miércoles, 13 de junio de 2012

Fin de semana no CVC de Valladares

Achégase a fin de semana, e seguro que aínda non tes plans...pois non tes máis que pensar, o CVC de Valladares  ofrécenos unha morea de actividades e actos entretidas, para aproveitar o máximo eses días de descanso.
Dende o venres ata o domingo, o CVC de Valladares organiza varios e diferentes actos para todos nós.
O venres, 15 de xuño, ás 20:00 horas, nas salas 4 e 5, con entrada libre, ofrecen unha charla sobre "A Eficiencia Enerxética". Daránnos ideas de como aforrar na factura da luz; que é o que provoca a subida do prezo da luz...un coloquio no que participarán como poñentes: José Ramón Ledo Meijone, enxeñeiro industrial e Pablo Freiría Lorenzo; aequitecto técnico. Colaboran CVC de Valladares e eFixes

O sábado 16 de xuño, ás 20:30 horas, con entrada libre, no auditorio do CVC de Valladares, Teatro Estepario, pon sobre a escea a obra "Diálogos". Esta trata sobre o tema actual da Soidade...sen dúbida unha obra psicolóxica que non podemos perder.


O domingo 17 de xuño, ás 19:00 horas, non auditorio do CVC de Valladres, haberá un Festival Solidario ACOPOVI, para o Banco de Alimentos. Nel acturán as  seguintes corais:
- Coral Polifónica do SCDR de Beade
- Coral Polifónica "Santa Clara" de Lavadores
- Coral polifónica "Ureca"
- Coral Polifónica "Allegro"
- Coral Polifónica do CVC  de VAlladares
Colabore co banco de alimentos, doando un alimento non perecedeiro na entrada do Centro Cultural. Este concerto está organizado por ACOPOVI , no cal colabora a área de cultura do CVC de Valladares.




No hay comentarios: