jueves, 5 de mayo de 2011

Encontro folclórico en Matamá

Este domingo 8 de maio, na sociedade cultural e deportiva Atlántida de matamá, terá lugar o terceiro encontro folclórico. Organizado pola agrupación de centros deportivos e culturais de Vigo e patrocinado pola Deputación de Pontevedra.


Matamá é unha parroquia viguesa, que se extende o longo do río lagares, conta con un importante patrimonio arquelóxico, como varias estacións de arte rupestre; con numerosos lavadeiros, fontes, muíños,...e por suposto con unha gran actividade socio- cultural, levada a cabo pola asociación de veciños "A unión", e pola "sociedade cultural e deportiva "Atlántida de Matamá"

A sociedade cultural e deportiva Atlántida de Matamá, enriquece a cultura e entretén o tempo dos veciños desta parroquia viguesa, tendo unha gran axenda de actos culturais e deportivos tódolos fins de semana, así como numerosos cursos e actividades, durante toda a semana.


Este centro socio- cultural, entre outros gurpos e formacións ten: a agrupaciòn musical; a agrupación coral; grupo folclórico; grupo de teatro; escola de música; fútbol...como se pode obervar, unha gran variedade de actividades para enriquecer a cultura desta parroquia do concello de Vigo.


Será neste sociedade deportiva e cultural, onde terá lugar o terceiro encontro folclórico deste ano 2011. Participarán catro grupos folclóricos que amenizarán a tarde de domingo, mostrándonos o seu mellor baile, música e canto.
Este domingo 8 de maio, ás 18:00, participarán os seguintes grupos:

A.F. Andarela








  • A.F.Airiños do Coto






  • A.C.M Os Trasnos da Gaita






  • G. Folclórico da S.R.D. Atlántida de Matamá


Dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, esperamos velos, desexando que este fermoso acto sexa do seu agrado.

No hay comentarios: