viernes, 30 de noviembre de 2012

Rastro Solidario e Gala Vocálitis no CVC de Valladares

Outro fin de semana, o CVC de Valladares organiza actos para que os seus veciños poidan divertirse; poñendo sempre por diante a solidariedade e a cultura.
Gala Vocálitis
O domingo, 2 de decembro, ás 20 horas, no auditorio do CVC de Valladares terá lugar a gala Vocálitis , organizado pola área de Cultura do CVC de Valladares; e patrocinado pola Productora Artística  VOC.

Rastro Solidario.
Como xa é habitual no CVC de Valladares, tódolos sábados ata finais do 2012, estase a celebrar un rastro Solidario, no que calquera de nós podemos participar.
A forma de axudar é comprando algunha das moitas cousas que alí se venden: roupa, cuadros, xoguetes, utensilios de cociña,...ou podemos levar para que as vendan, obxectos e cousas que teñamos na casa en bó estado, e que non usemos.
Temos que intentar facer todo o posible para axudar os nosos veciños, que o levan pasando mal durante moitos meses, e moito máis nestas datas de festas que se aproximan.

Festival Fin de Outono no CCR de Cabral

Que mellor cousa hai para un domingo a tarde, frío e de outono, que disfrutar das actuacións dos diferentes grupos do Centro Cultural e Recreativo de Cabral: grupo de baile galego, baile moderno...

Este domingo 2 de decembro, ás 18 horas, no auditorio do CCR de Cabral, celébrase o "fin de outono 2012", sendo un festival no que actuarán grupos de diferentes estilos.
Unha variedade de música e baile é o que haberá este fin de semana, no CCR de Cabral, pois neste actuarán, entre outros:
- grupo de baile moderno "Flashdance"
- grupo de baile galego "Cotogrande"
- grupo de gaitas


Unha forma de non aburrirse e disfrutar coa cultura da cidade de Vigo.

Semana de Teatro Afeccionado de Vigo 2012. Última actuación

Despois de catro actuacións, dos fantásticos grupos de teatro da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, este sábado remata a Semana de Teatro Afeccionado de Vigo.

O grupo de teatro Porta Aberta, será o encargado de rematar este proxecto que durante o mes de novembro, fíxonos disfrutar a todos con representacións teatrais de gran calidade.

Mañán, sábado 1 de decembro, no auditorio da SCD Atlántida de Matamá, será representada a obra "O Achado do Castro", obra de Manuel Núñez Singala, baixo a dirección de Froíña García. 
Unha obra divertida,basada na Roma Antiga que conseguirá que todos nós durante 90 minutos, olvidemos a  rutina do día a día, e nos centremos na obra e nos seus personaxes.

Xa sabedes, se queredes pasar un bo rato, e disfrutar dunha boa representación teatral, a cargo dun grupo da cidade de Vigo, mañán achegádevos a SCD Atlántida de Matamá ¡Non vos arrepentiredes!


martes, 27 de noviembre de 2012

Xistra en concerto, no auditorio de Goián

XXV anos son os que cumple Xistra, e por iso quere celebralo como ben se merece a ocasión. Moitas son as actuacións que realizaron e realizarán, para celebrar o cuarto de siglo.

Se queredes asistir a un concerto con música de calidade, na que se mezcla o antigo coa innovación; sentindo en cada canción a profesionalidade dos músicos que o forman, non vos podedes perder un concerto de Xistra.
Este sábado, 1 de decembro, ás 20:30 horas, no auditorio de Goián, tedes a oportunidade de escoitar a este fantástico grupo, quen está celebrando o seu 25 aniversario. 25 anos cheos de grandes momentos e grandes cancións, cos que nos farán disfrutar. ¡Non o perdades!

viernes, 23 de noviembre de 2012

Fin de semana musical no CVC de Valladares

O CVC de Valladares, como tódolos fines de semana, ofrécenos unha chea de actos para axudarnos a pasar dous días, cheos de música, aproveitando a celebración da patroa dos músicos, Santa Icía.

Celebración de Santa Icía:
O sábado 24 de novembro:
- Ás19 horas, haberá unha misa adicado a tódolos socios defuntos do CVC de Valladares, a cal será cantada porla coral poliofónica do CVC de Valladares
- Ás 21 horas, no auditorio do CVC de Valladares,  un concerto no que actuará "Sueño de Calíope", un gran espectáculo de voces e piano, tendo como invitada especial a bailarina "Nerea"

O domingo 25 de novembro:
- Ás 12 horas, misa de Santa Cecilia cantada pola coral do CVC de Valladares, saíndo unha procesión cando remate a misa
- Ás 13:15 horas, actuación da banda de música,  UM de Valladares, no auditorio do CVC de Valladares

Rastrillo solidario:
Como tódolos sábados ata final de ano, na entrada do CVC de Valladares estase a celebrar un Rastrillo Solidario, para axudar os veciños da parroquia que máis o necesiten.
Cada un de nós, podemos axudar de dúas maneiras, a primeria é levando obxectos de segunda man, que non usemos pero que estén en bo estado. xoguetes, libros, cuadros, roupa ...
A segunda forma de axudar, sería achegándonos ata o CVC de Valladares, e mercar algunha das moitas cousas que se venden neste rastro.
Ademáis, hai un posto de recollida de alimentos non perecedeiros.

Como poden ver, o CVC de Valladares non só pensa na festa, se non que tamén pensa nos veciños máis necesitados, buscando a mellor forma de axudalos.
Con un pequeno xesto, podemos facer moito. ¡Anímate e colabora!

Festival de Danza no CCR de Cabral

Se queres disfrutar dunha tarde de baile e música actual, este domingo pola tarde, no auditorio do CCR de Cabral, actuarán grandes grupos de baile moderno, dispostos a facernos pasar un bo rato.

Este domingo, 25 de novembro, ás 18 horas, no CCR de Cabral (Becerreira), haberá unha tarde con moito ritmo.
O grupo de baile moderno "Flashdance" do CCR de Cabral, e o grupo Bambalina, demostrarán o seu nivel, e a sua calidade artística, mostrando ante o público todo o esfrozo que realizan, durante moitas horas de ensaio.
O CCR de Cabral, invítanos a disfrutar a disfrutar e pasar unha tarde diferente e musical.

jueves, 22 de noviembre de 2012

XXV Homenaxe o Gaiteiro

O gaiteiro galego, é unha gran imaxe de Galicia, unha gran imaxe dos galegos; das nosas tradicións, e dos noso antepasados. Por todos estes motivos, o CRAC de Coruxo, organiza o XXV Homenaxe o Gaiteiro, esta fin de semana.
Este domingo, ás 19 horas, na Sala de Teatros Novacaixagalicia, poderemos disfrutar dun gran evento, o Homenaxe o gaiteiro que p CRAC de Coruxo organiza.
Se queren información sobre este acto, poden chamar o número 986491171/ 986460736; ou enviando un email o correo electrónico: crac-coruxo_@hotmail.com

Non se perdan este gran homenaxe a unhas das figuras máis representativas da nosa terra, o XXV Homenaxe o Gaiteiro

martes, 20 de noviembre de 2012

VIII Encontro Folclórcio. Cuarta parte

Bailaríns, música tradicional galega  e unha gran posta en escea; palabras que definen o Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, o cal será celebrado por última vez no ano 2012, o próximo domingo.

Despois das tres xornadas anteriores, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos, a cuarta parte do Encontro Folclórico.
Este domingo, 25 de novembro, ás 18 horas, no auditorio da SCD Atlántida de Matamá, poderás asistir a un dos mellores espectáculos de baile e música tradicional da cidade de Vigo.
O VIII Encontro Folclórico acolle a catro grupos dos noso colectivos, que nos farán disfrutar dunha tarde de baile e música. Este grupos son:
- S.F.T. Os Ventos de Comesaña
- G.B. Cotogrande
- G.B. Rueiro
- A.F.  Asubío
Como ven, un gran espectáculo o que non podemos faltar. Recorden, este domigno teñen unha cita coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, no VIII Encontro Folclórico.

lunes, 19 de noviembre de 2012

Obradoiro en familia: Fai un Títere

Se queredes disfrutar dun domingo en domingo, pasando unha mañán divertida e en familia, participade no obradoiro fai un tíere. Organizada polo concello de Vigo; Vigo en galego e o Verbum.

Este domingo, 25 de novembro, de 12:30 a 13:30 horas, no Verbum, fai un tíetere en familia.
Se queres inscribirte, podes facelo o día 21 de novembro, a partir das 9:30 horas. Descargando o boletín de inscripción, na páxina web: www.vigo.org . Recordade, que hai 25 plazas, por orden de inscripción.

Se tes máis de 6 anos, convence a un adulto, para que te acompañe neste obradoiro e che axude a facer un títere. Será divertido.

viernes, 16 de noviembre de 2012

Semana de Teatro Afeccionado de Vigo

Despois dunha semana de parón, a Semana de Teatro Afeccionado de Vigo, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, continúa a súa andaina, con actuacións de grupos de teatro da cidade de Vigo.

O próximo grupo en deleitarnos, será o grupo de teatro Rueiro, que representará a obra de teatro "A miña muller é o fontaneiro". Unha obra, para persoas que queiran pasar un rato distendido e agradable. Caracterizada pola rapidez  e habilidades dos personaxes para saír e entrar no esceario, a vez que interpretan os seus papeis.

Esta magnífica actuación será mañán, sábado 17 de novembro, ás 20 horas, no auditorio do CVC de Valladares. Como vedes, todo son ventaxas, unha hora adecuada, nun lugar axeitado para disfrutar dunha fabulosa obra de teatro.¡Non a podedes perder!

jueves, 15 de noviembre de 2012

Rastro Solidario no CVC de Valladares

Son momentos difíciles os que estamos a vivir, moita xente está a pasar por malos momentos económicos. Se queres axudar a algunhas destas persoas, pon o teu grao de area no rastro solidario do CVC de Valladares.
O CVC de Valladares, pensando nos veciños desta parroquia que o está a pasar mal, decidiu organizar un Rastro Solidario, tódolos sábados de 2012.
Todos podemos axudar, de maior ou menor forma. ¿Quen é o que non ten unha prenda de roupa que non usa pero que está intacta; ou unha sartén; ou libros que xa non nos interesan? Productos de segunda man, antigos ou actuais, pero que se manteñan en bó estado, isto é todo o que se necesita para axudar os nosos veciños.
Ademáis de artículos usados, haberá un posto de alimentos non perecedeiros, algo moi necesario tamén hoxe en día.

Un simple xesto de colaboración por parte da directiva do CVC de Valladares, é o que significa este rastro solidario. Entre todos, será máis fácil. Non o penses máis, e colabora; mañán pódenos tocar a calquera de nós estar na mesma situación.

XXV Festa do Cabazo

A Asociación Cultural o coto, organiza este domingo a XXV festa do Cabazo, unha gran xuntanza na que non faltará a música, o baile e a boa compañía.

Este domingo, 18 de novembro, no colexio carballal en Cabral, haberá festa durante todo o día. Dende ás 11:30 da mañán, todo será baile, música e comida.
O programa da XXV Festa do Cabazo é a seguinte:
-Mañán, a partir das 11:30 horas:
- Grupo de Gaitas "Xestarega"
- Grupo pandereteiras A.V.C.D. Lavadores
- Pregón a cargo de Carlos López Bernárdez
- Grupo de pandereteiras "Chorouvia" do CCR de cabral

- Tarde, a partir das 17 horas:
- Grupo de gaitas "Os Raparighiños"
- Grupo de gaitas "Os Meigallos" de Lavadores
- Grupo Cantares dos Noso Barrios de O Coto

Como podedes ver, un día completo o que non podemos faltar.

miércoles, 14 de noviembre de 2012

De Serán en Romaría. I espectáculo de música e danza tradicional Traspés

A Asociación Cultural Traspés, organiza por primeira vez, un espectáculo de danza e música tradicional, de Serán en Romaría. Un proxecto nunca visto antes, co que os compañeiros de traspés, seguro que non nos defraudarán.




Algo diferente, pouco habitual na cidade de Vigo, e ca cal pasaremos un bo rato rodeados de música e baile,ademáis de poder disfrutar da gran posta en escea, que ten este grupo cada vez que sube o esceario.
Recopilar e divulgar o noso Patrimonio Cultural, ese é o obxetivo de Traspés con este espectáculo. Moitos son os meses, incluso anos que os compoñentes deste grupo, levan recopilando bailes e cantos dos nosos antepasados.

O día 25 de novembro, ás 21 horas, no auditorio Mar de Vigo, terá lugar de Serán en Romaría. Se queredes disfrutar deste gran evento, podedes conseguir a entrada, por soamente 3 euros, nos seguintes puntos:
- www.servinova.com
- Chamando o teléfono: 902504500
- Físicamente na Central de Espectáculos de Vigo (frente á casa do libro)
- O mesmo día en taquilla
- Contactando con algún dos compoñentes da Asociación Folclórica Taspés

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, animámosvos a que asistades a de Serán en Romaría. Un espectáculo, no que se poderá ver o traballo que durante moito tempo leva feito a Asociación Cultural Traspés, algo que é de valorar pola situación tan difícil que se está a vivir. ¡Animádevos e disfrutade co espectáculo!

Magosto na Bouza

O Centro Cultural e Artístico Rueiro, mantendo a tradición galega, organiza un gran magosto. No que ademáis de castañas asadas, haberá música, baile e moita festa.
Se queres disfrutar comendo castañas, bebendo viño e bailando o son de música tradicional galega, este sábado, 17 de novembro, ás 17 horas, vai o parque da Bouza (en frente a Pérgola).
Aquí o Centro Cultural e Artístico Cultural Rueiro tendrá perparado un bo magosto co que pasalo ben. Estará animado pola actuación dos grupos:
- Grupo de baile galego Helios de Bembrive
- Grupo de Pandereteiras "Lumieiras" do Centro Cultural Rueiro

Non o dubidedes, e disfrutade do outono co magosto, que organiza o Centro Cultural e Artístico Rueiro.

martes, 13 de noviembre de 2012

XXV Festa do cabazo

A Asociación Cultura O Coto, organiza por XXV ano consecutivo, a Festa do Cabazo, un gran acontecemento que terá lugar no colexio Carballal en Cabral.

Despois de 25 anos, a Festa do Cabazo trátase dunha gran xuntanza, na cal se reúnen moitos veciños de Cabral e dos alrededores desta parroquia viguesa.

Se queredes pasar un bo rato, en boa compañía, achegádevos este domingo, 18 de novembro, a partires das 11:30 horas, no colexio Carballal en Cabral.
Se queredes recibir máis información, podedes facelo entrando na páxina web: www.ocoto.org

Non o dubidedes, e este domingo pasádevos pola Festa do Cabazo.

lunes, 12 de noviembre de 2012

Semana de Teatro Afeccionado de Vigo

Despois dunha semana de descanso, a Semana de Teatro Afeccionado de Vigo, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, volve a acción, ofrecéndonos grandes obras de teatro representadas por grupos vigueses.

Este sábado, 17 de novembro, ás 20 horas, no CVC de Valladares, o grupo de teatro Rueiro, representará a obra " A miña muller é o fontaneiro".
Unha divertida obra, coa que disfrutaremos todos, o igual que xa o fixemos na primeira xornada da Semana de Teatro Afeccionado de Vigo co grupo Escoitade de Valladares.

Recordade, que aínda quedan tres actuacións.
- 17 de novembro: ás 20 horas, grupo de teatro Rueiro, no CVC de Valladares
- 24 de novembro: ás 20 horas, grupo de teatro da SCD Atlántida de Matamá, no CRC de Cabral
- 1 de decembro: ás 20 horas, grupo Porta Aberta, na SCD Atlántida de Matamá

Se queredes disfrutar e aproveitar as tardes de sábado, con grandes obras de teatro, representadas por grandes grupos de teatro da cidade de Vigo, non o dubidedes e participade con nós na Semana de Teatro Afeccionado de Vigo

Viaxe a Abadía de los Templarios, na Alberca en Salamanca, co CC de Beade

Se queredes facer unha escapada a un lugar relaxante, tranquilo, escapando da rutina e do agobio diario, podedes facelo grazas o CC de Beade, do 18 o 23 de novembro.

O Centro Cultural de Beade, organiza unha viaxe a Abadía de los Templarios, na Alberca en Salamanca, un lugar único con un encanto especial.
A próxima semana, do 18 o 23 de novembro, poderedes disfrutar dunha escapada inesquecible, por un prezo único de 230 euros por persoa. 
Está incluído, o desplazamento en autobús, a visita de diferentes pobos da provincia e o aloxamento, con pensión completa, en un hotel de 5 estrelas, na que ademáis está incluído un percorrido polo SPA.

Se queredes información ou queredes inscribirvos nesta fantástica viaxe, podedes chamar o número: 650441874 
Non podedes desaproveitar unha gran ocasión, como o é esta, de viaxar, coñecer lugares preciosos e poder aloxaros nun hotel de 5 estrelas, facendo unha gran fin de semana, por este pequeno prezo. ¡Aínda quedan algunhas plazas, aproveitádeas!

jueves, 8 de noviembre de 2012

Magosto, Concerto e Humor esta fin de semana, no CVC de Valladares

Numerosos son os actos, que cada fin de semana enchen o CVC de Valladares. Xente, música e moita festa xúntanse para facer disfrutar a toda a poboación, dende os máis maiores, ata os máis pequenos.



Concerto da "Unión Muscial de Cabral"
Por motivo do Ciclo "Un Mar de Bandas", este sábado, 10 de novembro, ás 20 horas da tardiña, actuará no auditorio do CVC de Valladares a "Unión Musical de Cabral", que nos deleitará a todos con un gran concerto

Magosto 2012
Estando na época das castañas e do magosto, o CVC de Valladares non ía deixar a xente de Valladares sen comer castañas.
Este sábado, 10 de novembro, ás 21:15 horas, na cafetería do CVC de Valladares, haberá castañas gratis para todos. Para non aburrirnos mentres as comemos, haberá a actuación das agrupación folclóricas do CVC de Valladares, poñendo música e baile a esta gran noite.


13º Certame do Humor
A directiva deste centro cultural, quere axudarnos e olvidar os noso problemas, durante unhas horiñas, mediante as risas e o humor.
Por iso, este domingo, 11 de novembro, ás 18:30 horas, invítanos o 13º certame do humor, no que participará pedro Brandariz, con varias e diferentes actuacións.

O CVC de Valladares invítanos a todos e todas, a este fin de semana cheo de música, humor e moita festa.

Magosto na ACRD Pardavila

A ACRD Pardavila, quere manter unha tradición galega tan importante como é a dos magostos, na que se come castañas; pero na que ademáis hai moito baile, moita música e moita diversión, en boa compañía.
Esta fin de semana, a ACRD pardavila, organiza un gran magosto, o que estamos invitados para comer as mellores castañas e beber o mellor viño.
O domingo, 11 de novembro, ás 18:30 horas, comezará esta gran festa. Para que non nos aburramos estará amenizada polo grupo de gaitas e baile Peña Xuntanza de Coia e o grupo de gaitas "Los Parrulos" de Lavadores.

Se non tedes plans para rematar a semana, achegádevos ata a ACDR Pardavila, na rúa Ramón Nieto nº 118; para disfrutar e divertirse da mellor forma.

miércoles, 7 de noviembre de 2012

Magosto na SCDR Helios de Bembrive

Chega o outono, e chega a época das castañas, dos magostos...unha forma de reunirnos, mentras nos quentamos o lado do lume, no que se fan unhas ricas castañas; o mesmo tempo que falamos e disfrutamos cos nosos.

Esta fin de semana, a SCDR Helios de Bembrive, únese a tradición dos magostos, e quere convidarnos a unhas castañas asadas, en boa compañía.
O domingo, 11 de novembro, a partires das 18 horas, na SCDR Helios de Bembrive, haberá un gran magosto. Para amenizalo, actuarán o Grupo de gaitas "Lume de Candela" e a Charanga "Kostame Krelo"

Que mellor cousa para rematar a semana, cando xa empeza a caer a noite, que tomar unhas castañas quentes, rodeados de boa múscia. Desta forma poderemos bailar, cantar, comer e beber, mantendo unha tradición galega e cultural, que xa os nosos antepasados realizaban.
A directiva da SCDR Helios de Bembrive, convídanos a todos a asistir, pois haberá castañas para tódolos asistentes, ademáis de moita festa e diversión.

viernes, 2 de noviembre de 2012

Actividades do CVC de Valladares: Humor, Festa e Solidariedade

A CVC de Valladares co seu afán de promover a cultura e entreter a poboación; ten un fin de seman cheo de actos e festa.

13º Certamen do Humor
Se queredes pasar unha tarde divertida, para olvidar os problemas e non parar de rir. Achegádevos este domingo o auditorio do CVC de Valladares .
O domingo, 4 de novembro, ás 18:30 da tarde, ademáis de actuar os finalistas do Certamen do humor, actuará o gran humorista Xan Veiga, coñecido por moitos de nós.

Rastrillo Solidario 
Tódolos sábados do mes de novembro, terá lugar no CVC de Valladares o Rastrillo Solidario, para axudar os máis necesitados da parroquia. 
Podedes axudar levando cousas vellas ou actuais que están aptas para usar: roupa, libros, calzado, antiguedades...
Ademáis haberá un posto para recoller alimentos non perecedeiros.
Pensade que calquera pode atoparse nunha situación difícil neste momento. Axudemos os que están pasando por ela.

Verbena da Paloma
O barrio da Garrida, en Valladares organiza os días 3 e 4 de novembro, a verbena da Paloma, unha festa na que non faltará a música, orquestas e moito baile.
O sábado 3 de novembro actuarán: orquesta Capitol, e grupo Aramio
O domingo 4 de novembro: ás 12:30- concerto da Banda de Música de "unión Musical" Valladares, ademáis dun grupo folclórico
- Pola tarde noite gran verbena coa orquesta Trebol, e trío Azahar

Como podedes ver, unha fin de semana chea de festa, cultura e solidariedade. Non podedes faltar.

Concerto II Aniversario do Coro Polifónico "O Coto"

Dous anos, son os que leva o Coro Polifónico "O Coto" deleitándono cos seus concertos e as suas actuacións. Este domingo celebrarán o segundo aniversario, para ofrecernos a todos un gran concerto.

Este domingo, 4 de novembro, ás 17:30 horas, no auditorio do CCR de Cabral (Becerreira). A Asociación Cultural O Coto, organiza o Concerto II Aniversario do Coro Polifónico "O Coto".
Invitánnos a todo a que asistamos, e así poder disfrutar dunha tarde de domingo e corais. Os outros coros que participan son:
- Coral Polifónica de "San Lourenzo" de Belesar
- Coral Polifónica "O Piñeiral" de Chapela
- Coral Polifónica "O Coto" 

Unha tarde diferente, na que non faltarán grandes cancións e grandes voces, coas que disfrutar.