miércoles, 26 de diciembre de 2012

O Paxe Real visita a SCDR Helios de Bembrive

Despois de Papá Noel, aínda quedan os Reis Magos para encher as nosas casa de agasallos, e facer disfrutar os seus pequenos coa sua maxia. Moitos son os lugares que visitarán os Paxes Reais, para recoller as cartas no Buzón Real, e levalas ata Oriente.

A SCDR Helios de Bembrive, será un deses lugares que o Paxe Real visitará, onde estará dispoñible para todos aqueles nenos e nenas.
Os máis pequenos da casa poderán falar, entregarlle as cartas e pedirlle os agasallos que queren recibir, a noite do 5 de xaneiro.

O Paxe Real, dará a mensaxe os Reis Magos, de parte de todos os pequenos que lle queiran dicir algo. Aínda que xa sabedes, que para recibir algún agasallo, houbo que portarse durante todo o ano.

Nenos e nenas, ide preparando as cartas, que este sábado 29 de decembro, ás 18 horas da tarde, o Paxe Real e o Buzón Real, estarán na entrada da SCDR Helios de Bembrive, esperando a vosa visita. ¡Non faltedes!

jueves, 20 de diciembre de 2012

Festival de Patinaxe, audición de Fin de Ano e a visita de Papá Noel no CVC de Valladares

Moitos son os festivales, concertos e festas que se organizan no Nadal. Todas as asociacións e centros culturais realizan diferentes eventos, para que os seus socios disfruten máis destas festas. O CVC de Valladares, é un deses que durante toda a fin de semana estará repleto de actos, para todos os que queiran achegarse.

- Festival de Nadal, das escolas de patinaxe
Dende o mes de setembro, os alumnos/as da escola de Patinace do CVC de Valladares e do Club de Patinaxe Valladares levan preparando bailes , para sorprensernos a todos nos diferentes festivais. 
Mañán, venres 21 dedecembro, ás 18 horas, no auditorio do CVC de Valladares poderemos contemplar o espectáculo que estes rapaces e rapazas teñen preparados para todos nós.

- Audición "Fin de ano" da Escola de música de Valladares
O sábado, 22 de decembro, ás 18 horas da tarde, os alumnos da escola de música de Valladares, farannos disfrutar das audicións que realizarán. Demostrando a calidade das suas actuacións.

- Visita de Papá Noel
O home máis esperado destas datas, visitará o sábado 22 de decembro,  pola tarde o CVC de Valladares, no que escoitará e charlará con máis pequenos. 
Ademáis vendrá acompañado de duendes, os que animarán a tarde bailando e cantando con todo nós.

- Entrega de premios da biblioteca e sorteo da Canastriña
O próximo sábado, ás 20 horas, no auditorio, terá lugar o xa típico sorteo da canastriña, ademáis da entrega de premios os máis lectores da biblioteca do CVC de Valladares.



miércoles, 19 de diciembre de 2012

VI Coto Clásico

Para estas datas de tanto axetreo e tanta festa, non ven mal un pouco de relaxación. Iso é o que nos propón, a Asociación Cultural o Coto, co VI Coto Clásico.

VI Coto Clásico, un concerto de música clásica perfecto para disfrutar dun rato de tranquilidade e de boa música.
Este sábado 22 de decembro, ás 20 horas da tardiña, na Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Cabral, terá lugar esta preciosa audición, destianada a todo aqueles que desexemos escoitar música de calidade.

A Asociación Cultural O Coto, coa colaboración da Parroquia de Cabral, organizan por sexta edición o Coto Clásico, no que este ano participarán o grupo "Saltaren", un dúo de música barroca.
Se queredes disfrutar dunha tarde de música e sonidos apaixonantes, animádevos e achegádevos este sábado ata Cabral.

martes, 18 de diciembre de 2012

Papá Noel visita a SCDR Helios de Bembrive

O Nadal está as portas, e con él Papá Noel, os Reis Magos, as ceas e as comidas típicas destas datas. Todos estamos ilusionados en que cheguen estes días de festa e felicidade. Pero se hai alguen en especial que esté ilusionado, eses son os máis pequenos da casa.

Nenos e nenas ¿ xa tedes escrita a carta para Papá Noel? Se non a tedes, ide preparándoa porque soamente queda unha semana, para que este vello gordinflon entre nas nosas casas, a deixarnos unha chea de agasallos. 
A noite do 24 de decembro, é cando Papá Noel traballa, deixando os presentes debaixo das nosas árbores de Nadal. Pero uns días antes, vai a visitar diferentes lugares de todo o mundo, para que os nenos lles den as suas cartas, e por suposto, lle expliquen o ben que se portaron durante todo o ano.
Un deses sitios nos que vai a estar, atendendo os máis pequenos da casa, será a SCDR Helios de Bembrive.

Este venres, 21 de decembro, ás 17 horas da tarde, Papá Noel chegará a esta parroquia viguesa, disposto a  escoitar e disfrutar cos nenos e nenas que queiran visitalo.

Pais e nais, tíos e tías, padriños e madriñas, e demáis familia, este venres tedes que acompañar os vosos pequenos, pois tedes unha cita con Papá Noel, na SCDR Helios de Bembrive, ás 17 horas. Non podedes faltar.

lunes, 17 de diciembre de 2012

O Paxe Real visita Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Nenos e nenas, ¿xa tedes escrita a carta para os Reis Magos? Estaredes desexando a chegada desa noite tan especial. Se queredes estar cos paxes deste homes máxicos e introducir as vosas cartas no buzón Real, poderedes facelo na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, queremos disfrutalo Nadal con todos vós. Por iso, organizamos xunto co Concello de Vigo, a visita do Paxe Real as nosas instalacións.
Todos os nenos e nenas, que queiran falar e estar cos paxes dos Reis Magos de Oriente; meter as vosas cartas no buzón Real, para que lle cheguen os Reis Magos; non vos podedes perder esta visita, a Agrupación.

O día 27 de decembro, ás 18 horas, no noso local na rúa Panamá 2, o paxe Real estará esperándovos para que lle contedes todo o que lle pediredes os Reis Magos.
¡Non podedes faltar, o Paxe Real espéravos!

miércoles, 12 de diciembre de 2012

IV Concurso de Rondallas Diputación de Pontevedra

Outro ano máis a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, somos os encargados da organización do concurso de rondallas Diputación de Pontevedra; indo xa pola cuarta edición.

Moitas das rondallas das parroquias viguesas e de alrededores, xa levan meses ensaiando, para lucirse ante o público nestas datas de nadal.
Moitas son as actuacións que dende esta fin de semana, ata o día de Reis, teñen estas formacións. Todas as actuacións son importantes, pero si unha destaca por enriba de todas, esa é o esperado Concurso de rondallas.
Este ano será o domingo, 30 de decembro, ás 17 horas, no IFEVI. Como nas tres edicións anteriores, está organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, e patrocinado pola Diputación de Pontevedra.

Para poder acceder o concurso, precísanse invitacións. É importante recordar, que as invitacións son individuais, necesítase unha por persoa para poder acceder o recinto. Ademáis de ser gratuítas, como nos anos anteriores.
A partir de mañán, poderán recollerse no local da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, na rúa Panamá nº2 (enriba de Álvarez). Con horarios: 
- de 9:00 a 13:00 horas
- de 17:00 a 21:00 horas

Xa queda menos para un dos eventos máis importantes da época do Nadal, un evento que acolle e une a cidade de Vigo e os seus alrededores, o IV Concurso de Rondallas Diputación de Pontevedra. Mostrándose con este, unha forza cultural difícil de igualar.

martes, 11 de diciembre de 2012

Visita o Belén do CVC de Valladares

Chegadas estas datas de nadal, son moitos os lugares nos que podemos atopar Beléns, que representan o Nacemento de neno Xexús. O CVC de Valladares invítanos a disfrutar do seu, unha auténtica obra de arte.

Moitos meses de traballo, é o que se pode observar cando visitamos o nacemento do CVC de Valladares, que está exposto na sua cafetería.
Cada ano que pasa, esta parroquia viguesa sorpréndenos coa calidade artística, que ten a hora de elaborar algo tan típico do Nadal, como é o Belén.
Moitas son as figuras, edificios e paisaxes, que forman parte desta representación; as cales están expostas para que calquera de nós poidamos valoralas.
Os horarios de visita para poder disfrutarlo, son os seguintes:
- Mañán: 11:00 a 13:30 horas
- Tarde: 17:00 a 21:15 horas

Se queredes observar un precioso belén, elaborado co traballo e esforzo humano, visitade o Nacemento do CVC de Valladares, trátase dunha auténtica obra de arte.

lunes, 10 de diciembre de 2012

Contacontos infatil, no Centro Comercial Gran Vía

Pais e nais, se queredes ver disfrutar os vosos fillos, entretelos durante un bo rato, o mesmo tempo que aprenden; este venres acudide o Centro Comercial Gran Vía, para escoitar cun contacontos infantil de "Pepiña Maruxiña quere voar"
Este venres, 14 de decembro, ás 18:30, na 2ª planta do Centro Comercial Gran Vía, poderedes disfrutar dun contacontos infantil.
Esta actividade está destinada a un público familiar, que queira pasar unha tarde educativa a vez que entretida. 
A organización deste acto, é dirixida pola Concellería de Normalización Linguística, sendo patrocinado polo Concello de Vigo, en colaboración co Centro Comercial Gran Vía.

Cabe destacar, que haberá un interpreté de lingua de signos. Unha forma de que ningún neno ou nena, quede excluído da actividade por unha discapacidade.



miércoles, 5 de diciembre de 2012

Concerto Santa Cecilia- Nadal. Coral Polifónica "Agarimo"

O Centro Cultural, Artístico e Recreativo Rueiro, organiza un concerto para animar estas datas de festas, e así pasar unha tarde escoitando unha gran coral.

O domingo 16 de decembro, ás 19 horas da tarde, na Igrexa "Cristo da Vitoria", a Coral Polifónica "Agarimo", actuará deleitandonos a todos coas suas grandes voces, e interpretando grandes temas.
Trátase dun concerto organizado polo Centro Cultural Artístico e Recreativo Rueiro, e que está patrocinado por ACOPOVI e pola Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo,  para festexar a patroa dos músicos, Santa Cecilia e o Nadal.

Un gran concerto, da gran Coral Polifónica "Agarimo", o que non podemos faltar.