sábado, 30 de junio de 2012

Festa da Cultura de Vigo 2012

Soamente queda unha semana para a gran festa do ano, a Festa da Cultura de Vigo 2012. A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo estamos ultimando os detalles para este gran acontecemento o que non podedes faltar.


A próxima fin de semana, 7 e 8 de xullo, na Porta do Sol de Vigo, terá lugar a Festa da Cultura de Vigo. Un gran evento no que non faltará de nada, diversión e música para todos nós. Dende os máis pequenos, ata os máis maiores poderemos disfrutar desta festa.

Actuacións de forma continua, postos artesanais de feito a man, talleres de maquillaxe e manualidades para nenos, concerto estelar de Son de Seu, serán...

Dende o sábado 7 de xullo, ás 10 da mañán; ata o domingo 8 de xullo ben pasada a noite, Vigo terá unha gran festa, a que ninguén pode faltar.
 

miércoles, 27 de junio de 2012

Festa da Cultura 2012. Programación

Unha das festas máis importantes de Vigo, está a punto de chegar a nosa cidade: A Festa da Cultura de Vigo, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.


A próxima fin de semana, 7 e 8 de xullo, tedes unha cita na Porta do Sol en Vigo. Actuacións de forma continua; grandes concertos; serán; postos de artesanía; feito a man...Dous días cheos de cultura e diversión.
A programación e a prde de actuacións serán as seguintes:
-Sábado 7 de xullo:
- 10:30- Inauguración
- 11:00- Grupo de gaitas "O Coto"
- 11:00- Exhibición Tenis de mesa
- 12:30- A.F.os ventos de Comesaña
- 13:00- A.F. Corisco

-18:00- A.F.Queixumes
-18:30- A.F.os trasnos da gaita
-19:00- Cantareitas da A.F.Rueiro
-19:30- A.F. Lembranzas Galegas
-20:00- Grupo de danza oriental da SCD Helios de Bembrive
-20:30- Grupo Etnográfico A Buxaina
-21:00- A.F.Froles Novas
-21:30- A.F.Andarela
-22:00- A.F.Asubío
-22:30- A.C.Traspés
-23:00- Serán popular

-Domingo 8 de xullo:
-11:00- Grupo de Gaitas do CCR de Cabral
-11:30- Escola de Acordeóns do CVC de Valladares
-12:00- Grupo Baile Moderno Matamá
-12:30- Banda de música Ateneo de Bembrive
-13:15 -Acto Central con Autoridades
-13:30- Actuación de 150 gaiteiros da Agrupación
-14:30- Comida oficial Autoridades e Entidades
-22:00- Concerto da orquesta Folk "Son de Seu"
 Para acompañar todo isto, haberá talleres para nenos, postos artesanais pola rua, animación exposicións...e unha morea de cousas que non vos podedes perder. ¡¡Esperámosvos!!



martes, 26 de junio de 2012

Festa da Cultura de Vigo 2012

Achégase o mes de xullo, e outro ano máis poderemos disfrutar da Festa da Cultura de Vigo, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo; o 7 e 8 de xullo tedes unha cita na Porta do Sol en Vigo.



A directiva da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, xa levamos uns meses traballando na organización desta gran festa. Unha festa na que reunimos e congregamos a todo o que representa a Agrupación, para mostrarlle a xente da rua o que facemos durante o ano.
Haberá actuacións de forma continua dende a mañán ata a noite e o  gran concerto, de Son de Seu como peche de festa, o domingo a noite.
Pero ademáis este ano haberá varias novidades: o sábado a noite teremos un serán, no que poderán participar todos os que queiran; haberá postos artesanais, de gaitas, telas, zocos, agasallos feitos a man,....Aínda que se hai que destacar algo, ese será o gran concerto que ofrecerán 150 gaiteiros, pertencentes os noso colectivos, o domingo o mediodía.




Como poden ver, moitas son as novidades que este ano terán lugar na Festa da Cultura de Vigo. O longo desta semana, informarémosvos de toda a programación, e todo o que esta festa conleva.
Xa sabedes, o sábado e domingo 7 e 8 de xullo, tedes unha cita na na Porta do Sol en Vigo, coa Festa da Cultura 2012, unha das festas máis importantes da cidade de Vigo.

lunes, 25 de junio de 2012

Festival Musical da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Ballet e baile moderno interpretado por nenos e nenas; mozos e mozas que durante todo o ano ensaiaron para asombrarnos coa sua actuación. Chega o Festival Musical da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

Este venres, 29 de xuño, ás 20 horas, no CVC de Valladares, poderán disfrutar deste gran evento. Nel reúnense grupos de baile moderno pertencentes a colectivos da nosa Agrupación.
Como novidades deste ano, dous dos grupos participantes son alumnos dos cursiños que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, impartimos no noso local, durante o curso 2011- 2012. Nos cales se poden matricular para o curso 2012- 2013.

Os grupos que actuarán neste festival son:
- Grupo de Baile moderno "As sereas" do CVC de Valladares
- Grupo de alumnos de baile moderno de ACDC
- Grupo de alumnos de ballet de ACDC

Un gran festival o que o venres terá lugar no auditorio do CVC  de Valladares.¡Non poden faltar!

viernes, 22 de junio de 2012

Festa A Bouza 2012

Chega a Festa da Bouza 2012, esta fin de semana no parque da Bouza, haberá festa con variedade de actividades: actuacións de grupos, ceas, paseos, exposicións de fotografías, queimada...

Esta fin de semana, dende hoxe, venres 22 de xuño, ata o sábado a noite, haberá festa rachada no parque da Bouza.

Hoxe, venres 22 de xuño:
-20:00 horas: retransmitirase un programa de radio dende o parque da Bouza
-22:00 horas: cea comunitaria

Mañán, sábado 23 de xuño:
-10:00 horas: campionato de furbol para nenos
-12:00 horas: paseo pola Bouza; xogos populares para nenos;  exposición fotográfica de Haití
-13:00 horas: pandeiretas
-14:00 horas: xantar comunitario na Carballeira
-17:00 horas: campionato de chave para os maiores
-19:00 horas: grupo folclórico Rueiro
-20:00 horas: cea comunitaria na Carballeira
-21:00 horas: festa popular
-22:00: queimada

Esta gran festa está organizada polo movemento cidadán "O noso barrio"; Centro Cultural "Rueiro"; asociación de mulleres "Dorna"; asociación xuvenil " Luar"

jueves, 21 de junio de 2012

Noite de San Xoan no CRAC de Coruxo

Achégase a noite do ano, con máis maxia...esa noite na que todo o mundo aproveita para pedir desexos e espantar as meigas....No CRAC de Coruxo, queren festexar con todos nos, esta noite tan importane.

Sardiñas, viño e boa música, grazas a charanga "vai de baile" e "as escolas de música tradicional do CRAC de Coruxo".
Moita festa é o terán a partir das 22:00 da noite, no torreiro de festas do Carme; moita música e moito baile, ata ás 24:00 horas. Momento no que se prenderá a fogueira, que celebra a chegada do día de San Xoan.

Xa o sabedes, se quredes disfrutar dunha boa noite de San Xoan, achegádevos ata o CRAC de Coruxo, este sábado ás 22:00 horas da noite.

martes, 19 de junio de 2012

Festival musical, da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Despois do Encontro Folclórico, a próxima semana poderedes disfrutar do Festival Musical, que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organiza cada ano.

Outra vez máis, a Agrupación de Centros Deportivos e Cultutais de Vigo reunimos nun mesmo festival a diferentes grupos; de estilos diferentes de baile.

O próximo venres, 29 de xuño, ás 20:00 horas da tarde, no audiotorio do CVC de Valladares; a Agurpación organizaremos o segundo festival muscial deste ano 2012.
Nel participarán:
- Grupo de baile moderno "As sereas" de Valladares
- Grupo de alumnos dos cursos de baile moderno da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo
- Grupo de alumnos dos cursos de ballet ad Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo Un gran evento o que non poden faltar; esperámolos no Festival Musical.

jueves, 14 de junio de 2012

VII Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Este domingo, 17 de xuño, tedes unha cita a que non podedes faltar...terá lugar a segunda parte do VII  Encontro Folclórico, que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, continuamos co noso afán de promover a cultura e a danza tradicional galega, facendo hincapé nos grupos da nosa cidade.

O domingo, 17 de xuño, ás 18:00 horas da tarde, no Centro Cultural e Recreativo de Cabral, Becerreira, terá lugar a segunda parte do VII Encontro Folclórico da Agrupación. Neste participarán os grupos:
- Grupo Folclórico da SCD Atlántida de Matamá
- Grupo Folclórico Lembranzas Galegas
- Grupo Folclórico do CVC de Valladares

Este evento está organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo; patrocinado pola Diputación de Pontevedra e colabora o CCR  de Cabral.
Non podedes faltar a este gran acto, no cal participarán grandes grupos da nosa cidade, que axudan a manter o espírito tradicional galego. Animádevos e achegádevos ata Cabral.

Tarde de baile infantil no CRAC de Coruxo

O fin de curso está cerca e chega a hora de demostrar todo o que os nenos e nenas ensaiaron durante estes meses.


Este domingo, 17 de xuño, ás 17:30 horas da tarde, no salón de actos do CRAC de Coruxo, haberá Tarde de Baile Infantil, Coa actuación da escola de baile moderno CEIP A Paz - Tintureira.

 Os nenos e nenas deste grupo estarán dispostos a deixarnos a todos  e todas coa boca aberta, grazas a gran actuación que van a realizar...por elo, non o podemos perder.

miércoles, 13 de junio de 2012

Fin de semana no CVC de Valladares

Achégase a fin de semana, e seguro que aínda non tes plans...pois non tes máis que pensar, o CVC de Valladares  ofrécenos unha morea de actividades e actos entretidas, para aproveitar o máximo eses días de descanso.
Dende o venres ata o domingo, o CVC de Valladares organiza varios e diferentes actos para todos nós.
O venres, 15 de xuño, ás 20:00 horas, nas salas 4 e 5, con entrada libre, ofrecen unha charla sobre "A Eficiencia Enerxética". Daránnos ideas de como aforrar na factura da luz; que é o que provoca a subida do prezo da luz...un coloquio no que participarán como poñentes: José Ramón Ledo Meijone, enxeñeiro industrial e Pablo Freiría Lorenzo; aequitecto técnico. Colaboran CVC de Valladares e eFixes

O sábado 16 de xuño, ás 20:30 horas, con entrada libre, no auditorio do CVC de Valladares, Teatro Estepario, pon sobre a escea a obra "Diálogos". Esta trata sobre o tema actual da Soidade...sen dúbida unha obra psicolóxica que non podemos perder.


O domingo 17 de xuño, ás 19:00 horas, non auditorio do CVC de Valladres, haberá un Festival Solidario ACOPOVI, para o Banco de Alimentos. Nel acturán as  seguintes corais:
- Coral Polifónica do SCDR de Beade
- Coral Polifónica "Santa Clara" de Lavadores
- Coral polifónica "Ureca"
- Coral Polifónica "Allegro"
- Coral Polifónica do CVC  de VAlladares
Colabore co banco de alimentos, doando un alimento non perecedeiro na entrada do Centro Cultural. Este concerto está organizado por ACOPOVI , no cal colabora a área de cultura do CVC de Valladares.




martes, 12 de junio de 2012

VII Encontro Folclórico. Segunda parte

Despois de realizar a primeira parte do Encontro Folclórico, no mes de abril. A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, continuamos coa segunda xornada deste festival, que será este domingo 17 de xuño.


O próximo domingo 17 de xuño, ás 18 horas da tarde, no CCR de Cabral, terá lugar a segundo parte do VII Encontro Folclórico, da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
Tres serán os grupos participantes neste encontro de música e baile tradicional galego. Os colectivos participantes serán:
- Grupo Folclórico da S.C.D.Atlántida de Matamá
- Grupo Folclórico Lembranzas Galegas
- Grupo Folclórico Ledicias do CVC de Valladares

Se vos gusta a música tradicional galega, non podedes faltar o Encontro Folclórico, que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos; o cal é patrocinado pola Diputación de Pontevedra e no cal colabora o C.C.R. de Cabral.

jueves, 7 de junio de 2012

"Galicia nas Terras da Gaita". Cambios no programa

"Galicia nas terras da Gaita" chega a Vigo. Chegou o momento no que os gaiteiros europeos, que participan no circuito actúen en Vigo, e nos fagan disfrutar coas suas melodías.
As actuacións serán hoxe e o sábado. Hoxe, xoves 7 de xuño, ás 21:30 horas da noite, actuarán no auditorio de Matamá, ofrecendo un concerto didáctico.
O sábado, houbo un cambio no programa debido o clima. Posto que para o sábado dan previsións de choiva, o concerto destes artistas, terá lugar ás 20:30 horas da tardiña, no auditorio Municipal.

Non volo podedes perder, esta semana o programa "Galicia nas Terra da Gaita" está en Vigo, para asombrarnos a todos co seu ben facer.

miércoles, 6 de junio de 2012

A obra "EBB & FLOW. A Onda Traz. O Vento Leva" no MARCO

Gabriel Macaro, gañador da Beca 2011 da fundación ArtAids para a producción audiovisual, e autor da obra "EBB & FLOW. A Onda Traz. O Vento Leva"; terá exposta no MARCO a sua obra, dende o 5 ata o 24 de xuño.

Un traballo que trata sobre a enfermidade do VIH, non soamente os aspectos patolóxicos da enfermidade, se non que tamén trata un enfoque íntimo dela; este é o núcleo da obra "EBB & FLOW. A Onda traz. O Vento Leva"

 O museo MARCO reproduce a obra deste autor brasileiro, en vídeo HD. Será dende o 5 ata o 24de xuño, no salón de actos do museo contemporáneo de Vigo. O horario será de martes a sábados: dende ás 11:00 horas, ata ás 21:00 horas; os domingos: de 11:00 horas a 15:00 horas.
A producción desta obra realizouse grazas a fundación ArtAids; co apoio de Banco Sabadell; e colaboran MARCO, MACBA e La Casa Encendida de Madrid.

Animámosvos a que disfrutedes desta fermosa e traballada obra. Para elo, soamente tedes que achegarvos ata o MARCO de Vigo ata o 24 deste mes de xuño.

martes, 5 de junio de 2012

"Galicia nas terras da Gaita"

Chegou a semana na que o circiuto "Galicia nas Terras da Gaita" aterriza en Vigo, para facernos disfrutar de actuacións e concertos didácticos; a cargo de gaiteiros de outros países europeos.

A pasada semana os colaboradores e organizadores  do evento, presentáronlle o alcalde de Vigo, Abel Caballero o programa "Galicia nas Terras da Gaita". Na reunión tratáronse temas como as actividades que se levarán a cabo na cidade de Vigo, as expectativas do circuito...


Recordade que este xoves, día 7 de xuño ás 21:30 horas da noite, no auditorio de Matamá terá lugar o concerto didáctico, a cargo dos gaiteiros europeos que participan no programa.


Ademáis, o sábado 9 de xuño, ás 22:30 horas, na Praza da Constitución do Casco Vello, haberá un concerto o aire libre destes músicos europeos, que están dispostos a facernos disfrutar coa música da gaita.

Non o podedes perder, animádevos e disfrutade coa circuito "Galicia nas Terra da Gaita"

sábado, 2 de junio de 2012

Galicia nas Terrras da Gaita

Gaiteiros de diferentes países de europa, diferentes culturas e diferentes formas de ver o folclore según a zona de onde proveñan...isto e moito máis e o que Galicia nas Terras da Gaita, nos  ofrecerá esta próxima semana que chega a Vigo.
Esta semana que comeza, o programa Galicia nas Teras da Gaita, estará en Vigo, do cal podremos disfrutar todos en diferentes puntos da cidade.Varios concertos serán os que ofrecerán os gaiteiros, que proveñen de diferentes zonas de europa.

O xoves día 7 de xuño, ás 21:30 da noite, no auditorio Atlántida de Matamá, ofrecerán un Concerto Didáctico, gracias o cal podremos observar as diferenzas entre as diferentes gaitas e as diferentes formas de tocalas.

O sábado, día 9 de xuño, ás 22:30 da noite, na Praza da Constitución podremos disfrutar dun concerto o aire libre dos diferentes grupos que participaron no programa Galicia nas Terras da Gaita.
Colaboran no programa: Concello de Vigo; Hirtenmusik in Europe; programa Cultura, D. G. Educación y Cultura; Vigo Vello; Gaiteiros da Xistra, XXV Aniversario e Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

viernes, 1 de junio de 2012

Fin de semana no CVC de Valladares

Por fin chegamos a fin de semana, moitos aínda non teredes plans para estes dous días libres de traballo...pois o Centro Veciñal e Cultural de Valladares, ten varias actividades para estes días.
Cantas veces foches a unha entrevista de traallo e che pediron o carné de manipulador de alimentos...pois se non o tes, xa é hora de que o consigas. 
Mañán de 10:00 a 14:00 horas, nas salas 4 e 5 do CVC de Valladares, realizarase o cursiño de Manipulador de Alimentos. 
Para asistir non tes máis que chamar a secretaría do CVC de Valladares: 986467053. O prezo do cursiño, é de soamente 15 euros para os socios; e 25 euros para os non socios.


Mañán, sábado 2 de xuño pola tarde, tamén haberá actos cos que poder entreternos. Ás 17 horas da tarde, no CVC de Valladares, Festival de Danza Moderna, no cal participarán diferentes grupos de baile moderno. Estes son:
- Helios de Bembrive
- "Flashdance" de Cabral
- Colexio Otero Pedraio
- "As sereas" do CVC de  Valladares

O rematar este festival ás 19 horas, realizarase a entrega de trofeos para os mellores equipos dos xogos intersociais, os cales estarán amenizados por "Jaime Vila, e o seu acordeón"