jueves, 26 de mayo de 2011

Festival Internacional, organizado por "Os ventos de comesaña"

Grupos de folclore nacionais e internacionais; concurso de empanada e postres; actuación do Showman Alberto Cunha,...e incluso a retransmisión da final da Champions en unha pantalla xigante. Unha ampla e entretida lista de actuacións e actividades e a que se levarán a cabo esta fin de semana en San Andrés de Comesaña.





Este sábado 28 e domingo 29 de maio, non poden faltar a cita que a Sociedade Folclórica os Ventos de Comesaña teñen organizada. Trátase dun Festival Internacional e da celebración do día do socio 2011. Serán dous días cheos de entretemento e cultura, podende disfrutar con eles persoas de calquera idade.
Estes actos terán lugar na alameda de San andrés de Comesaña, un lugar fantástico para reunir a gaiteiros, bailaríns,.... e por suposto espectadores. O programa e orde que se seguirá será o que se expón a continuación.
- Sábado 28: Festival Internacional 2011
- 18:00. Inauguración dos actos
- Rancho Folclórico "San Pedro do Sul"(Portugal)
- Grupo Folclórico de Burgos "Tierra noble de las Quintanillas"
- Grupo Folclórico "Andarela"
- Asociación Folclórico tradicional "Os ventos de Comesaña"
- 20:00. Concurso de empanadas e postres elaborados con piña
- 20:45. Retransmisión da final da CHAMPIONS; habrá unha pantalla xigante
- O remate do partido: Serán dos Ventos de Comesaña

- Domingo 29: Día do Socio 2011
- 12:00. Santa Misa polos socios finados e presentes
- 13:00. Banda de gaitas "Os ventos de Comesaña"
- 14:00. Xantar popular
- 16:00. Actuación do Showman Alberto Cunha (actor, músico, compositor e humorista)
- 17:00. Sorteos para os asistentes
- 18:00. Entrega de premios os participantes do concurso de empanados e postres
- 18:30. Clausura dos actos

Como poden observar, teñen unha ampla programación para disfrutar, e dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, esperamos que se acheguen ata este gran festival.


No hay comentarios: