miércoles, 6 de junio de 2012

A obra "EBB & FLOW. A Onda Traz. O Vento Leva" no MARCO

Gabriel Macaro, gañador da Beca 2011 da fundación ArtAids para a producción audiovisual, e autor da obra "EBB & FLOW. A Onda Traz. O Vento Leva"; terá exposta no MARCO a sua obra, dende o 5 ata o 24 de xuño.

Un traballo que trata sobre a enfermidade do VIH, non soamente os aspectos patolóxicos da enfermidade, se non que tamén trata un enfoque íntimo dela; este é o núcleo da obra "EBB & FLOW. A Onda traz. O Vento Leva"

 O museo MARCO reproduce a obra deste autor brasileiro, en vídeo HD. Será dende o 5 ata o 24de xuño, no salón de actos do museo contemporáneo de Vigo. O horario será de martes a sábados: dende ás 11:00 horas, ata ás 21:00 horas; os domingos: de 11:00 horas a 15:00 horas.
A producción desta obra realizouse grazas a fundación ArtAids; co apoio de Banco Sabadell; e colaboran MARCO, MACBA e La Casa Encendida de Madrid.

Animámosvos a que disfrutedes desta fermosa e traballada obra. Para elo, soamente tedes que achegarvos ata o MARCO de Vigo ata o 24 deste mes de xuño.

No hay comentarios: