viernes, 22 de junio de 2012

Festa A Bouza 2012

Chega a Festa da Bouza 2012, esta fin de semana no parque da Bouza, haberá festa con variedade de actividades: actuacións de grupos, ceas, paseos, exposicións de fotografías, queimada...

Esta fin de semana, dende hoxe, venres 22 de xuño, ata o sábado a noite, haberá festa rachada no parque da Bouza.

Hoxe, venres 22 de xuño:
-20:00 horas: retransmitirase un programa de radio dende o parque da Bouza
-22:00 horas: cea comunitaria

Mañán, sábado 23 de xuño:
-10:00 horas: campionato de furbol para nenos
-12:00 horas: paseo pola Bouza; xogos populares para nenos;  exposición fotográfica de Haití
-13:00 horas: pandeiretas
-14:00 horas: xantar comunitario na Carballeira
-17:00 horas: campionato de chave para os maiores
-19:00 horas: grupo folclórico Rueiro
-20:00 horas: cea comunitaria na Carballeira
-21:00 horas: festa popular
-22:00: queimada

Esta gran festa está organizada polo movemento cidadán "O noso barrio"; Centro Cultural "Rueiro"; asociación de mulleres "Dorna"; asociación xuvenil " Luar"

No hay comentarios: