamentos Urbanos, organizados pola Deputación de Pontevedra

Chega o verán, as vacacións, acábase a escola e os nenos teñen unha chea de horas para desfrutar do sol e da calor. Para que este tempo sexa máis ameno, a Deputación de Pontevedra organiza os campamentos urbanos na sede de Vigo.






En colaboración co Centro Deportivo Coliseum, a Deputación de Pontevedra organiza os Campamentos Urbanos, para nenos de 4 a 13 anos, que terán lugar nas instalacións deportivas do Ximnasio Coliseum. Serán actividades lúdico- deportivas, na que se practicarán deportes con xogos e competicións que controlarán monitores especializados e titulados.

Os nenos e nenas separaránse en diferentes grupos por idades, e podrán practicar: natación; mini- tenis; aerobic; gimnasia; futbito; xogos; sala de pintura e manualidades. Tamén habrá un servizo opcional, que é o de gardería infantil co horario de 9:00 a 10:00 e de 13:00 a 14:00.

Con estes campamentos urbanos, ademáis de fomentar as actividades e coñecementos nos nenos, axuda a mantelos activos en horario laboral, pois as actividades teñen horario de 10:00 a 13:00 horas. Os grupos de cada turno, os cales se especificarán de seguido, serán de 90 nenos. Estes rapaces recibirán un diploma o rematar o campamento.
As fechas dos diferentes turnos serán:
- turno 1: do 27/06/2011 ó 01/07/2011
- turno 2: do 04/07/2011 ó 15/07/2011
- turno 3: do 18/07/2011 ó 29/07/2011
- turno 4: do 01/08/2011 ó 12/08/2011
- turno 5: do 17/08/2011 ó 31/08/2011
- turno 6: do 01/09/2011 ó 09/09/2011

A presentación de solicitudes realizarase na sede en Vigo da Diputación de Pontevedra, c/Oporto, 3 36201 Vigo. con horario de 9:00 a 13:00 horas. Seguirase un estricto orden de entrada no rexistro ata agotar as plazas.
O coste será:
- As quincenas de xullo/ agosto: 80 euros, dos cales a Diputación aportará 20 euros e o alumnado 60 euros
- As semanas de xuño/ septembro: 40 euros, dos cales a Diputación aportará 10 euros e o alumnado 30 euros
A forma de pago será depois de que se adxidique a plaza, no número de conta: 2080 0217 37 0040006564. Como concepto: campamentos urbanos

Dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, animamos a tódolos nenos e nenas, para que acudan a estes campamentos urbanos, que sen dúbida serán divertidos ademáis de educaticos.

jueves, 19 de mayo de 2011

Tenis de mesa en Bembrive, fase de ascenso a 1ª división Nacional


Esforzo, moitas horas de entrenamento, superación,...estes son os requisitos que o equipo Helios B.T.M. mantén día a día dende o seu comezo. Gracias os cales, esta fin de semana, os días 21 e 22, disputarán no pavillón de deportes Vicente Álvarez de Bembrive, a fase de ascenso a 1ª nacional de tenis de mesa.



Foi hai 6 anos, cando un grupo de tan só 5 xogadores, decidiron formar un equipo de tenis de mesa, pertencente a Sociedade Recreativa, cultural e deportiva Helios de Bembrive. En este breve periodo de tempo, non só destacaron no tenis de mesa galego, senón que chegaron a nivel nacional.
Na actualidade, conta con 26 fichas federativas e con tres equipos competindo nas ligas de 2ª división galega; 1ª división galega e 2ª división nacional. Cabe destacar, que a 1ª división galega é a máxima categoría galega.
Nesta tempada 2010- 2011, poderían alcanzar un histórico triple ascenso de categoría, pois os tres equipos foron campións das suas respectivas ligas, e soamemte queda pendente o ascenso a 1ª división nacional.
Ademáis de destacar na liga galega e nacional, tamén acadaron grandes logros en distintos campionatos disputados. Quedando aínda pendentes de disputar, campionatos galegos en tódalas categorías, así como o torneo de verán de Bembrive.
Non cabe dúbida de que a calidade humana, o esforzo, humildade, compañeirismo e sacrificio; foron os ingredentes ideales para o éxito de este club.
Os días 21 e 22 deste mes de maio, teñen unha importante cita no pavillón Vicente Álvarez da súa parroquia, na cal podrán ascender a 1ª nacional de tenis de mesa. Nesta disputa, competirán contra equipos de Santiago, Ferrol, León, Avilés, San Sebastián,...
Dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, desexámoslle o noso apoio e sorte, para que poidan alcanzar este soño que durante toda a tempada estiveron perseguindo. Sexa cal sexa o resultado, nunca esqueceremos o nivel; o éxito e todo o que estes rapaces conseguiron, nestes 6 anos de vida do gran equipo de tenis de mesa, Helios B.T.M.

jueves, 12 de mayo de 2011

Celebración do día das letras galegas nas nosas entidades

Baile, gaitas, panderetas, teatro...unha morea de diversas e variadas actuacións, son coas que as nosas entidades, celebrarán o día das Letras Galegas. Moitos son os actos, que se realizarán por todo Vigo, dende hoxe ata o próximo martes, 17 de maio.


Dende a Agrupación de centros deportivos e culturais de Vigo, queremos informarlles das actividades que se celebrarán, para que poidan pasar este día das letras galegas, entretidos con festivais que as nosas entidades se esmeran en organizar para o seu desfrute.
Moitos destes actos van dirixidos a a recordar o autor homenaxeado este ano, Lois Pereiro; pero tamén habrá actuacións de teatro e folclore en cada unha das entidaes; e incluso un dos nosos grupos, viaxará ata Castellón, para levar ata este lugar a cultura e tradición galega.
Os festivais que se levarán a cabo serán os seguintes:
- Centro veciñal e cultural de Valladares
Día 17 de maio
- obra de teatro "Historias peregrinas"
- recitado de lecturas e poesías en galego

- Centro cultural e artístico Rueiro
Día 12 de maio - lectura da vida e obras de Lois Pereiro. As 20:00, no salón de actos de complexo parroquial Cristo da Victoria
Día 16 de mayo - noite das letras galegas: lectura de poesñia, cantos e música galega.As 20:30
Día 17 de maio - Obra de teatro: "o cadáver do señor García". Representada polo grupo de teatro "Tarantela" do CRC Beade. As 19:30, no complexo do Cristo da Victoria

- Centro cultural "Helios" de Bembrive
Día 15 de maio - actuación de baile moderno. As 12:00
- actuación da banda de gaitas Charamuscas. As 20:00
Día 17 de maio - actuación da banda de música Ateneo e a coral de Bembrive. As 12:30
- actuación do grupo de baile, "Cans de palleiro", acordeóns 2Algareiro", e o frupo folc "O son das ondas". As 19:00

- Sociedade Cultural e Deportiva Atántida de Matamá
Día 17 de maio - lectura da biografía de Lois Pereiro; recital de poemas; actuación do grupo de gaitas, cantareiras e baile; presentación do grupo de acordeóns

- Asociación folclórica Andarela
Días 13, 14 e 15 de maio - viaxarán ata Castellón, o festival internacional de Danses. Alí actuarán o dia 14 e 15 pola tarde, mostrando o seu mellor baile

Como poden comprobar, hai un ampla programación para desfrutar deste día. Esperemos que sexa do seu agrado, e que asistan a algún dos festivales que as nosas entidades realizarán estes días.

martes, 10 de mayo de 2011

Programación de maio, da S.C.D.R. Helios de Bembrive

Gracias a S.C.D.R."Helios", os veciños da parroquia viguesa de Bembrive teñen un mes de maio cheo de actividades e entretemento para tódalas idades. Serán moitos os actos, representacións, actuacións,...que a directiva deste centro deportivo e cultural organiza.


A S.C.D.R. "Helios", encóntrase a uns poucos quilómetros do centro da cidade de Vigo, situada na parroquia viguesa de Bembrive. Unha parroquia, da cal, as suas primeriras mencións remóntanse o ano 915.
O patrimonio artístico deste lugar concéntrase na iglesia parroquial de Bembrive, construída no siglo XII; o cruceiro do "Cacheno", do siglo XVIII; os 137 horreos, os cales contan con máis de cen anos de historia.
A demanda de cultura dos veciños de Bembrive, é cuberta polos centros socioculturales "Xestas" e "Helios", os cales forman parte da Agrupación de centros de portivos e culturais de Vigo. Estes son os encargados de fomentar a cultura, o ocio, as actividaes de tempo libre para tódolos veciños desta parroquia.
Respecto a S.C.D.R. "Helios de Bembrive" , data de comenzos do siglo XX pola actividades da Irmandade de Labradores e Gandeiros, que formou a coral "helios". Dende aquela fecha, día a día, e ano tras ano, este centro socio deportivo e cultural, cubre o tempo dos veciños desta parroquia e arredores, con actos culturais, educativos, informativos..case tódolos fines de semana do ano.
Dende a Agupación de centros deportivos e culturais de Vigo, queremos convidalos os actos que a directiva desta sociedade deportiva e cultural organizou para o mes de maio:
- Día 14: grupo de teatro "escoitade", as 21:00
- Día 18: cérrase o prazo para a excursión as Illas Cíes, que terá lugar o 28 de xuño
- Día 21: actuación das corales "Allegro" e "Santa Clara de Lavadores"
- Día 21 e 22: fase final da Liga Nacional de tenis de mesa, da 1ª división masculina zona A. Terá lugar, no pavillón "Vicente Álvarez"
- Día 28: teatro de adultos. Levado a cabo por "Limiar teatro", as 21:00

