jueves, 14 de junio de 2012

VII Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Este domingo, 17 de xuño, tedes unha cita a que non podedes faltar...terá lugar a segunda parte do VII  Encontro Folclórico, que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, continuamos co noso afán de promover a cultura e a danza tradicional galega, facendo hincapé nos grupos da nosa cidade.

O domingo, 17 de xuño, ás 18:00 horas da tarde, no Centro Cultural e Recreativo de Cabral, Becerreira, terá lugar a segunda parte do VII Encontro Folclórico da Agrupación. Neste participarán os grupos:
- Grupo Folclórico da SCD Atlántida de Matamá
- Grupo Folclórico Lembranzas Galegas
- Grupo Folclórico do CVC de Valladares

Este evento está organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo; patrocinado pola Diputación de Pontevedra e colabora o CCR  de Cabral.
Non podedes faltar a este gran acto, no cal participarán grandes grupos da nosa cidade, que axudan a manter o espírito tradicional galego. Animádevos e achegádevos ata Cabral.

No hay comentarios: