viernes, 30 de agosto de 2013

Axenda Cultural Fin de Semana

XX REVOLTALLO DE MÚSICA E CULTURA EMERXENTE
 
O CVC de Valadares acolle este fin de semana o XX Revoltallo de Música e Cultura Emerxentes. Entre hoxe, venres 30, e mañá, sábado 31, os asistentes poderán gozar, de forma gratuíta, das diferentes actuacións de grupos musicais de diversos tipos de música (rap, rock, lírica comarcal...), así como dunha mostra teatral, obradoiros, contacontos e xantar colectivo. Para más información, podedes entrar en: http://www.valladares.tv/ Deixámosvos o cartel coa programación para todos os interesados.
 
 

SEARA.MOV

Dende onte e ata o sábado estase a desenvolver en Vigo o Seara.Mov, un certame internacional de curtametraxes e videoclips de baixo custo. Os tres días están cargados de proxeccións, música, teatro e arte. Todas as actuacións se realizan detras do MARCO ou no Iguana Club e de forma Gratuíta!
 
A programación para hoxe e mañá é a seguinte:
 
-- VENERS 30 Detrás do Marco --        
20.30h ES UN ÁRBOL (concerto)
22.00h Proxección dos curtametraxes recibidos

--SÁBADO 31 --

Detrás do Marco:
20.00h 8 MM (teatro)
21.00h Proxección finalistas e entrega de premios

IGUANA CLUB (entrada por vontade):
23.00h PUMA PUMKU
+ LENDRONE
+ THE COBRAS
 



FESTA DO CASTRO

Pasa un sábado en familia coñecendo e gozando do Castro!

O Concello de Vigo organiza este sábado día 31 a festa do Castro, un día cheo de actividades para que os pequenos das casas se divirtan dende primeira hora da mañá con paseos en bicicleta, obradoiro de pintura, actuacións de paiasos, magos e grupos de múscia... e moitas actividades máis! Pero sempre acompañados de maiores que, ademais das actividades anteriormente ditas, contarán cun pulpeiro como achega gastronómica.

-11:30h Inicio de Xornada de mañá.

Paseos polo Castro.
Desfrute de lo parque infantil, Área Biosaudable e Área Deportiva.
Xogos inchables.
Paseos en bicicleta e karts para nenos.
Paseos en bicicleta para adultos.
Obradoiro de pintura.
Mercadillo artesanal.

-13:30h Descanso e interrupcion das actividades.

PULPEIRA

-16h Inicio Xornada de tarde.

Paseos polo Castro.
Desfrute de lo parque infantil, Área Biosaudable e Área Deportiva.
Xogos inchables.
Paseos en bicicleta e karts para nenos.
Paseos en bicicleta para adultos.
Obradoiro de pintura.
Mercadillo artesanal.

-16h as 17h Obradoiro de Xogos con Mago Noel.

-17h as 18h Paiaso Popín.

-18:15h as 18:35h Pase na rúa co Mago Noel.

-19h as 20h Mago Noel.

-20:15h a 21:15h Actuación de grupo musical de corda (Entrada Muralla).

-21:30h Actuación Grupo Flok no poboado Castrexo.




XVIII FESTA DO MEXILLÓN EN VIGO

O domingo 1 de setembro, no céntrico Parque de Cástrelos, celebrásese unha nova edición da Festa do Mexillón. Sobre as 8:00h procederase ao cocido dos mexillóns e para as 10.30 horas, comezará a degustación dos asistentes que se acompañarán de pan e limón, a un prezo de 3 € por porción. A botella de viño custará 5 € e os refrescos ou augas serán a 1 €.

Ás 11.00 para animar a comida terá lugar a actuación do Grupo de Gaitas e Baile Xuntanza. Finalmente ás 13.00 horas de procederá á lectura do pregón inaugural que este ano correrá a Cargo de Manuel Fernández Barros. Por último, hai que sinalar que se realizará a entrega do trofeo do Mexillón de Ouro a David Regades Fernández, Concelleiro de Fomento.