Nada máis decirlles, que esperemos que asistan a algún destes entretidos actos, que dende a directiva da S.C.D.R."Helios" de Bembrive, organizan con gran ilusión e ganas, por fomentar a cultura e o entretenemento entre a población.

jueves, 5 de mayo de 2011

Encontro folclórico en Matamá

Este domingo 8 de maio, na sociedade cultural e deportiva Atlántida de matamá, terá lugar o terceiro encontro folclórico. Organizado pola agrupación de centros deportivos e culturais de Vigo e patrocinado pola Deputación de Pontevedra.


Matamá é unha parroquia viguesa, que se extende o longo do río lagares, conta con un importante patrimonio arquelóxico, como varias estacións de arte rupestre; con numerosos lavadeiros, fontes, muíños,...e por suposto con unha gran actividade socio- cultural, levada a cabo pola asociación de veciños "A unión", e pola "sociedade cultural e deportiva "Atlántida de Matamá"

A sociedade cultural e deportiva Atlántida de Matamá, enriquece a cultura e entretén o tempo dos veciños desta parroquia viguesa, tendo unha gran axenda de actos culturais e deportivos tódolos fins de semana, así como numerosos cursos e actividades, durante toda a semana.


Este centro socio- cultural, entre outros gurpos e formacións ten: a agrupaciòn musical; a agrupación coral; grupo folclórico; grupo de teatro; escola de música; fútbol...como se pode obervar, unha gran variedade de actividades para enriquecer a cultura desta parroquia do concello de Vigo.


Será neste sociedade deportiva e cultural, onde terá lugar o terceiro encontro folclórico deste ano 2011. Participarán catro grupos folclóricos que amenizarán a tarde de domingo, mostrándonos o seu mellor baile, música e canto.
Este domingo 8 de maio, ás 18:00, participarán os seguintes grupos:

A.F. Andarela








  • A.F.Airiños do Coto






  • A.C.M Os Trasnos da Gaita






  • G. Folclórico da S.R.D. Atlántida de Matamá


Dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, esperamos velos, desexando que este fermoso acto sexa do seu agrado.

martes, 3 de mayo de 2011

Traje Tradicional Galego de Gala

Un traxe cheo de historia, valor e cultuta para o pobo galego...asi é o traxe tradicional galego. Ese que os nosos antepasados levaron, e que en este mometno son os grupos folclóricos os encargados de mostrarllo a todo o mundo.












Este traxe pódese dividir en dous grandes grupos: o de faena, ou traballo e o de gala, ou tamén chamado de gardar. Este último, moito máis complicado e valorado, polos seus adornos e complementos.



Na antiguedade, segundo a ocasión, as posibilidades da familia, a zona,... escolleríase un o outro traxe para vestir. O traxe de faena, era máis ben usado, para taballar no campo, os días laborables, para familias con poucos medios económicos. Mentres que o de gala, era gardado para as ocasións máis especiais; este último tamén mostraba o ser dunha familia acaudalada e con riqueza



Según se o traxe sea femenino ou masculino, tendrá diferentes partes.



Traxe feminino:
Na cabeza
casquete: pequeno sombreiro de forma circular
chapeu: sombreiro que pode ser de palla ou tela
cofia
pano


Parte superior



camisa



mantón



mantillo



corpiño



xubón
xustillo
dengue



corpiño

chaquetilla

sapo: os adornos que colgan sobre o peito


Parte inferior
saia



mandil



mantelo



enaguas
refaixo
pololos

calzas ou medias

zocos ou chancas


- Traxe tradicional galego masculino



- cabeza:

monteira
- Parte superior
camisa
chaleco
chaqueta


- Parte inferior



cirolas
faixa



polainas



zocos ou chancas