viernes, 1 de junio de 2012

Fin de semana no CVC de Valladares

Por fin chegamos a fin de semana, moitos aínda non teredes plans para estes dous días libres de traballo...pois o Centro Veciñal e Cultural de Valladares, ten varias actividades para estes días.
Cantas veces foches a unha entrevista de traallo e che pediron o carné de manipulador de alimentos...pois se non o tes, xa é hora de que o consigas. 
Mañán de 10:00 a 14:00 horas, nas salas 4 e 5 do CVC de Valladares, realizarase o cursiño de Manipulador de Alimentos. 
Para asistir non tes máis que chamar a secretaría do CVC de Valladares: 986467053. O prezo do cursiño, é de soamente 15 euros para os socios; e 25 euros para os non socios.


Mañán, sábado 2 de xuño pola tarde, tamén haberá actos cos que poder entreternos. Ás 17 horas da tarde, no CVC de Valladares, Festival de Danza Moderna, no cal participarán diferentes grupos de baile moderno. Estes son:
- Helios de Bembrive
- "Flashdance" de Cabral
- Colexio Otero Pedraio
- "As sereas" do CVC de  Valladares

O rematar este festival ás 19 horas, realizarase a entrega de trofeos para os mellores equipos dos xogos intersociais, os cales estarán amenizados por "Jaime Vila, e o seu acordeón"

No hay comentarios: