martes, 24 de mayo de 2011

Campamentos Urbanos, organizados pola Deputación de Pontevedra

Chega o verán, as vacacións, acábase a escola e os nenos teñen unha chea de horas para desfrutar do sol e da calor. Para que este tempo sexa máis ameno, a Deputación de Pontevedra organiza os campamentos urbanos na sede de Vigo.






En colaboración co Centro Deportivo Coliseum, a Deputación de Pontevedra organiza os Campamentos Urbanos, para nenos de 4 a 13 anos, que terán lugar nas instalacións deportivas do Ximnasio Coliseum. Serán actividades lúdico- deportivas, na que se practicarán deportes con xogos e competicións que controlarán monitores especializados e titulados.

Os nenos e nenas separaránse en diferentes grupos por idades, e podrán practicar: natación; mini- tenis; aerobic; gimnasia; futbito; xogos; sala de pintura e manualidades. Tamén habrá un servizo opcional, que é o de gardería infantil co horario de 9:00 a 10:00 e de 13:00 a 14:00.

Con estes campamentos urbanos, ademáis de fomentar as actividades e coñecementos nos nenos, axuda a mantelos activos en horario laboral, pois as actividades teñen horario de 10:00 a 13:00 horas. Os grupos de cada turno, os cales se especificarán de seguido, serán de 90 nenos. Estes rapaces recibirán un diploma o rematar o campamento.
As fechas dos diferentes turnos serán:
- turno 1: do 27/06/2011 ó 01/07/2011
- turno 2: do 04/07/2011 ó 15/07/2011
- turno 3: do 18/07/2011 ó 29/07/2011
- turno 4: do 01/08/2011 ó 12/08/2011
- turno 5: do 17/08/2011 ó 31/08/2011
- turno 6: do 01/09/2011 ó 09/09/2011

A presentación de solicitudes realizarase na sede en Vigo da Diputación de Pontevedra, c/Oporto, 3 36201 Vigo. con horario de 9:00 a 13:00 horas. Seguirase un estricto orden de entrada no rexistro ata agotar as plazas.
O coste será:
- As quincenas de xullo/ agosto: 80 euros, dos cales a Diputación aportará 20 euros e o alumnado 60 euros
- As semanas de xuño/ septembro: 40 euros, dos cales a Diputación aportará 10 euros e o alumnado 30 euros
A forma de pago será depois de que se adxidique a plaza, no número de conta: 2080 0217 37 0040006564. Como concepto: campamentos urbanos

Dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, animamos a tódolos nenos e nenas, para que acudan a estes campamentos urbanos, que sen dúbida serán divertidos ademáis de educaticos.

No hay comentarios: